Gralla cereixeira
A gralla cereixeira,[5] ou gralla pequena,[6], Coloeus monedula, é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das dúas que integran o xénero Coloeus.
Gralla cereixeira Coloeus monedula | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Coloeus monedula (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Área de distribución mundial de Coloeus monedula.
En verde escuro, presente todo o ano. En verde máis escuro, área de cría estival. En azul, área de invernada. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Desde que a describiu Linneo en 1758, até hai moi poucos anos, coñeceuse cientificamente como Corvus monedula.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Corvus monedula,[2][7] nome que se mantivo vixente durante moito tempo.[3]
Nota taxonómica
editarDurante moitos anos Coloeus considerouse como un subxénero de Corvus, pero na actualidade clasifícase como un xénero separado na familia dos córvidos.[8][9][10]
Etimoloxía
editarPara o xénero, véxase Coloeus
Debido á súa suposta afección a coleccionar moedas, Linneo deulle o nome específico de monedula, elixindo o termo do latín clásico mŏnēdŭla, que era o nome que os romanos lle daban a esta ave (e de cuxa raíz deriva a palabra «moeda»).[11][12]
Características
editarMide 33 cm, e os dous sexos son iguais. A maior parte da súa plumaxe é negra ou negra agrisada agás polas fazulas, caluga e pescozo, que son de cor gris clara ou prateada. O iris dos adultos é branco agrisado ou branco prateado,[13]. O iris das grallas inmaturas é celeste.[Cómpre referencia]
A ave é sociable, movéndose en pares (macho e femia) ou en grandes grupos, aínda que as parellas mantéñense xuntas entre as bandadas.[Cómpre referencia]
Distribución e hábitat
editarAs grallas atópanse sobre un ampla área espallándose dende o noroeste de África a través de virtualmente toda Europa, Irán, o noroeste da India e Siberia, onde habitan estepas, bosques, terras de cultivo, praderías, cantís costeiros e vilas.
Comportamento
editarDieta
editarA gralla cereixeira comunmente toma comida do chan pero consegue algunha das árbores. Come insectos e outros invertebrados, sementes da herba e grans, o lixo que aproveitan dos vertedoiros, restos de alimento que atopan nas praias, e comida de casas para paxaros.
Aniñamento
editarA gralla adoita aniñar en colonias nas cavidades das árbores, cantís ou en ruínas de edificios, ás veces tamén en densas coníferas. Os ovos, normalmente 4-5, son chocados durante 17 ou 18 días e os pitos están completamente desenvolvidos logo de 30-35 días.
Canto
editarO seu canto é un "tchak-tchak" ou "kieek-kieek".
Comportamento social
editarKonrad Lorenz estudou as complexas interaccións sociais que acontecían en grupos de grallas e publicou as súas observacións detalladas do seu comportamento social no seu libro King Solomon's Ring (O Anel do Rei Salomón). A razón de estudar a gralla, Lorenz colocou aneis de cores nas patas das grallas que vivían ao redor da súa casa en Altenberg, Austria, para identificalas, e os engaiolou no inverno pola súa migración anual fóra de Austria. O seu libro describe as súas observacións nas estruturas de grupos xerárquicos, as aves en maior xerarquía dominantes das de menor xerarquía. O libro tamén grava as súas observacións nos fortes enlaces macho-femia; el notou que nun par cada ave ten o mesmo rango na xerarquía, e que unha femia de gralla con rango baixo subiu na escaleira social cando se converteu na compañeira dun macho de alto rango.
Observouse ás grallas compartindo comida e obxectos. O activo dar de comida é raro nos primates, e en aves é atopado principalmente no contexto do coidado paternal. As grallas amosaron niveis máis altos á hora de compartir comida cós documentados en chimpancés. A función do seu comportamento non é totalmente entendida, aínda que se pescudou que é compatible coa hipótese de mutualismo, reciprocidade e evasión do hostigamiento.[14] Defenden aos seus conxéneres que se atopan en perigo: "As aves ameazaban a cantos pasaban xunto ás súas crías, que caeran do niño ao chan, ata que a policía local rescatounas para levalas a un centro zoolóxico."
Outras grallas
editarA outra especie do xénero Coloeus é Coloeus dauuricus, do Extremo Oriente (sueste de Siberia, sur de Mongolia e gran parte da China). A gralla cereixeira e maila dáurica xuntas formaron durante moito tempo o subxénero Coloeus, do xénero Corvus.
Por outra parte, en Galicia algúns lle chaman gralla grande á especie Corvus frugilegus, que outros denominan gralla calva.[13]
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2018): Corvus monedula na Lista vermella da UICN.
- ↑ 2,0 2,1 Coloeus monedula (Linnaeus, 1758) na GBIF.
- ↑ 3,0 3,1 Coloeus monedula (Linnaeus, 1758) no ITIS.
- ↑ Véxase o artigo Coloeus.
- ↑ Penas Patiño et al. 1991, p. 286.
- ↑ Mémdez, M. (22 de febreiro de 2013). "La grajilla releva al lagartero común como "Ave del Año" para la Sociedade Galega de Ornitoloxía". Faro de Vigo. Consultado o 20 de xullo de 2022.
- ↑ von Linné, Carl (1758). Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Secundum Classes, Ordines, Genera, Species, cum Characteribus, Differentiis, Synonymis, Locis. Tomus I. Editio Decima, Reformata (en latín). Holmiae: Laurentius Salvius. p. 105.
- ↑ Haring, E.; Gamauf, A.; Kryukov, A. (2007). "Phylogeographic patterns in widespread corvid birds". Molecular Phylogenetics and Evolution 45 (3): 840–862. PMID 17920300. doi:10.1016/j.ympev.2007.06.016.
- ↑ Rasmussen, Pamela C.; Anderton, John C. (2005). Birds of South Asia: The Ripley Guide. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-67-2.
- ↑ Gill, F.; Donsker, D. (eds.). "Crows, mudnesters & birds-of-paradise". IOC World Bird List (version 8.2). Consultado o 5 de abril de 2015.
- ↑ Simpson, D. P. (1979). Cassell's Latin Dictionary (en inglés) (5ª ed.). Londres, Reino Unido: Cassell. p. 883. ISBN 0-304-52257-0.
- ↑ Valpy, Francis Edward Jackson (1828). An Etymological Dictionary of the Latin Language (en inglés). Londres, Reino Unido: A. J. Valpy. p. 268. ISBN 1-4021-7384-9.
- ↑ 13,0 13,1 Penas Patiño et al. 1991, p. 284.
- ↑ Compartición frecuente de comida e obxectos durante a socialización da Gralla (Corvus monedula), [1].
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gralla cereixeira |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gralla cereixeira |
Bibliografía
editar- Madge, Steve & Burn, Hilary (2013): Crows and Jays: A Guide to the Crows, Jays and Magpies of the World. Londres, Reino Unido: A & C Black. ISBN 978-1-4081-5738-1.
- Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía ds aves de Galicia. A Coruña: Bahia edicións. ISBN 84-8767-406-2.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Corvus monedula Linnaeus, 1758 en Avibase.
- Coloeus monedula (Linnaeus, 1758) na GBIF.
- Aves urbanas
- Grallas en cantís costeiros
- Esqueleto da gralla Arquivado 16 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
- Jackdaw videos on the Internet Bird Collection
- Ficha da especie (PDF), por Javier Blasco-Zumeta