19 de maio
data
<< | Maio | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
2024 Todos os días |
O 19 de maio é o 139º día do ano do calendario gregoriano e o 140º nos anos bisestos. Quedan (226) días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1536 - Ana Bolena é decapitada na Torre de Londres.
- 1935 - O Papa Pío XI canoniza a Tomás Moro.
- 2000 - O Deportivo da Coruña proclámase campión da Liga na última xornada da tempada.
Nacementos
editar- 1762 - Johann Gottlieb Fichte, filósofo alemán.
- 1842 - Manuel López Lorenzo, xornalista e escritor galego.
- 1881 - Mustafa Kemal Atatürk, fundador e primeiro presidente da república de Turquía (m. 1938).
- 1887 - Gregorio Marañón, científico e escritor español.
- 1890 - Ho Chi Minh, líder comunista do Vietnam.
- 1896 - Antón Crestar, galeguista e promotor cultural (m. 1983).
- 1898 - Julius Evola, filósofo italiano (m. 1974).
- 1904 - Daniel Guérin, escritor anarquista francés.
- 1914 - Max Ferdinand Perutz, químico británico, Premio Nobel de Química.
- 1925 - Malcolm X, líder do nacionalismo negro estadounidense.
- 1928 - Pol Pot, político camboxano.
- 1942 - Flemming Quist Møller, escritor dinamarqués.
- 1945 - Pete Townshend, guitarrista e compositor británico.
- 1951 - Joey Ramone, cantante da banda de punk rock The Ramones (m. 2001).
- 1957 - Xosé Manuel Rodríguez Durán, xornalista e escritor galego.
- 1969 - Thomas Vinterberg, cineasta dinamarqués.
Mortes
editar- 1536 - Ana Bolena, esposa de Henrique VIII de Inglaterra (n. 1501).
- 1864 - Nathaniel Hawthorne, novelista e escritor de historias curtas norteamericano (n. 1804).
- 1895 - José Martí, poeta e político cubano (n. 1853).
- 1922 - Heinrich Quincke, médico alemán.
- 1935 - T. E. Lawrence, Lawrence de Arabia, oficial de enlace británico durante a sublevación árabe de 1916 a 1918. (n. 1888).
- 1967 - María Mariño, escritora galega (n. 1907).
- 1987 - Valentín Paz-Andrade, político e escritor galego (n. 1898).
- 1994 - Luis Ocaña, ciclista español (n. 1945).
- 1998 - Juan Bautista Fuenmayor, líder comunista venezolano (n. 1905).
- 2001 - Jesús Suevos, político e xornalista galego (n. 1907).
- 2009 - Marcelino Pardal Pouso, anarquista galego (n. 1917).
- 2011 - Garret FitzGerald, político irlandés (n. 1926).
Festas e celebracións
editar- Día de Santo Ivo (Patrón da Bretaña)