5 de maio
data
<< | Maio | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
2024 Todos os días |
O 5 de maio é o 125º día do ano do calendario gregoriano e o 126º nos anos bisestos. Quedan 240 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1808 - Firma dun convenio entre Napoleón e Carlos IV de España polo que este renuncia á coroa en favor do emperador francés.
- 1890 - Promúlgase en España a Lei de Sufraxio universal.
- 1916 - Marines estadounidenses invaden a República Dominicana.
- 1930 - A Universidade Central de Madrid pechada logo das continuas manifestacións estudantís contra a monarquía.
- 1935 - Alejandro Lerroux forma en España o seu quinto Goberno.
- 1936 - Tropas da Italia fascista invaden Adis-Abeba, capital da Etiopía.
- 1941 - Haile Selassie regresa a Addis Abeba, capital de Etiopía.
- 1945 - Prodúcese un levantamento antifascista en Praga que acelera a fin da segunda guerra mundial.
- 1954 - Alfredo Stroessner convértese en ditador de Paraguai despois dun golpe.
- 1955 - A República Federal de Alemaña recupera a plena soberanía.
- 1963 - Nace en Vigo a Fundación Penzol, coa biblioteca doada por Fermín Penzol.
- 1970 - O buque petroleiro Polycommander encalla nas illas Cíes.
- 1979 - Margaret Thatcher é elixida como Primeira Ministra de Gran Bretaña.
- 1980 - Constantino Karamanlis é elixido presidente de Grecia.
- 1992 - O Parlamento de Crimea proclama a independencia.
Nacementos
editar- 1210 - Afonso III, rei de Portugal.
- 1672 - Pedro I, tsar de Rusia.
- 1792 - Pío Pita Pizarro, militar e político español (m. 1845).
- 1813 - Søren Kierkegaard, filósofo dinamarqués.
- 1818 - Karl Marx, filósofo alemán.
- 1827 - Dionisio Fierros, pintor asturiano (m. 1894).
- 1828 - Albert Marth, astrónomo alemán.
- 1828 - Ramón Villar Ulloa, avogado e político galego (m. 1913).
- 1833 - Ferdinand von Richthofen, xeógrafo e xeólogo alemán (m. 1905).
- 1846 - Henryk Sienkiewicz, escritor polaco, premio Nobel de Literatura en 1905.
- 1868 - Leo Nardus, tirador de esgrima neerlandés (m. 1955).
- 1874 - Luis Fábrega Coello, político galego.
- 1893 - Farabundo Martí, político salvadoreño.
- 1895 - Francisco Pérez Leirós, político e sindicalista galego.
- 1897 - Kenneth Burke, filósofo estadounidense.
- 1909 - Miklós Radnóti, poeta húngaro (m. 1944).
- 1913 - Tyrone Power, actor estadounidense.
- 1919 - Georgios Papadopulos, primeiro ministro de Grecia (m. 1999).
- 1920 - Vicente Ferrer, misioneiro laico español.
- 1921 - Arthur Leonard Schawlow, físico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1981.
- 1927 - Tran Duc Luong, presidente de Vietnam.
- 1938 - Gonzalo Fernández Martínez, economista galego.
- 1943 - Ignacio Ramonet, xornalista galego.
- 1943 - Ánxeles Penas, poeta galega.
- 1944 - Christian de Portzamparc, arquitecto e urbanista francés.
- 1950 - Wolfram Euler, lingüista alemán
- 1958 - Xoán Carlos Rábade Castiñeira, lingüista e tradutor galego.
- 1970 - Sviatoslav Shevchuk, Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia
- 1971 - Elvira Riveiro, escritora galega.
- 1976 - Juan Pablo Sorín, futbolista arxentino.
- 1982 - Teresa Portela, piragüista galega.
- 1988 - Adele, cantante e compositora inglesa de jazz, soul e blues.
Mortes
editar- 1028 - Afonso V, rei de León e Galicia.
- 1821 - Napoleón Bonaparte emperador francés.
- 1892 - August Wilheim Hofmann, químico alemán.
- 1921 - Alfred Fried, periodista e pacifista austríaco, premio Nobel da Paz en 1911.
- 1948 - Ramón Iglesia Parga, historiador galego (n. 1905).
- 1949 - Maurice Maeterlinck, escritor belga, premio Nobel de Literatura en 1911.
- 1960 - José Almoina, escritor e político galego (n. 1903).
- 1960 - Julio Sesto, escritor e xornalista galego.
- 1961 - Maurice Merleau-Ponty, filósofo francés (n. 1908).
- 1964 - Eugène Olivier, tirador de esgrima francés.
- 1980 - Xulio Sesto, escritor e xornalista galego.
- 1981 - Bobby Sands, político e activista norteirlandés.
- 1995 - Mikhail Botvinnik, campión do Mundo de xadrez ruso.
- 2008 - Xan Bouzada, sociólogo galego.
- 2008 - Vidal Payo Fernández, canteiro e escultor galego.
Festas e celebracións
editar- Día da Cultura Lusófona
- Día Mundial do Contrasinal [1]
- Día Mundial da Hipertensión Pulmonar [2]
- Día Mundial da Hixiene das Mans [3]
Outros
editar- Santoral: San Xosé Benedito Cottolengo.
Notas
editar- ↑ "Este Día Mundial de la Contraseña consideren deshacerse de las contraseñas por completo" (en castelán).
- ↑ "Dia mundial de la Hipertensión Pulmonar" (en castelán). Consultado o 2022-11-25.
- ↑ "5 de Maio 2022. Celebración do Día Mundial da Hixiene das Mans". Consultado o 2022-11-26.