Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
1801
Calendario gregoriano1801
MDCCCI
Ab urbe condita2554
Calendario armenio1250
Calendario chinés4497 – 4498
Calendario hebreo5561 – 5562
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1856 – 1857
 ·  Shaka Samvat1723 – 1724
 ·  Kali Yuga4902 – 4903
Calendario persa1179 – 1180
Calendario musulmán1216 – 1217
Calendario rúnico2051
Década de 1800
1797 1798 1799 1800 1801 1802 1803 1804 1805

Acontecementos

editar

Gran Bretaña

editar
  • Os arquitectos, Salford Matthew Boulton e James Watt edifican unha fábrica de fiados de sete pisos, cuxo conxunto de paredes mestras, de cachotería, se acompaña dunha estrutura interna que ordena trabes mestras e columnas en forma de T. Este deseño converterase no patrón dos edificios industriais.
  • Durante o 14 de marzo o primeiro ministro, William Pitt (o Novo), avoga pola emancipación dos católicos irlandeses e a entrada destes no Parlamento, trala integración de Irlanda. Pero o rei Xurxo III oponse e Pitt vese na obriga de dimitir. A petición súa, o tory Henry Addington subtitúeo e firma a paz de Amiens no ano 1802 (que se romperá en maio de 1803). As presións políticas fan que o rei teña un novo acceso de demencia, que caerá na loucura absoluta no ano 1810.
  • O 24 de decembro Richard Trevithick, que traballa de enxeñeiro de minas, emprega a primeira locomotora de vapor de alta presión construída por el mesmo e experiméntaa con pasaxeiros.

Exipto

editar

Alemaña

editar
  • O 25 de marzo Novalis (que na realidade chamábase Friedrich Leopold von Hardenberg e que nacera na rexión de Oberwiederstedt o 2 de maio de 1772), poeta lírico alemán, prosista e pensador místico-relixioso do romanticismo temperán, morre na cidade de Weissenfels (capital de Turinxia). O autor tiña obras de recoñecido nome como: "Hymnen an die Nacht", "Heinrich von Ofterdingen" entre outras.

España

editar
  • O 13 de febreiro fírmase na localidade española de Aranjuez un convenio entre Francia e España. O convenio, firmado por Godoy (na parte española) e por Luciano Bonaparte (na parte francesa), establece o auxilio da frota de guerra española a Napoleón Bonaparte, que a necesita para poder enfrontarse aos británicos.
  • O 20 de maio, pouco despois de que España declarase a guerra a Portugal, como represalia por negarse a cerra-los seus portos ó comercio inglés, os españois invaden Portugal. Unha vez firmado o tratads de Madrid (o 29 de xaneiro de 1801) e ratificado polo convenio de Aranjuez (o 13 de febreiro de 1801), España, premida por Napoleón, declara a guerra a Portugal o 22 de febreiro de 1801. Godoy, convertido novamente en árbitro dos destinos de España trala caída de Urquijo y Mazarredo (separado do mando da escuadra hispana), é nomeado xefe do exército español. Na invasión participa un continxente español de 60 000 homes (10 000 en Andalucía; 20 000 en Galicia e 30 000 en Estremadura), secundado por un corpo expedicionarios francés, que non chega a participar. As tropas invasoras fanlles fronte a un exército de 40 000 portugueses, comandado polo duque de Lafões. Os españois entran en Portugal e fanse con algunhas prazas, entre elas Olivenza. Trala derrota portuguesa na batalla de Arronches, a conquista do Alentexo e os asedio de Elvas, onde a contenda recibe o nome da "guerra das Laranxas", a causa das pólas da árbore que os soldados entregan a Godoy (que llas ofrece da súa parte á raíña María Luisa), chégase deseguido ao armisticio.
  • O 6 de xuño España e Francia firman con Portugal un tratado de paz en Badaxoz, que trae consigo a perda (por parte de Portugal) da praza de Olivenza, que pasa a España, teñen que pagar unha forte indemnización a Francia e cerra-las portas ao comercio británico. O tratado pon fin á guerra das Laranxas. Non contento co tratado, Napoleón esixe a súa revisión. A consecuencia de todo iso, Godoy retira a escuadra de Brest e ameaza o francés con volver de novo ás relacións con Gran Bretaña. A intención de Napoleón de invadir España co obxecto de destronar os Borbóns, induce a Luciano Bonaparte e Nicolao de Azara a mediar na disputa.
  • O 29 de setembro ratifícase a Paz de Badaxoz firmada con Portugal. Ambos os países cambian a alianza con Inglaterra por outra con Francia. Con iso, España perderá a súa frota. Aínda que o tratado ratificado se asinase en Madrid, coa finalidade de ratifica-la fin da guerra das Laranxas entre España e Portugal, o acordo comportaba, ademais, o acceso ás antigas esixencias francesas. Portugal cede a Francia a Güiana, dálle un trato de favor na materia comercial e paga unha indemnización de guerra.

Vaticano

editar
  • Un 15 de xullo o concordato firmado entre o papa Pío VII e o primeiro cónsul francés Napoleón Bonaparte restaura en parte os Estados Pontificios. Namentres, o clero francés queda sometido ao estado, e a relixión católica queda recoñecida como a máis practicada en Francia. Aínda que o concordato se firmase na noite do 15 ao 16, acabará de acentuarse por disposicións de vigor en Francia no ano 1905.

Dinamarca

editar

Europa

editar
  • Na noite do 23 o 24 de marzo o tsar Paulo I (que nacera en San Petersburgo o 1 de outubro de 1754), aparece estrangulado na súa habitación. É asasinado polos oficiais da súa garda, que forman parte dunha conspiración feita por un grupo de nobres, comerciantes e militares, quen contaban co visto e prace do futuro tsar Alexandre I. Dirixidos por N. Panin e o conde Palen, opóñense á política de hostilidade do tsar cara a Gran Bretaña e as concesións a Roma. Despois de morrer a tsarina Catarina II, Paulo accede ao poder no 1796, pero revélase cunha ausencia total de sensatez na política. O temor que alberga ao posible contaxio das ideas revolucionarias lévao a cerra-las fronteiras e censura-los textos que proveñen de Francia. O seu estilo de goberno é imprevisible e a súa política arbitraria de alianzas e axudas causa estupor. Alexandre I ten 23 anos cando o sucede. Pero o 1 de decembro de 1825, despois de 23 anos de reinado, Alexandre abdicará no favor de seu irmán Nicolao; segundo algúns historiadores, Alexandre terminou a súa vida retirado como eremita.

Nacementos

editar

Mortes

editar

Outros

editar

Breves

editar
  • - A fragata dos Estados Unidos Chesapeake captura o navio pirata francés, La Jeune Creole.
  • - O astrónomo italiano Giuseppe Piazzi efectúa o descubrimento do primeiro asteroide: Ceres.
  • - Un forte tremor sacode a rexión chilena de La Serena.
  • - Jean Antoine Chaptal, asume o poder do ministerio francés do interior.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar