Martín Codax
Martín Codax ou Codaz[1] foi un poeta galego, posiblemente un xograr[2] que viviu entre o século XIII e o século XIV. No ano 1998 dedicóuselle o Día das Letras Galegas xunto con Johan de Cangas e Mendinho.[3]
O pergamiño Vindel (Pierpont Morgan Library, Nova York, Vindel MS M979). | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Segunda metade do s. XIII Probabelmente en Vigo |
Morte | Comezos do século XIV |
Actividade | |
Ocupación | xograr, compositor, escritor político, poeta, letrista |
Xénero artístico | Poesía |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Vida
editarA súa orixe non está clara, o xograr procede probabelmente de Vigo, xa que hai numerosas referencias a esta cidade nas súas composicións. Viviu entre a segunda metade do século XIII e comezos do século XIV. Non hai moitos datos sobre a súa identidade.
Obra
editarDúas son as características máis importantes de Martín Codax: por un lado, a súa inspiración fortemente orixinal, máis próxima á realidade do amor vulgar, e por outra banda o feito de que as súas composicións, ademais de seren recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B) de Lisboa —ou Cancioneiro Colocci-Brancuti— e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V), foran recollidas no Pergamiño Vindel, o que dá a posibilidade de acceder ás músicas, supostamente orixinais, dos seus creadores.
Os poemas de Martín Codax que figuran no pergamiño son os seguintes (sen título, cítanse polo seu primeiro verso):
- "Ondas do mar de Vigo".
- "Mandad'ey comigo".
- "Mia yrmana fremosa treydes comigo".
- "Ay Deus se sab'ora meu amado".
- "Quantas sabedes amar amigo".
- "En o sagrad'en Vigo".
- "Ay ondas que eu vin veer".
No pergamiño Vindel consérvase tamén a notación musical destas cantigas, de maneira bastante excepcional porque case toda a notación musical da lírica trobadoresca non se conservou -no Cancioneiro da Ajuda aparece o sitio para a notación musical, mais está en branco-. Existe outro pergamiño que tamén conserva a notación musical: o pergamiño Sharrer (T).
O corpus literario atribuído limítase, xa que logo, a sete cantigas de amigo[4] que figuran nos cancioneiros da lírica galego-portuguesa e no pergamiño Vindel, no cal se concreta o nome do autor das composicións. A descuberta deste pergamiño debeuse ao azar: ocorreu cando Pedro Vindel, a principios do século XX, o encontrou na súa biblioteca, e achouno servindo de forro a un exemplar do De officiis de Cicerón.
Análise
editarOs versos agrúpanse en dísticos coa mesma métrica, bardante a cantiga número VI na que alternan versos heptasílabos e octosílabos.
O resto das composicións posúen versos hexasílabos, heptasílabos, decasílabos e tridecasílabos, agás no refrán. Os pareados presentan unha rima consonante; o mesmo ocorre coa rima aguda da cantiga VII; un chisco máis artísticas son as asonancias da cantiga IV.
Discografía
editarA seguinte discografía está ordenada por ano de gravación, pero a referencia é a da edición máis recente en CD. Nos casos en que non exista edición en CD, informase da correspondente edición en disco de vinilo. Non se inclúen as recompilacións, só os discos orixinais.
Os discos separáronse en dous grupos: aqueles que conteñen as sete cantigas ou polo menos as seis con música e aqueles que conteñen unha selección parcial delas.
Discos que conteñen todas as cantigas
editar- Monodia Cortesana Medieval (S. XII-XIII) y Musica Arabigo-Andaluza (S. XIII) (1969). Colección de Música Antigua Española (2). Atrium Musicae de Madrid (dir.: Gregorio Paniagua) e Moroccan Orchestra of Tetouan (dir.: Abdessadak Chkara). Hispavox (EMI-Odeón) CDM 7 65 331 2.
- Martim Codax: Canciones de amigo - Bernart de Ventadorn: Chansons d'amour (1977). Studio der frühen Musik. Thomas Binkley. A edición moderna en CD encóntrase en calquera destas dúas caixas:
- Reflexe Vol. 3. EMI Classics "Reflexe" 7243 8 26480 2 4.
- Music from the Middle Ages. EMI "Classics" 0946 338137 2 4.
- Martin Codax - Cantigas de Amigo (1981). Ensemble de musique ancienne Euterpe. Harmonia mundi HM 1060 (LP).
- Medieval Monodies (1982). La Romanesca. Move MD 3044.
- La música medieval en Galicia (1983). Grupo Universitario de Cámara de Compostela. Carlos Villanueva Abelairas. Fundación Barrié.
- Bella Domna (1987). The Medieval Woman: Lover, poet, patroness and saint. Sinfonye. Stevie Wishart. Helios 55207.
- The Pilgrimage to Santiago (1989). New London Consort. Philip Pickett. L'Oiseau Lyre 433 148 (2 CDs).
- Wanderer's Voice (1991). Medieval Cantigas & Minnesang. The Newberry Consort. Harmonia mundi HMU 90 7082.
- Medieval Women's Songs (1991). Música Arábigo-andaluza S. XIII-XIV - Cantigas de Martin Codax S. XIII. Calamus. Pneuma CD-PN 050.
- Traveler (1995). Cantos de España. Medieval Journeys through Times. The Waverley Consort. Michael Jaffee. Angel CDC 7243 5 55 559 2 2.
- Distant Love (1996). Cancións de Jaufre Rudel e Martin Codax. Paul Hillier. Andrew Lawrence-King. Harmonia mundi HMU 90 7203.
- Echoes of Spain (1996). Música galego portuguesa da idade media. Sonus Ensemble. Dorian Discovery 80154.
- Songs of Longing & Lustful Tunes (1997). Música medieval de España e Francia. Alba. Classico CLASSCD 170.
- Martín Códax (1998). Por que trobar é cousa en que iaz. Martín Códax e Grupo de Música Antigua de Compostela. Clave Punteiro 9107.
- As melodías de Martín Codax (1998). Ferraz, Viana, Vozes Alfonsinas. Manuel Pedro Ferreira (dir.). Edicións Xerais de Galicia.
- 1999 - Cantigas de Amigo - Songs for a Friend. 13th-Century Galician-Portuguese Songs & Dances of Love, Longing & Devotion. Ensemble Alcatraz, Kitka, Angelorum. Dorian Recordings DOR-90 285.
- 2001 - Ondas, le Vie del Mare. Cantigas de Amigo, Martin Codax (sec. XIII). Ensemble Calixtinus. Gianni de Gennaro. Edizioni Musicali III Millennio CDC 0145.
- 2001 - Martin Codax: Cantigas de Amigo. Supramúsica. Telmo Campos. Verso VRS 2012.
- 2002 - Music for Alfonso the Wise. The Dufay Collective. Harmonia Mundi USA HMU 907390.
- 2003 - Martin Codax. Cantigas de Amigo. Ensemble Fin'Amor. Musica Ficta MF8002.
- 2003 - Music of Medieval Love. Women as Performers, Subjects and Composers. New York's Ensemble for Early Music. Frederick Renz. Ex Cathedra EC-9005 (70070-29005-2).
- 2004 - Lyra Mendicorum. Carlos Beceiro. Lubicán Records
- 2005 - El viaje del navegante. Cantos y danzas de la Edad Media. Locus Musicus. Carlos Zumajo. Verso VRS 2031.
- 2005 - Amor Ei. Cantigas de amigo - Estampie Royal. Laterna Magica
- 2010 - Cores do Atlântico- Ponte...nas ondas! PAI-MÚSICA. Libro-disco de Ria Lemaire e Socorro Lira (Brasil), Uxía (Galiza), Leilía (Galiza), Joao Afonso (Portugal), Eneida Marta (Guiné Bissau) Cida Moreira (Brasil), Caiana dos Crioulos (Brasil).
- 2014 - Meu Amigo - Martim Codax. Ars Artenga, Colectivo AR, MCarballo, Os Amigos dos Músicos, Chamullo Tango, Burgas Beat, María Mendoza, Bird of the Hermes Proyect. Difusora de letras, artes e ideas
Discos cunha selección de cantigas
editarNº | Cantiga | Gravacións |
---|---|---|
1 | Ondas do mar de Vigo | PON, YOR, BAT, CLE, EST, MED, ORI, WYT*, LES*, AMA*, CAN, SPI, EIR, LAM, ANT, CER, FIG, VIG, ABE, SUA |
2 | Mandad'ei comigo | YOR, DOA, COM, BAT, CLE*, WYT, LES, DIA, GOT, MAG, CAN, SPI, LAM, ULT, FRE, NIM, CER, ITI, BAL, SUA, DOA |
3 | Mia irmana fremosa | YOR, COM, CLE*, EST, COH, AMA, CAN, PER, LAM, ANT, ULT, ITI, FAI |
4 | Ai Deus, se sab'ora meu amigo | ALI, COM, CER, ITI, SUA |
5 | Quantas sabedes amar amigo | PON, DOA, ALI, COM, COH, DRA, REN, PAN*, LES, OST, CAN, SPI, PAS, CER, VIG, INS, MAR*, ALF*, OND |
6 | Eno sagrado, en Vigo | YOR, ALT, OST, GOT, SPI |
7 | Ay ondas que eu vin veer | YOR, XER, SON, DRA, CAN, CLA, ABE, SUA, ALI |
- (*) versión instrumental
- 1945 - [PON] Cantigas de Amigo. Sociedad Coral Polifonica de Pontevedra. Antón Iglesias Vilarelle. Columbia R 14283 (78 rpm).[5]
- 1976 - [YOR] Medieval and Renaissance Songs of Portugal and Spain. The New York Consort for Poetry and Music. Vox "Turnabout" TV 34693 (LP).
- 1979 - [DOA] O son da estrela escura. Doa. Punteiro Clave 9012-CD.
- 1979 - [ALI] Cantigas de Santa Maria. Ensemble Alia Música. Dischi Ricordi RCL 27085 (LP).
- 1980 - [COM] Compostela. Cantigas de Santa Maria, Codice calixtino & Martín Códax. Grupo Universitario de Cámara de Compostela. Carlos Villanueva Abelairas. Clave Punteiro.
- 1984 - [BAT] Cantigas d'Amigo. La Batalla. Pedro Caldeira Cabral. EMI-Valentim de Carvalho 7 96523-2.
- 1987 - [CLE] Duo. René Clemencic & Esmail Vasseghi. Accord 149 184.
- 1989 - [EST] A chantar. Lieder der Frauen-Minne im Mittelalter. Estampie. Münchner Ensemble für frühe Musik. Michael Popp. Christophorus CHR 74583.
- 1990 - [MED] Lo Gai Saber. Troubadour and Minstrel Music 1100-1300. Camerata Mediterranea. Joel Cohen. Erato 2292 45647-2.
- 1990 - [XER] Musique médiévale. Ensemble Xeremia. Collection Rencontre CR119309.
- 1992 - [ORI] Labyrinth. Medieval and Bulgarian Music. L'Orient Imaginaire. Vladimir Ivanoff. Teldec 0630-11756-2.
- 1992 - [WYT] Amar e Trobar. Leidenschaft & mysterium im mittelalter. Oni wytars. Verlag der Spielleute CD 9201.
- 1993 - [COH] Dized', ay! Trobadores. Monofonías medievales. Judith Cohen. Saga KPD-10.914. 1994.
- 1993 - [SON] Songs and Dances of the Middle Ages. Sonus Ensemble. Dorian Discovery 80109.
- 1993 - [DRA] Viatores. Canti di Cavalieri, Dame e Pellegrini sulle strade dell'Europa Medievale. Dramsam. Quadrivium SCA 044.
- 1994 - [ALT] Iberian garden, vol. 1. Jewish, Christian and Muslim Music in Medieval Spain. Altramar. Dorian Discovery DIS-80 151.
- 1995 - [REN] Odyssey. Progressive Performance of ancient songs. New World Renaissance Band. Nightwatch 1006.
- 1995 - [PAN] Danzas medievales españolas. La España de los Cinco Reinos. Eduardo Paniagua Group. M·A Recordings M034A.
- 1995 - [LES] Ave Eva. Chansons de femmes, XIIe et XIIIe siècles. Brigitte Lesne. Opus 111 30-134.
- 1995 - [ITI] Os sons do Portico da Groria. In Itinere (Grupo de Cámara da Universidade de Santiago). Carlos Villanueva Abelairas.
- 1997 - [OST] Amor, ei. Adolfo Osta et al. Saga KPD 10.962.
- 1997 - [DIA] A Terra Sancta ad Fines Terrae. Dialogus. Saga KPD-10.963.
- 1997 - [GOT] Stella Spendens. Gothart - Ensemble of Medieval Street Music. Tri Batri Production KK001.
- 1998 - [MAG] Ferox. Expressive medieval music. Poeta Magica. Verlag der Spielleute CD 9901.
- 1998 - [AMA] Sur les Chemins de Saint-Jacques. Ensemble Amadis. Jade 74321 64760-2.
- 1998 - [CAN] Ondas do mar. El Canto de Amor en el Mediterráneo del siglo XIII. Ensemble Cantilena Antiqua. Stefano Albarello. Symphonia 98157.
- 1998 - [SPI] Waves Of Vigo - Alfonso el Sabio. Cantigas de Amigo & Cantigas de Santa Maria. Freiburger Spielleyt. Ars Musici 1230. Glasnost GLAS 44.
- 1998 - [EIR] Amores ei. Xoán Eiriz. Barsa Promociones.
- 1998 - [PER] Minnesänger, Troubadours, Trouvères. Ensemble Perceval. Katia Caré, Guy Robert. Arte Nova Classics 74321 58968 2.
- 1999 - [LAM] Puisqu'en oubli. Songs of Forgetfulness. Catherine Lambert. ATMA CD 22163.
- 1999 - [ANT] Jews and Christians. Music in Mediaeval Spain. Ensemble Antequera.
- 1999 - [ULT] Chansons médiévales du XIIIe siècle, Vol. 1. Ensemble Ultreia. Marc Paveau. Ultreia ULT 50001.
- 1999 - [PAS] La música de los peregrinos. Jacobeo 1999 "El último del milenio". Los Tiempos Pasados. Knife Music (LP).
- 1999 - [ALF] The time of the Troubadours. 12th, 13th and 14th Century Songs from Spain and Portugal. Vozes Alfonsinas. Pedro Ferreira. Portusom Strauss SP SP 4287.
- 1999 - [OND] Ondas. Musik von Troubadours und Flagellanten. Estampie. Red Moon
- 2000 - [FRE] Pilgerwege. Freiburger Spielleyt. Verlag der Spielleute CD 0003.
- 2001 - [CLA] Catherine Lambert. Catherine Lambert. Tribu 21577.
- 2001 - [ABE] De Peregrinos, Cruzados y Troveros. Música Medieval de los siglos VIII al XIV. Abendmusik. David de la Calle Prieto.
- 2002 - [ALI] Portals of Grace. Azam Ali. Narada
- 2003 - [BAL] Amor & devoção. Música Ibérica dos séculos XIII a XVI. Il Dolce Ballo
- 2004 - [NIM] Sumer zeitt. Nimmersêlich. Verlag der Spielleute CD 0402.
- 2004 - [CER] Cantigas de amor e de amigo. Paulina Ceremuzynska, Zofia Dowgiallo. Clave Records 3015.
- 2004 - [MAR] De castillos, tabernas y caminos. Cantos y Danzas de los siglos XII al XVI. Ensamble Marión. Ignacio Ferreirós Brea.
- 2005 - [INS] Du Temps & de l'instant. Jordi Savall, Montserrat Figueras, Arianna Savall, Ferran Savall. Alia Vox
- 2005 - [SUA] Ven, te contaré. Música de tradición oral de la Península Ibércia del siglo XV. Vox Suavis. Dominique Vellard
- 2006 - [FIG] Lux Feminae (900-1600). Montserrat Figueras et al. Alia Vox AVSA 9847 (SACD-H).
- 2006 - [VIG] Flor Nouvele. Femmes Troubadours - Chants d'Amour. Domitille Vigneron, Evelyne Moser. Tròba Vox TR 013.
- 2011 - [DOA] A fronda dos cervos. DOA. Fol Música
- 2014 - [FAI] Terra aviatica. Faitissa. FAIT001
Notas
editar- ↑ O apelido aparece nunha ocasión como Codaz no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: Henrique Monteagudo et al. Tres poetas medievais da Ría de Vigo. Galaxia, 1998, p. 104
- ↑ Henrique Monteagudo et al. Ob. cit., páxina 104
- ↑ Real Academia Galega. "Trobadores da ría de Vigo". Letras galegas.
- ↑ Rip Cohen. 500 Cantigas d’ Amigo: Edição Crítica / Critical Edition Porto: Campo das Letras. 2003. pp. 513 – 519.
- ↑ Biblioteca Digital Hispánica, Biblioteca Nacional de España.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alonso Montero, X., ed. (1998). Homenaxe ós tres poetas medievais da ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño, Johán de Cangas. RAG. ISBN 84-87987-12-5.
- Álvarez Blázquez, Xosé María (1998) [1958]. Martín Codax, cantor del Mar de Vigo (en castelán). Instituto de Estudios Vigueses.
- Beltran, V. (2003): "Martin Codax o el poeta intemporal". Alacant: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
- Cotarelo Valledor, Armando (15/1/1933). "Encol do nome de Martín Codax". Nós (109): 2–5.
- F. Freixanes, Víctor; et al. Johán de Cangas, Martín Codax, Meendinho, 1200-1350: lírica medieval. Xerais. ISBN 84-8302-251-6.
- González Pérez, Clodio (1997). Meendiño, Martín Codax, Xoán de Cangas. Noia: Editorial Toxosoutos. ISBN 84-89129-42-8.
- Jakobson, R. (1970). "Lettre à Haroldo de Campos sur la texture de Martin Codax". Change nº 6: La poétique la mémoire. París. pp. 53–59.
- Lanciani, Giulia; Tavani, Giuseppe (1993). Dicionario da Literatura Medieval Galega e Portuguesa. Lisboa: Caminho.
- Lopes, G. V.; Ferreira, M. P. et al. (2011-), Cantigas medievais galego-portuguesas. Lisboa: Instituto de Estudos Medievais, FCSH/NOVA.
- Nunes, José Joaquim (1926-1928). Cantigas d'amigo dos trovadores galego-portugueses 2.
- Pena, X. R. (1998). Xograres do mar de Vigo: Johán de Cangas, Martín Codax, Meendinho. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-8302-229-0.
- —————— (2013). Historia da literatura galega I: Das orixes a 1853. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-551-8.
- Queixas, M. (1997). Os trobadores do Reino de Galiza: Martín Códax, Mendiño, Xoán de Cangas. A Nosa Terra. ISBN 84-89976-08-2.
- Tavani, Giuseppe (1986). A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo: Editorial Galaxia.
- Tavani, Giuseppe (2011): "Para unha lectura das cantigas de Martín Codax", en Grial nº 189. Vigo: Galaxia.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 366–367. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martín Codax |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Martín Codax |
- Martin Codax na Biblioteca Virtual Galega.
- Portal de Martín Codax e Bibliografía, por Vicenç Beltran Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
- O portal da lingua galega Xunta de Galicia.
- Lorenzo, Ramón (2012). "Galicia, letra a letra". YouTube.
- Mia irmana fremosa recreación musical polo grupo universitario de cámara da USC. YouTube.