Maio
Quinto mes do ano dos calendarios xuliano e gregoriano
<< | Maio | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
2024 Todos os días |
Maio é o quinto mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome atribúese á deusa romana Maia ou á deusa romana Bona Dea, cuxo festival se celebraba neste mes.
Acontecementos en maio
editar- 1 de maio: Día Internacional dos Traballadores, festivo na maior parte dos países do mundo.
- 2 de maio: Sublevamento do 2 de Maio, en Madrid.
- Nos primeiros días de maio (1 ou 3) celébrase a festas dos maios.
- 17 de maio: Día das Letras Galegas, conmemorando a data de 1863 no que fora a primeira edición do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
- O primeiro martes de maio celébrase o Día Mundial da Asma. Para o ano 2008 elixiuse o lema "Ti podes controlar a túa asma", co obxectivo de estimular os pacientes a tomar parte activa no control da súa enfermidade [1]
- O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto.[2]
- O segundo sábado ou o segundo domingo de maio celébrase o Día Mundial das Aves Migratorias. Trátase dunha celebración dobre, xa que tamén se celebran actos o segundo sábado ou domingo de outubro [3] [4]
Maio na cultura popular
editar- Artigo principal: Maio na cultura popular galega.
- Ata o corenta de maio non sáque-lo saio.
- Auga en maio, pan todo o ano.
- Día tras día, maio chega.
- En maio, de meu me caio, xa coa maiola, xa co traballo.
- En maio, inda a vella queima o tallo.
- Maio fai o trigo, e agosto o viño.
- Maio longo, San Xoán redondo.
- Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura.
- Maio pardo, San Xoán claro.
- O percebe e o salmón, en maio están en sazón.
- O que en maio se molla, en maio se enxuga.
- O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio.
- Tras de maio vén San Xoán.
Notas
editar- ↑ "Día Mundial del Asma: consejos farmacéuticos", en Faro de Vigo 9.05.2008, (en castelán)
- ↑ "O Día Mundial do Comercio Xusto conmemórase con actividades por toda Galicia". fondogalego.gal.
- ↑ "Día Mundial de las Aves Migratorias 2022" (en castelán). Consultado o 2022-11-27.
- ↑ "O Día Mundial das Aves Migratorias é unha celebración mundial anual". Consultado o 2022-11-27.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maio |