Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Lingua uigur

Lingua de Asia Central

A lingua uigur[3] (en uigur: ئۇيغۇر تىلى, Уйғур тили, Uyghur tili, Uyƣur tili ou ئۇيغۇرچە, Уйғурчә, Uygurche, Uyƣurqə), é unha lingua da familia das linguas turcas que conta con entre 10 e 25 millóns de falantes, falado principalmente polo pobo uigur na Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang na República Popular da China. Existe significativas comunidades de falantes uigur en Casaquistán e Uzbequistán, e outros países con comunidades expatriadas uigur. O uigur é unha lingua oficial da Rexión Autónoma de Xinjiang e é amplamente empregada en tódalas esferas sociais e oficiais, así como na prensa, a radio, a televisión, e mesmo como lingua franca por outras minorías étnicas de Xinjiang.[4]

Uigur
ئۇيغۇرچە / ئۇيغۇر تىلى
Pronuncia:[ʊjʁʊrˈtʃɛ], [ʊjˈʁʊr tili]
Falado en: República Popular da China
Rexións: Xinjiang
Total de falantes: 25 000 000 (2016)
Familia: Altaica
 Turca
  Turca común
   Karluk
    Uigur
Escrita: Alfabeto uigur árabe, latino e cirílico
Status oficial
Lingua oficial de: Xinjiang, China[1]
Regulado por: Comité de Traballo da lingua étnica e da escrita de Xinjiang
Códigos de lingua
ISO 639-1: ug
ISO 639-2: uig
ISO 639-3: uig
Mapa

Distribución xeográfica do pobo uigur (vermello).
Status

O uigur está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]
  1. "China". Ethnologue. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "Entrada uigur en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2017. Consultado o 03 de marzo de 2017. 
  4. Engesæth 2009, p. 7

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar