Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Ramón Cabanillas

escritor galego

Ramón Cabanillas Enríquez, tamén chamado O Poeta da Raza, nado en Fefiñáns (Cambados) o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959, foi un escritor galego. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1976, coincidindo co centenario do seu nacemento.[1]

Modelo:BiografíaRamón Cabanillas

Cabanillas en Cuba en 1913.
Nome orixinalRamón Cabanillas Enríquez
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1876 Editar o valor en Wikidata
Fefiñáns, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 1959 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Cambados, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de Galegos Ilustres (1967–2018) Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGalicia
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, ensaio, teatro
Obra
Obras destacables
Familia
FillosRamón Cabanillas Álvarez Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0127501 Galiciana: 33461 BNE: XX836580 BUSC: cabanillas-ramon-1876-1959 Musicbrainz: c363b5d2-e969-435b-84f1-20f7bde0e592 Discogs: 3050094 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi fillo natural de José Cabanillas Rodríguez (que o recoñeceu anos máis tarde) e Joaquina Enríquez García. O seu pai casou anos máis tarde con Peregrina Pérez, coa que tivo descendencia. Despois de abandonar a carreira eclesiástica en Compostela, regresou a Cambados, onde traballou como funcionario do concello. En Cambados dirixiu o periódico El Umia (1907) e despois El Cometa (1910). Incansábel lector, foi un autor decididamente monolingüe, de gran proxección pública, que xogou un papel determinante na superación dos moldes do Primeiro Renacemento, malia comezar a publicar a idade avanzada. Con trinta e catro anos emigrou a Cuba -posiblemente por mor de enfrontamentos de índole política-, onde residiu entre 1910 e 1915. Alí entrou en contacto cos núcleos galeguistas que apoiaban o agrarismo galego e foi un dos fundadores da delegación na Habana de Acción Gallega[2] e alí coñeceu a Basilio Álvarez durante unha xira pola illa, e a Xosé Fontenla Leal, que foi clave para que comezase a escribir en galego. Na Habana publicou No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).

 
Casa natal.

De volta a Galiza, traballou como secretario nos concellos de Mos (1916-1921), Moaña, Cuntis e Redondela. Coñeceu de primeira man a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente no periódico A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Inicialmente próximo a posturas tradicionalistas, axiña compartiu as teses de Vicente Risco, cuxo proxecto estético e cultural influiría decididamente na súa produción posterior. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servizo da construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía. Así, en Da terra asoballada (1917) (segunda edición de 1926, que só reproduce catro poemas da 1ª edición que ten un sentido máis crítico e social cá segunda) e nas novas edicións dos poemarios publicados na Habana, Cabanillas mantivo unha actitude educadora. Pretendeu concienciar o pobo e achegalo ao nacionalismo. Con estes mesmos obxectivos redixiu, a instancias de Antón Villar Ponte, a peza dramática A man de Santiña (1921). En colaboración con el comporía en 1926 a traxedia histórica O mariscal.

 
Fotografía en Vida Gallega.

Tamén en 1926 viu a luz o poemario Na noite estrelecida, onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Lonxe de constituír un mero exercicio arqueolóxico, trátase, entón, dun texto no que un coidadísimo formalismo está ao servizo dun proceso de exaltación mítico-patriótica: os cabaleiros da Mesa Redonda veñen ser, deste xeito, os precedentes directos dos novos cabaleiros das Irmandades da Fala a procuraren o Santo Graal que é a redención de Galicia. Segundo o propio Cabanillas, trátase da máis lograda das súas obras, opinión que é compartida por unha parte importante da crítica actual.

Porén, en 1927, Cabanillas leva adiante o volume no que mellor desenvolve o lirismo de carácter intimista. Trátase do poemario titulado A rosa de cen follas onde as presenzas rosalianas resultan evidentes.

En 1920 foi elixido membro de número da Real Academia Galega, en substitución de José Salgado Rodríguez, sendo admitido nun acto celebrado no balneario de Mondariz co discurso A saudade nos poetas galegos, que foi respondido por Eladio Rodríguez González[3]. En 1929 fixo o propio na Real Academia Española cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Na década de 1930, instalado en Madrid, Cabanillas -en liña co seu admirado Basilio Álvarez- achegouse aos gobernos presididos por Alejandro Lerroux, o que lle custou o desapego e mais as críticas de certos sectores do galeguismo.

En 1936 permanecía na capital española cando estalou a guerra civil española. Trasladado a Valencia, Cabanillas trasladouse á zona sublevada, intentando recuperar a vida burocrática como secretario de diversos concellos (Meis, Silleda e Dozón). Tras xubilarse viviu en Madrid, e pasou unha etapa en Barakaldo, na casa dunha súa filla[4].

A súa obra atravesou un período de silencio, roto a finais da década dos 40 con Camiños no tempo. Comeza entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958), o seu último libro publicado en vida.

En 1976 foille adicado o Día das Letras Galegas. A Xunta de Galicia acordou dedicar o ano 2009 a Cabanillas, organizando en colaboración co concello de Cambados unha serie de actos dentro do Ano Cabanillas para conmemorar o 50º cabodano da súa morte [5].

Breve autobiografía

editar

En 1948, Francisco Fernández del Riego andaba a redactar unha antoloxía da poesía galega (que logo se publicaría como Escolma de poesía galega, 1955). No verán dese ano escribiu a Cabanillas, como fixo con outros poetas galegos, pedíndolle uns datos biográficos e a súa opinión sobre a poesía en xeral e a galega, en particular. Cabanillas contestoulle o seguinte:

"Do demais, nada: son un home sen biografía. Nacín o día 3 de Sanxuán do 1876, n-unha casiña vella e probe, con patín, antre un pazo que fundóu un coengo de Compostela e unha praia que fixo persoalmente Noso Señor, na viliña de Fefiñáns, oxe axugada â vila de Cambados e por aquel entón anexo da freguesía de San Adrián de Vilariño, onde fun bautismado n-unha pía sagrada pol-o abade Pedro de Celanova fai arredor de dez séculos; mal estudiéi un pouco de latín e filosofía en San Martiño Pinario; collín un barco ô tuntún e caín na Habana onde escomencéi a esborranchar copras; de volta andiven nunhas cantas segredarías de auntamentos, desfaguendo entortos da picaresca municipal do rus; e, nin apouso nin repouso, vivín até o presente e espero pol-a morte. Nin que decir tén que conocín moitas xentes e vín moitas cousas, mais adivertidas que tráxicas, pero eses son contos para matar o tempo unha noite de inverno, a carón da lareira. Fume e vento."
Carta de Cabanillas a Paco del Riego, sen data pero inmediatamente anterior ó 17 de agosto de 1948. Publicada en Cadernos Ramón Piñeiro XVIII, 2011, 100.

Estilo literario

editar
 
Riestra Calderón, Enrique Peinador, Valle-Inclán, Cabanillas e Victoriano García Martí.

Autor de rápido recoñecemento popular e académico, Cabanillas conduciu á poesía galega cara á modernidade e a súa obra foi considerada desde os primeiros momentos dentro do canon da literatura galega. Admirado, mesmo idolatrado, polos principais dirixentes das Irmandades da Fala, é en relación con ese movemento onde debemos situar o seu labor. Aínda que para algúns críticos forma parte da Xeración de entre dous séculos xunto con Antonio Noriega Varela, o certo é que Cabanillas tamén pode ser considerado plenamente como "o poeta de Nós". En fin, situalo como "o poeta das Irmandades" semella a mellor de todas as opcións, dado que é a que máis responde tanto á cronoloxía da súa obra como á propia actitude temático-estilístico que nela se manifesta, sempre na dirección de representar liricamente os "intereses" e "necesidades" do nacionalismo e, xa que logo, na procura dunha estética nacional.

Algunhas características da poesía de Cabanillas son:

  • Trazos modernistas que o distinguen do popularismo ou formalismo dos devanceiros e o converten na ponte necesaria entre o Rexurdimento e a Vangardas. A influencia modernista aparece nos seus primeiros libros, onde convive co realismo e a reivindicación social, e farase máis notábel na súa obra Na noite estrelecida.
  • Tendencia ao sexual e colorista.
  • Preciosismo verbal.
  • Musicalidade.

Aínda que tamén escribiu prosa e teatro, a súa obra é fundamentalmente lírica, e pódese clasificar en:

Poesía lírica

editar
 
Detalle dun monumento en Cambados
  • Poesía social, de carácter agrarista e anticaciquil, que continúa a temática cívica de Curros Enríquez. Aparece nela unha exaltación do medio rural fronte á cidade, unha idea de Galicia como unidade colectiva e unha chamada á rebelión. Este tipo de poesía maniféstase máis nitidamente nos seus tres primeiros libros.
  • Poesía intimista, que lembra a Rosalía de Castro ou Bécquer nalgúns aspectos. O sentimento amoroso é o protagonista destas pezas, así como a conmoción ante a paisaxe. A rosa de cen follas é a máxima expresión deste tipo de poesía cuxo título provén dun dos versos de Rosalía "mais ve que o meu corazón/ é unha rosa de cen follas".
  • Poesía costumista, que presenta matices humorísticos ou irónicos así como novidades formais de carácter modernista que a afastan da poesía costumista do século XIX. Destacan dúas obras: Da miña zanfona e Versos de alleas terras e tempos idos.

Poesía modernista ou "novecentista"

editar
 
Rúa Ramón Cabanillas na Coruña.

Nela busca, desde o galego, tratar temáticas da literatura universal aínda que "galeguizándoas" en certos apartados da ambientación. O obxectivo de tales textos ten un carácter estético-patriótico dado que o poeta quere demostrar, xustamente, a valía do idioma para calquera ocasión. Asemade han de ser considerados como un exercicio no cal Cabanillas proba as súas cualidades en calquera terreo da "modernidade".

Poesía narrativa

editar

Cabanillas realiza un poemario orientado cara á recuperación das raíces e a creación de mitos como un xeito de mobilizar a conciencia colectiva. Así nace Na noite estrelecida, obra na cal o poeta recupera os temas da materia de Bretaña, situando a acción en Galicia e dotando á historia dun forte sentido cristián, elemento que Cabanillas considera como definidor de Galicia.

Tamén de carácter narrativo é O bendito San Amaro, que narra o pecado, penitencia e milagres de Amaro de Aventei, personaxe lendario na tradición popular da comarca do Salnés, e Samos, que presenta a historia e a vida comunitaria deste mosteiro no que Cabanillas pasou algunhas tempadas[6].

Etapas

editar
 
Estatuas de Paz-Andrade, Casares e Cabanillas en Pontevedra.
  • 1910-1915: Etapa pregaleguista. Nesta etapa mostra a nostalxia do desterrado polo que quedou atrás. É unha etapa de poesía cívica, reivindicativa e anticaciquista. As obras máis destacadas desta etapa foron: No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).
  • 1916-1920: Etapa galeguista. Nesta etapa emprega a Galicia como suxeito colectivo para mostrar a contraposición entre o labrego galego de actitude positiva e o fidalgo castelán de actitude negativa ou pesimista. As obras máis destacadas desta etapa foron Da terra asoballada (1917) e A saudade nos poetas galegos (1920).
  • 1921-1930: Etapa mítico-saudosista. A intención da obra literaria de Ramón Cabanillas nesta etapa era crear unha verdade paralela que mostre as leccións do pasado para dominar o presente e ter un mellor futuro. A linguaxe da produción literaria desta etapa era complexa e sistemática, con moito simbolismo, polo que non era entendible pola maior parte da poboación, e parte da intención destas obras non se cumpriu. As obras máis destacadas desta etapa foron A man de Santiña (1921), O cabaleiro do Sant Grial (1922), Estoria do bendito San Amaro que foi chamado no mundo o Cabaleiro de Arentéi (1925), Na noite estrelecida (1926), O Mariscal (1926) e A rosa de cen follas (1927).
  • 1949-1959: Etapa da posguerra. As obras máis destacadas desta etapa foron Camiños no tempo (1949), Antífona da cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1955) e Samos (1958).
 
Elección de Eladio Rodríguez como presidente da RAG. De pé: Ángel del Castillo, Fernando Martínez Morás, Manuel Amor Meilán, Federico Maciñeira, José Vega Blanco, Cabanillas, Victoriano Taibo e Antón Villar Ponte. Sentados: David Fernández Diéguez, Indalecio Varela Lenzano, Uxío Carré, Marcelo Macías, Eladio Rodríguez e Rafael Pérez Barreiro. 20/11/1926

Galería de imaxes

editar
  1. Ramón Cabanillas en su centenario (en castelán)
  2. Jorge Domingo Cuadriello (2004) Españoles en Cuba en el siglo XX Editorial Renacimento: Sevilla, páx. 80.
  3. 3,0 3,1 Cabanillas, R. Rodríguez, E. (1920). A saudade nos poetas galegos. Real Academia Galega. 
  4. Martínez Crespo, X.. "Galegas e galegos en Euskal Herria". Enciclopedia da Emigración Galega. 
  5. "Presidencia coordinará las ayudas de la Xunta para los actos del «Ano Cabanillas»". La Voz de Galicia, edición Arousa (en castelán). 13-6-2008. p. 8 (local). El alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, y la concejala de Cultura, Anabel Carro, mantuvieron ayer al mediodía una reunión con el secretario xeral de la Consellería de Presidencia, Gumersindo Guinarte, para presentarle el proyecto cultural 2009 Ano Cabanillas. Fruto de este encuentro es el compromiso adquirido por el secretario xeral para colaborar desde la Xunta en la organización de los actos que se realicen al amparo de esta conmemoración y anunció el nombramiento inmediato de una persona que se encargará de coordinar con los distintos organismos de (...) 
  6. Lingua galega e literatura. Anaya. 2012. 
  7. Con prólogo de Basilio Álvarez e epílogo de Abdón Rodríguez Santos.
  8. Con entrada de Juan Rodríguez Cabrera.
  9. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  10. Iglesias, Xabier: Os libros de Ánxel Casal, 21/12/2012.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar