1804
ano
1804 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1804 MDCCCIV | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2557 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1253 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4500 – 4501 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5564 – 5565 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1859 – 1860 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1726 – 1727 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4905 – 4906 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1182 – 1183 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1219 – 1220 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2054 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarAlemaña
editar- Na cidade de Viena, o compositor alemán Ludwig van Beethoven anula a súa dedicatoria da Terceira Sinfonía (bautizada co nome de "Heroica") a Napoleón, ao ter noticia da proclamación de Napoleón como emperador, e cambia a dedicatoria pola frase de: "Na memoria dun gran home". Os seus motivos son estes: "Non é máis que un home como os demais! A partir de agora esmagará todos os dereitos humanos... e converterase nun tirano".
- O farmacéutico Friedrich Wihelm Sertürner descobre a morfina, principal alcaloide do opio que será empregado no seguintes anos na maioría das aplicacións terapéuticas.
- O 17 de marzo na cidade de Weimar, o poeta e dramaturgo Friedrich von Schiller estrea a súa obra "Guillerme Tell". O drama (de 5 actos) esta inspirado na "Crónica suíza" de Tschudi. O autor xa levara anteriormente a escena o conflito entre o home e a sociedade (coa estrea do drama "María Estuardo" en 1801), e a loita pola independencia da nación (coa obra "A Doncela de Orleans" en 1802). Na contra, Guillerme Tell é un heroe a quen a súa paixón pola liberdade o leva a realizar as máis grandes fazañas. A conxura dos cantóns suízos e o cínico desafío do maxistrado Gesller, que acusa a Guillerme de rebelión e ordena que atravese cunha frecha a maza colocada por enriba da cabeza do seu fillo, confiren á obra un alento que se espalla co escenario de lagos e montañas. Guillerme Tell será a derradeira obra de Schiller, xa que morrerá en 1805, deixando unhas vinte pezas por concluír. Friedrich von Schiller nacera en Marbach o 10 de novembro do ano 1759. Fillo dun militar, a educación fixo del un home de cultura universal. Co traslado do seu proxenitor a Ludwigsburg, en cuxa academia ingresou Schiller sendo aínda novo. En 1787 marchou a Weimar, onde mantivo amizade con Herder e Goethe, á vez que comezaba as súas investigacións sobre a historia; das cales sairía "Guerra europea de XXX anos". En 1790 inicia estudos sobre Kant e catro anos máis tarde afianza a súa amizade con Goethe, con que publica en 1797 "Xenias". Cofundador na súa xuventude do movemento prerromántico do "Sturm und Drang", toma conciencia a partir do seu coñecemento sobre Kant dos problemas morais do home en relación á sociedade. Con iso convértese nun epónimo do clasicismo alemán; a súa obra poética plásmase en baladas, cantos cunha sinxeleza e grande profundidade ética, e himnos. Entre os temas maxestosos, o máis coñecido é "Canto da campá", que foi incorporado por Beethoven como "Himno da alegría" no derradeiro movemento da súa Novena sinfonía.
Reino Unido
editar- O británico Richard Trevithink (ou Trevithick) constrúe unha nova locomotora de vapor capaz de alcanza-los 8 Km/h, que instala no País de Gales. Trevithink, que xa tivera experiencias deste tipo nos anos 1800 e 1801, decídese por unha nova máquina de vapor que bautiza co nome de "Penydaran". É a primeira que está preparada para circular sobre raís. A máquina foi adquirida polas fundicións Pen & Darren.
- William Pitt (o Novo) volve ao poder o 10 de maio e mantense ata o 23 de xaneiro de 1806. Formarase, xunto con Austria e Rusia, a terceira coalición, rota por Napoleón grazas á súa vitoria en Austerlitz no ano 1805 e a paz de Presburgo (o 26 de decembro de 1805). A pesar da vitoria naval de Trafalgar (no ano 1805), deixará á súa morte, con 45 anos, unha Inglaterra illada e en crise, mentres Francia será señora da metade de Europa.
Sudán
editar- Osman dan Fodio, caudillo da tribo dos fulbé (asentada no curso central do Níxer) proclámase xefe dos crentes islámicos e conquista coas súas tropas grandes partes de Nixeria e do Camerún. O xefe peúl dan Fodio era predicador e místico. Ao se proclamar comendador dos crentes, conquistará os Estados hausas (Nixeria), feito que acabará fundando o Imperio Peúl de Sokoto, Estado teocrático cuxos soberanos consideran os seus territorios infieis como reservas de escravos. Este imperio pasará a ser un protectorado británico no ano 1885.
Francia
editar- A principal preocupación que ten nestes días o ambicioso Napoleón Bonaparte, cónsul da República francesa, é invadir e conquistar Gran Bretaña, para o cal impulsa os máis diversos proxectos no campo da investigación militar. Inexpugnable polo mar a súa poderosa armada, Gran Bretaña é o bastión máis sólido, polo momento, da resistencia europea aos afáns hexemónicos de Bonaparte. Para rematar dunha vez con estes insulares o cónsul intenta crear unha frota aérea de globos aerostáticos que, a pesar do entusiasmo inicial que produce, se disolve no ano 1802, e o proxecto da invasión por aire é arquivado.
- O cociñeiro francés Charles Nicolas Appert fai público o seu procedemento para a conservación de alimentos inventado por el mesmo no ano 1795, tras diversas experiencias, todas elas dun xeito ou doutro favorables. Appert publica neste ano o procedemento e, con el, adícase á venda de leite, froita, legumes e extractos vexetais.
- O 15 de febreiro efectúase o descubrimento dunha conspiración contra o primeiro cónsul. Durante as investigacións, efectúase a detención de varios xenerais e a execución do monárquico Georges Cadoudal.
- O 21 de marzo (10 xerminal do ano XII, segundo o calendario francés da Revolución) reúnese na cidade de París, tras catro anos, unha comisión de catro xuristas do antigo réxime, en cuxas reunións intervén Napoleón para resolve-los puntos xurídicos de fricción, coroando a obra de dotar a Francia dunha nova lei civil en forma de código (unha lei articulada por materias, sen que se transluza a procedencia das normas). Este tipo de asembleas xa se viñan reunindo dende o 5 de outubro de 1790. Non hai dúbida de que isto revolucionará a actual técnica xurídica en Europa, onde predomina a representación das leis por medios de recompilacións, como é no momento actual no caso de España. O Código Civil (que se coñecería o 3 de agosto de 1807 co nome de "Código de Napoleón", pero que quedaría parte invalidado no ano 1816), contén todas aquelas normas de dereito romano compatibles cos froitos da revolución e coa burguesía que apoia o primeiro cónsul. Fixa a igualdade ante a lei, o dereito sagrado á propiedade, a desaparición dos gremios, a separación da Igrexa e o Estado e mais a abolición dos privilexios nobiliarios. Con isto elimínanse as estruturas da sociedade feudal anterior. Establécese o casamento civil obrigatorio, tras o que se fará ou non pola Igrexa. O dereito da familia é menos progresista, pois a muller solteira queda suxeita ao pai e a casada ao home, dos que necesita autorización para obrigarse, e a filiación debe ser lexítima para ser recoñecida na súa plenitude. Nos países que aínda teñen que aborda-la codificación, xa se basee no dereito romano ou xa no xermánico, este código acharase nos propósitos do lexislador.
- O 23 de marzo na cidade de Vincennes, Louis Henri de Condé, duque d'Enghien, é executado por orde de Napoléon. O duque de Enghien é o derradeiro representante da familia Condé, e era o candidato dos realistas franceses para face-la restauración dos Borbóns en Francia. Emigrado en 1789, loita nos exércitos contrarrevolucionarios ata a súa detención en Ettenheim (cerca de Estrasburgo), e é trasladado a Vincennes, onde se xulga sumarisimamente.
- O 18 de maio (28 de floreal do ano XI, segundo o calendario revolucionario francés) proclámase en Saint Cloud o Imperio, a cuxo home importante se lle dá o título de emperador. O 2 de decembro na cidade de París, nunha solemne cerimonia celebrada na catedral de Notre Dame, o ata de agora primeiro cónsul francés, Napoleón Bonaparte, con 35 anos é coroado emperador polo papa Pío VII. Cúmprese así unha tradición na que un papa debía de impoñe-la coroa a unha persoa merecedora dun reino. Napoleón, cumprindo coa tradición, pero desexando relegar o papa a un humillante segundo plano, toma a coroa coas súas mans e a coloca el mesmo. Aínda que a bendición da igrexa é imprescindible para facer un poder lexítimo, Napoleón quere mantela como un peón dos seus designios xeopolíticos. Pouco antes de ser coroado emperador, a policía francesa descubriu un complot tramado polos británicos e os realistas para secuestrar e asasinar a Napoleón. O home forte de Francia elixe o título de emperador para marca-las distancias coa tradición dos reis borbónicos, e porque ve no seu país o sucesor e continuador do Imperio universal de Carlomagno. Logo de coroado emperador, Napoleón prosegue a súa enérxica política para modernizar Francia. Trala creación do código napoleónico, funda a universidade e, mediante decretos reais, apoia a industria e impulsa a realización de grandes obras públicas, entre elas a urbanización de París. Para adecua-la actividade artística os intereses do Imperio, pon ao servizo do Estado escritores como Chateaubriand e madame Staël e pintores como David. O agora coñecido como Napoleón I retoma algunhas institucións do Antigo Réxime: aos membros da súa familia e colaboradores que mellor mostraron a súa lealdade, dálles títulos principescos que levan consigo beneficiosas rendas. Arredor do emperador formouse unha nova nobreza imperial, aínda que despoxada de privilexios das que gozaba a antiga aristocracia, polo que pasa a depender completamente da benevolencia do emperador Napoleón I.
- O 16 de setembro Gay-Lussac establece o récord de altitude en 7.016 m, nunha ascensión en globo que realiza para avaliar as eventuais modificacións presentes na composición do aire.
Europa do Norte
editar- O 25 de maio o rei de Prusia, Frederico Guillerme III concerta co tsar de Rusia, Alexandre I unha alianza dirixía contra Francia.
- O 6 de novembro o tsar ruso, Alexandre I e o emperador de Austria, Francisco I (segundo outros historiadores; Francisco II), acordan proceder contra Francia.
Austria
editar- O 11 de agosto o emperador romanoxermánico Francisco II sobe á categoría de Imperio os territorios herdados austríacos, e adopta o título de emperador de Austria.
Estados Unidos
editar- O 6 de febreiro Joseph Priestley (que nacera o 13 de marzo de 1733 en Fieldhead, Yorkshire), investigador da natureza, filósofo e teólogo, descubridor do amoníaco, o monóxido de carbono e do osíxeno, morre en Northumberland, Pensilvania.
- O 12 de xullo Alexander Hamilton (nado na illa de Nevis, correspondente ás Pequenas Antillas, o 11 de xaneiro de 1755), político americano, dirixente do partido federalista ata 1799, primeiro ministro do Tesouro en 1789 ata o 1795, morre en Nova York por causa das feridas que sufrira o día anterior en duelo co seu opoñente político, o vicepresidente Aaron Burr. Hamilton impedira en abril que Burr fose elixido gobernador de Nova York.
Europa do Leste
editar- En febreiro, na rexión de Serbia, un rico criador de porcos chamado Karagjorgje, de 38 anos, ponse ao mando da insurrección serbia contra os turcos. Apoderarase da cidade de Belgrado en 1806. Coa presenza rusa será aclamado príncipe dos serbios en decembro de 1808. Abandonado polos rusos en 1813, verase na obriga de emigrar a Austria. No seu posto é substituído por Milos Obrenovich, que o mandará asasinar a súa volta en 1817, dando comezo a unha inimizade secular entre as dúas familias.
Haití
editar- O 1 de xaneiro volvese a proclama-la independencia de novo en Haití polo xeneral negro Jean-Jacques Dessalines. Dessalines, que se nomea emperador baixo o nome de Xacobe I, é asasinado no 1806. Henri Christophe, chamado Henrique I, sucederao no trono en 1811 ata 1820.
Rusia
editarArte e cultura
editar- Publícase en Ferrol a "Descripción económica del Reyno de Galicia" de Lucas Labrada.
- 4 de outubro - O pintor galego Gregorio Ferro Requeijo é nomeado director xeral da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
Ciencia e tecnoloxía
editar- O francés Joseph-Louis Gay-Lussac ascende en globo aerostático até os 6.800 m de altura s.n.m, e descende con mostras de aire rarificado.
Nacementos
editar- 12 de xaneiro - Hippolyte Monpou, compositor e músico francés.
- 22 de xaneiro - Charles O'Conor, xurista e político americano.
- 26 de xaneiro - Eugène Sue, escritor francés.
- 5 de febreiro - Johan Ludvig Runeberg, escritor e poeta finés.
- 16 de febreiro - Jules Janin, escritor francés.
- 17 de febreiro - Vicente Vázquez Queipo, matemático e político galego (m. 1893).
- 19 de febreiro - Karl Freiherr von Rokitansky, patólogo austríaco pioneiro da moderna patoloxía.
- 29 de febreiro - Antoine Hercule Romuald Florence "Hescules Florence", inventor, deseñador e debuxante francés, nacionalizado brasileiro.
- 5 de abril - Matthias Jakob Schleiden, botánico alemán.
- 23 de abril - Marie Taglioni, bailarina sueca.
- 30 de abril - Maciel Monteiro, escritor e poeta brasileiro.
- 18 de maio - Arsène Jules Étienne Juvénal Dupuit, economista e enxeñeiro francés; pioneiro da análise marxinal.
- 31 de maio - Jeanne-Louise Farrenc, compositora francesa.
- 1 de xuño - Mikhail Ivanovich Glinka, músico ruso (m. 1857).
- 24 de xuño - Stephan Ladislaus Endlicher, botánico, escritor e historiador austríaco.
- 28 de xuño - Franz Julius Ferdinand Meyen, médico e botánico alemán.
- 1 de xullo - Amandine Aurore Lucile Dupin (máis coñecida coma "George Sand"), escritora francesa.
- 4 de xullo - Nathaniel Hawthorne, escritor e novelista estadounidense, cuxos traballos mostran unha profunda conciencia dos problemas éticos do pecado, o castigo e a expiación (m. 1864).
- 20 de xullo - Richard Owen, anatomista británico.
- 28 de xullo - Ludwig Feuerbach, filósofo alemán.
- 29 de xullo - Francisco Manuel Barroso da Silva, militar e político brasileiro; máis coñecido polo alcume de "Almirante Barroso".
- 31 de xullo - George Baxter, debuxante e pintor inglés.
- 4 de agosto - Luigi Scrosoppi, relixioso italiano; beatificado o 4 de outubro de 1981 e canonizado o 10 de xuño de 2001 polo papa Xoán Paulo II.
- 1 de outubro - William Stokes, médico irlandés.
- 3 de outubro - Allan Kardec, educador francés; fundador da doutrina do espírito.
- 2 de novembro - Rafael Valentín Valdivieso y Zañartu, bispo chileno.
- 12 de novembro - Julius Wilhelm Gintl, físico e inventor austríaco; creador do concepto "modo duplex" para o método de compensación.
- 21 de novembro - Coleman Hawkins, músico norteamericano.
- 27 de novembro - Julius Benedict, rexente e compositor inglés de orixe alemá.
- 10 de decembro - Karl Gustav Jacob Jacobi, matemático alemán.
- 16 de decembro - Viktor Yakovlevich Bunyakovsky, matemático ruso.
- 21 de decembro - Benjamin Disraeli, político e escritor inglés.
- 23 de decembro - Charles Augustin Sainte Beuve, escritor francés.
- 24 de decembro - Mariano Rivera Paz, político guatemalteco; presidente de Guatemala durante os anos 1838/39 e 1842/44.
- 30 de decembro - Manuel de Ascásubi y Matheu, político ecuatoriano.
Mortes
editar- 4 de xaneiro - Charlotte Lennox, escritora e poetisa inglesa.
- 12 de febreiro - Morre en Königsberg, Immanuel Kant, filósofo alemán que acuñara o termo "universos illas" para dar unha nova visión das galaxias coñecidas nesta época. Kant nacera en Königsberg o 22 de abril de 1724.
- 5 de abril - Charles Pichegru, militar e político francés.
- 5 de maio - Antonio José de Cavanilles, botánico e científico español.
- 16 de xuño - Johann Adam Hiller, compositor alemán.
- 24 de xullo - Martin Knoller, pintor austríaco.
- 30 de xullo - Carlo Allioni, botánico e médico italiano.
- 27 de agosto - Valentin Adambereger, tenor de ópera alemán.
- 2 de outubro - Nicolas-Joseph Cugnot, inventor e enxeñeiro francés (atribúeselle a construción do primeiro automóbil).
- 12 de outubro - Thomas Carter, compositor irlandés.
- 15 de outubro - Antoine Baumé, químico francés (n. 1728).
- 29 de outubro - George Morland, pintor inglés.
- 19 de novembro - Pietro Alessandro Guglielmi, compositor italiano.
- 23 de novembro - Giovanni Mane Giornovichi, compositor e violinista italiano.
Outros
editarBreves
editar- 4 de febreiro - Nos Estados Unidos, un incendio destrúe a maior parte da armada de Samuel Colt.
- 12 de febreiro - En Cuba aplicase por primeira vez a vacina contra a varíola, sendo posta na maioría da poboación da Habana.
- 2 de maio - O Corpo Lexislativo francés aproba por moción a subida de Napoleón o poder de Francia.
- 14 de maio - A expedición de Lewis e Clark parte dende Camp Dubois e comeza a súa viaxe río arriba polo Missouri.
- 23 de xullo - A escuadra inglesa bombardea por terceira vez o porto francés de Havre.
- 4 de agosto - En Francia o ministro, Jean-Batiste Nompère de Champagny, faise cargo do departamento de Interior.
- 22 de setembro - En Francia fundase o Consello Supremo.
- 1 de outubro - A aldea nativa de Tlingit (en Alasca) é atacada por tropas rusas.
- 9 de novembro - En México, Pedro Sainz de Baranda obtén o título de "Alferez de Fragata".
- 12 de decembro - España declara a guerra a Inglaterra tras previas denuncias desatendidas.
- O francés, Jean-Baptiste Lamarck e o alemán, Gottfried Treviranus acuñan o termo "bioloxía".
- O alemán Johann Blimenbach funda a ciencia da antropoloxía.
- O barón británico Sir George Cayley inventa o aeroplano práctico, construído como un modelo de planeador aproveitando os deseños anteriores.
- Os británicos fanse co control do Cabo de Buena Esperanza (África).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1804 |