Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Día das Letras Galegas

día de exaltación da lingua galega a través da literatura instituído pola Real Academia Galega

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Celebración no Teatro Principal de Pontevedra, 17/5/2018.

Ata 2024, ano dedicado a Luísa Villalta, 64 autores (6 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 62 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Johan de Cangas e Mendinho (tres trobadores ligados á ría de Vigo). En 2025 escolléronse seis mulleres en representación das cantareiras.[1]

Historia

editar
 
Manifestación na defensa da lingua o Día das Letras de 2018 en Compostela
 
Manifestación do 17 de maio de 2024.

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía de Castro á tamén escritora Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).[2]

Para conmemorar o primeiro Día das letras galegas (DLG) publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, feita por Fermín Bouza-Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares.

Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia desde 1991.[3][4]

En 2020, por mor da pandemia da COVID-19, a Academia anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de historia o pleno de celebración do Día das Letras non decorrería o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricardo Carballo Calero.[5] Finalmente, as restricións sanitarias fixeron que o acto se tivese que adiar de novo, até o 12 de decembro[6].

Proceso de escolla

editar

A institución encargada de elixir a figura homenaxeada é a Real Academia Galega.[7] Segundo os seus estatutos, debe ser escollida na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas.[7] Os criterios para a súa elección son que "a figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe".[7] Ademais, deben pasar dez anos dende o seu falecemento e cómpre que a proposta estea asinada por un mínimo de tres académicos.[7]

Algunhas das figuras que foron propostas, mais que non foron escollidas son: Celestino Fernández de la Vega,[8] Antón Tovar,[9] Federico García Lorca e Ánxel Casal,[10] Florencio López Fernández,[11] Fiz Vergara Vilariño,[12] Plácido Castro,[13] Antonio Fernández Morales,[13] Ramón de Valenzuela,[14] Eusebio Lorenzo[15] e Francisco Vales,[14] entre outros.

Galería de imaxes

editar

Homenaxeados

editar
  1. As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025
  2. Fernández del Riego, Francisco (1995). "Prologo". De Rosalía a Dieste 33 anos das letras. Xerais. ISBN 84-7507-878-8. 
  3. F. Freixanes, Víctor (13/5/2006). "O Día das Letras (¿festivo?)". La Voz de Galicia. 
  4. "Día das Letras Galegas". Galicia Hoxe. 16/5/2007. Arquivado dende o orixinal o 01/02/2018. Consultado o 31/01/2018. 
  5. "A Real Academia Galega traslada o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro". Real Academia Galega. 8/4/2020. 
  6. "A RAG celebra a Carvalho Calero como referente do". Real Academia Galega. Consultado o 2021-10-29. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "Historia". Real Academia Galega. Consultado o 2024-06-06. 
  8. "A RAG escollerá as Letras 2015 entre Carvalho Calero, Filgueira Valverde, Xela Arias, Manuel María e Celestino Fernández de la Vega". Praza Pública. 2014-07-03. Consultado o 2024-06-06. 
  9. "A Real Academia Galega elixe a Luísa Villalta para o Día das Letras Galegas do 2024". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-06-29. Consultado o 2024-06-06. 
  10. "Ánxel Casal e Lorca, unha proposta conxunta para o Día das Letras Galegas". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-06-30. Consultado o 2024-06-06. 
  11. "Luísa Villalta e o cancioneiro popular, favoritos para a homenaxe do Día das Letras 2024". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-06-29. Consultado o 2024-06-06. 
  12. "Ánxel Casal e Lorca, unha proposta conxunta para o Día das Letras Galegas". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-06-30. Consultado o 2024-06-06. 
  13. 13,0 13,1 Pontevedra, Diario de (2016-07-09). "La RAG elige este sábado al autor a quien se le dedicarán las Letras Galegas de 2017". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2024-06-06. 
  14. 14,0 14,1 Diario, Nós (2013-06-18). "Seis nomes, ningunha muller, pechan a lista de candidatos ao Día das Letras Galegas". Nós Diario. Consultado o 2024-06-06. 
  15. "A RAG elixe o sábado a figura literaria que protagonizará o Día das Letras de 2018". Real Academia Galega. 2017-06-13. Consultado o 2024-06-06. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar