I Ching
O I Ching, Yijing ou I King (chinés tradicional: 易經; chinés simplificado: 易经; pinyin: Yìjīng; Wade-Giles: I4 Ching1) é un libro oracular chinés cuxos primeiros textos suponse escritos cara ao 2400 a. C.[1] É un dos Cinco Clásicos confucianos.
I Ching | |
---|---|
Título orixinal | 易經 e 周易 |
Autor/a | Fu Xi |
Orixe | Dinastía Zhou |
Lingua | lingua chinesa antiga |
Tema(s) | adiviñación e filosofía |
Xénero(s) | adiviñación e cosmoloxía |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e contidos
editarO termo i ching significa Libro das Mutacións. O texto foi aumentado durante a dinastía Chou e posteriormente por comentaristas da escola de Confucio. Crese que describe a situación presente de quen o consulta e predicir o modo en que se resolverá no futuro se se adopta ante ela a posición correcta. É un libro adivinatorio e tamén un libro moral, á vez que pola súa estrutura e simboloxía é un libro filosófico e cosmogónico.
En Occidente
editarLeibniz, que mantiña en correspondencia con xesuítas en China, escribiu o primeiro comentario europeo sobre o I Ching en 1703. Segundo el, isto demostraba a universalidade dos números binarios e o teísmo, xa que as liñas quebradas, o "0" ou a "nada", non poden converterse en liñas continuas, o "1" ou "unidade", sen a intervención de Deus.[2]
Ese argumento foi criticado por Hegel, quen proclamou que ese sistema binario e os caracteres chineses eran "formas baleiras" que non podían articular palabras faladas coa claridade do alfabeto occidental.[3]
O comentario de Leibniz sobre o I Ching desencadeou un diálogo sobre temas filosóficos occidentais como a universalidade (a idea de que algúns conceptos ou sistemas son aplicables en todas as culturas) e a natureza da comunicación.
O uso do código binario en relación co I Ching foi fundamental para a Characteristica universalis de Leibniz (unha linguaxe universal teórica), que á súa vez inspirou os estándares da lóxica booleana e para que Gottlob Frege desenvolvese a lóxica de predicados a finais do século XIX.
No XX, Jacques Derrida identificou o argumento de Hegel como logocéntrico (segundo ese enfoque, outras formas de expresión e comprensión serían consideradas secundarias e inferiores), pero aceptou sen dúbida a premisa de Hegel de que a lingua chinesa non pode expresar ideas filosóficas.
Carl Gustav Jung escribiu un prefacio para unha das primeiras versións occidentais do libro, traducida por Richard Wilhelm. Nel, Jung explora o concepto de "sincronicidade", que el define como a coincidencia significativa de eventos externos e estados psíquicos. Para Jung, o I Ching podía ser unha ferramenta para explorar esta idea de sincronicidade, xa que as súas respostas oraculares parecen coincidir de maneira significativa co estado interno do consultante.[4]
O físico Fritjof Capra examinou no seu libro The Tao of Physics (O Tao da Física) as relacións entre a física moderna e filosofías orientais como o taoísmo e o I Ching. Aínda que a obra foi influente, tamén recibiu críticas por parte de científicos que consideran a súa abordaxe como superficial ou incorrecta.[5]
Notas
- ↑ Yijing. El llibre dels canvis (en catalán). Pagès editors, S.L. 2011-03-15. ISBN 978-84-9975-077-4.
- ↑ Nelson 2011, p. 379; Smith 2008, p. 204.
- ↑ Nelson (2011), p. 381.
- ↑ Bishop, Paul (2008-09). "The timeliness and timelessness of the ‘archaic’: analytical psychology, ‘primordial’ thought, synchronicity: The timeliness and timelessness of the ‘archaic’". Journal of Analytical Psychology (en inglés) 53 (4): 501–523. doi:10.1111/j.1468-5922.2008.00743.x.
- ↑ Stenger, Victor J. (1995). The Unconscious Quantum: Metaphysics in Modern Physics and Cosmology (en inglés). Prometheus Books. ISBN 978-1-57392-022-3.
Véxase tamén
editar Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|