La Ilustración Gallega y Asturiana
La Ilustración de Galicia y Asturias, despois coñecida como La Ilustración Gallega y Asturiana e finalmente como La Ilustración Cantábrica foi unha revista ilustrada[1] editada en Madrid entre 1878 e 1882.
La Ilustración Gallega y Asturiana | |
---|---|
Portada do primeiro número de La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879, segunda etapa da revista, con texto de Manuel Murguía e un retrato de Diego Sarmiento de Acuña. | |
País | España |
Lugar | Madrid |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1878 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarO propietario foi Alejandro Chao Fernández, a parte literaria estaba dirixida polo intelectual galeguista Manuel Murguía e a artística por José Fernández Cuevas (1844-1923)[2] e administrada por Luis Taboada. Tratouse dunha publicación multilingüe, editada en galego, asturiano e castelán.
O primeiro número, co primeiro dos títulos sinalados, saíu o 15 de xuño de 1878 e así seguiu saíndo durante ese ano. O 10 de xaneiro de 1879 aparece co título de La Ilustración Gallega y Asturiana, pasando de ter unha periodicidade quincenal a decenal. Máis tarde, o 8 de xaneiro de 1882, pasa a denominarse La Ilustración Cantábrica, deixando de publicarse, definitivamente, ese mesmo ano.[3]
Nela publicaron textos autores como Rosalía, Eduardo Pondal ou Curros Enríquez. Amais, nas súas páxinas saíu a primeira novela en galego, Majina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares.[4]
Notas
editar- ↑ La prensa ilustrada en España (en castelán).
- ↑ "José Fernández Cuevas". Enciclopedia de Oviedo (en castelán)..
- ↑ "Se publica una edición facsímil de "La ilustración Gallega y Asturiana"". El País (en castelán). 30 de novembro de 1979.
- ↑ La Ilustración Gallega y Asturiana Arquivado 06 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. tomo II, n.º 21, Madrid, 28 de xullo de 1880.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia na categoría: La Ilustración de Galicia y Asturias |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Ilustración Gallega y Asturiana |
Bibliografía
editar- Artigo "ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA, La" da Gran Enciclopedia Galega.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- La ilustración de Galicia y Asturias: revista quincenal ilustrada en Galiciana. Biblioteca de Galicia
- La ilustración gallega y asturiana: revista decenal ilustrada en Galiciana. Biblioteca de Galicia
- La ilustración cantábrica: revista decenal ilustrada en Galiciana. Biblioteca de Galicia