28 de agosto
data
<< | Agosto | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
2024 Todos os días |
O 28 de agosto é o 240º día do ano do calendario gregoriano e o 240º nos anos bisestos. Quedan 125 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 473 - O xeneral romano Orestes obriga ó emperador romano Xulio Nepote a fuxir da cidade de Rávena e a nomear ao seu fillo Rómulo Augústulo como o seu sucesor.
- 489 - Teodorico, rei dos ostrogodos, derrota a Odoacro, rei dos hérulos na batalla de Isonzo.
- 1189 - Os cruzados comezan o asedio de Acre baixo o mando de Guy de Lusignan.
- 1521 - Os turcos otománs ocupan Belgrado, hoxe capital de Serbia
- 1565 - A frota de España desembarca na península da Florida, onde fundan San Agustín, o máis antigo asentamento europeo nos Estados Unidos.
- 1609 - Henry Hudson descobre a Baía de Delaware.
- 1619 - Fernando II é elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
- 1645 - Morre Hugo Grotius, xurista neerlandés.
- 1673 - O Príncipe de Montesacro desembarca no Peñón de Alhucemas cunha escuadra.
- 1789 - A lúa de Saturno, Encélado, é descuberta por Fredrick William Herschel.
- 1791: afúndese na Gran Barreira de Coral, o barco HMS Pandora cando buscaba ao buque amotinado HMS Bounty.
- 1828 - Uruguai declárase estado independente
- 1833 - A escravitude é abolida oficialmente no Reino Unido e nas súas colonias.
- 1845 - Primeira publicación de Scientific American.
- 1867 - Estados Unidos ocupa o Atol de Midway.
- 1879 - Cetshwayo, o derradeiro rei zulú, é capturado polos británicos.
- 1903 - Fúndase a Harley-Davidson Motor Company.
- 1910 - Proclamación do Reino de Montenegro.
- 1916 - Primeira guerra mundial: tropas romanesas penetran en Hungría.
- 1920 - Recoñécese o dereito ó voto feminino nos Estados Unidos.
- 1929 - A cidade de Tacna é devolta por Chile ó Perú.
- 1944 - Segunda guerra mundial: Marsella e Tolón son liberadas polos Aliados.
- 1947 - O toureiro español Manuel Rodríguez "Manolete" resulta mortalmente ferido polo touro Islero na praza de Linares.
- 1960 - Realízanse por primeira vez os exercicios navais UNITAS.
- 1963 - Manifestación polos Dereitos Civís en Washington, D.C.: Martin Luther King Jr. pronuncia o seu famoso discurso I have a Dream (teño un soño).
- 1988 - Alemaña: accidente aéreo en Ramstein, nunha exhibición aérea de avións italianos. Morren 70 persoas e 400 son feridas de gravidade.
- 1990 - Iraq declara Kuwait como provincia iraquí.
- 2004 - Paquistán: Shaukat Aziz é nomeado primeiro ministro.
- 2007 - Eclipse lunar.
Nacementos
editar- 1025 - Emperador Go-Reizei do Xapón.
- 1582 - Emperador Taichang da dinastía chinesa dos Ming.
- 1592 - George Villiers, 1° duque de Buckingham.
- 1749 - Johann Wolfgang von Goethe, escritor alemán.
- 1762 - José Agustín Caballero, filósofo cubano.
- 1773 - Aimé Bonpland, naturalista, médico e botánico francés.
- 1774 - Elizabeth Ann Seton, primeira santa católica estadounidense.
- 1797 - Karl Otfried Müller, intelectual e arqueólogo alemán.
- 1801 - Antoine Augustin Cournot, matemático e economista francés.
- 1810 - Jaime Balmes, filósofo e teólogo español.
- 1814 - Sheridan Le Fanu, novelista e periodista irlandés.
- 1853 - Vladimir Shukhov, enxeñeiro e inventor ruso.
- 1867 - Umberto Giordano, compositor italiano.
- 1878 - George Hoyt Whipple, médico estadounidense, premio Nobel de Medicina en 1934.
- 1892 - Rodolfo Prada, galeguista da Arxentina (m. 1980).
- 1894 - Karl Böhm, director de orquestra austríaco.
- 1896 - Liam O'Flaherty, escritor irlandés (m. 1984).
- 1899 - Charles Boyer, actor francés.
- 1903 - Bruno Bettelheim, psicanalista estadounidense.
- 1904 - Secondo Campini, enxeñeiro aeronáutico italiano.
- 1906 - John Betjeman, poeta inglés.
- 1908 - Roger Tory Peterson, ornitólogo estadounidense.
- 1910 - Tjalling Koopmans, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía en 1975.
- 1911 - Joseph Luns, político e diplomático neerlandés.
- 1913 - Robertson Davies, novelista canadense.
- 1913 - Boris Pahor, escritor esloveno.
- 1916 - Jack Vance, escritor estadounidense.
- 1917 - Jack Kirby, debuxante estadounidense.
- 1919 - Godfrey Newbold Hounsfield, enxeñeiro electrónico inglés, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1979.
- 1921 - Fernando Fernán Gómez, escritor, actor e director de cine e teatro español.
- 1924 - Janet Frame, novelista neozelandesa.
- 1924 - Peggy Ryan, actriz e bailarina estadounidense.
- 1925 - Donald O'Connor, actor, cantante e bailarín estadounidense.
- 1925 - José Peña Guitián, pediatra galego.
- 1930 - Ben Gazzara, actor estadounidense.
- 1938 - Paul Martin, político canadense.
- 1940 - Roger Pingeon, ciclista francés.
- 1942 - Sterling Morrison, guitarrista estadounidense (The Velvet Underground).
- 1945 - Anxo Guerreiro, político galego.
- 1948 - Danny Seraphine, batería e produtor musical estadounidense (Chicago).
- 1957 - Daniel Stern, actor estadounidense.
- 1958 - Scott Hamilton, patinador artístico estadounidense.
- 1960 - Emma Samms, actriz inglesa.
- 1961 - Kim Appleby, cantante e actriz inglesa.
- 1961 - Ana Ceballo, economista española
- 1962 - Pablo Carbonell, humorista español.
- 1962 - David Fincher, director de cine estadounidense.
- 1963 - Jennifer Coolidge, actriz estadounidense.
- 1963 - Regina Jacobs, atleta estadounidense.
- 1964 - Antón Riveiro Coello, escritor galego.
- 1965 - Satoshi Tajiri, animador xaponés, creador de Pokémon.
- 1965 - Amanda Tapping, actriz canadense.
- 1965 - Shania Twain, cantante e compositora canadense.
- 1966 - René Higuita, futbolista colombiano.
- 1968 - Billy Boyd, actor inglés.
- 1969 - Jack Black, actor estadounidense.
- 1969 - Mary McCartney, fotógrafa inglesa.
- 1970 - Sherrié Austin, cantante australiana.
- 1971 - Janet Evans, nadadora estadounidense.
- 1975 - Ana Drago, socióloga e política portuguesa.
- 1982 - LeAnn Rimes, cantante estadounidense.
- 1985 - Cove Reber, vocalista da banda Saosin.
- 1986 - Gilad Shalit, militar de Israel.
- 1990 - Bojan Krkic, futbolista español.
Mortes
editar- 430 - Agostiño de Hipona, teólogo, filósofo e Doutor da Igrexa.
- 1481 - Rei Afonso V de Portugal.
- 1672 - Mateo Segade Bugueiro, bispo católico galego (n. 1605).
- 1936 - Uxío Carré Naya, político e sindicalista galego (n. 1915).
- 1950 - Ernest Douwes Dekker, político, escritor, xornalista das Indias Orientais Neerlandesas (n. 1879).
- 1978 - Charles Boyer, actor francés.
- 1987 - John Huston, director de cinema norteamericano.
- 1998 - Claudio Movilla, xuíz galego (n. 1931).
- 2003 - Raimundo García Domínguez (Borobó), escritor e xornalista galego (n. 1916).
- 2006 - Melvin Schwartz, físico estadounidense (n. 1932).
- 2007 - Francisco Umbral, xornalista, novelista, biógrafo e ensaísta español.
- 2017 - Pedro Solveira, artista galego (n. 1932).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: Santo Agostiño.
Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro