Lois XVI de Francia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2021.) |
Lois XVI de Borbón[1] ou Luís XVI de Borbón, nado en Versalles en 1754 e executado en París o 21 de xaneiro de 1793, foi rei de Francia (1774-1789), e despois rei dos Franceses (1789-1792).
Traxectoria
editarEra fillo do delfín Lois e de María Xosefa da Saxonia e esposo de María Antonieta de Austria (con quen casou aos 16 anos).
Cando subiu ao trono, as finanzas reais non se encontraban nunha situación favorable, e así permaneceron até a chegada da Revolución Francesa, altura en que Lois XVI foi deposto. Aconsellado por Maurepas, escolleu para ministros homes de talento: Saint-Germain, Turgot, Malesherbes. Reconvocou o Parlamento, mais este volveu a facerlle oposición. O rei tivo que abandonar os seus ministros reformistas (1776), substituíndoos por Necker, tamén destituído despois de ter publicado a Prestación de contas ao rei sobre o estado das finanzas (1781).
Non é capaz de evitar a Revolución, apoiando as reformas económicas e sociais propostas por Turgot e Necker, nin tornarse líder popular, por non comprender as aspiracións do pobo.
A política exterior feita por Vergennes e o Tratado de Versalles restauraron o prestixio de Francia. Mais, no interior do país, a oposición creceu; Calonne, seguido de Loménie de Brienne, tentou en van resolver a crise financeira. Convocou a alta aristocracia na Asemblea dos Notables (1787) e nada conseguiu. Lois XVI tivo que chamar de volta a Necker (1788) e prometer a convocación dos Estados Xerais, que estaban á marxe do goberno desde había 175 anos. Os Estados Xerais, que se reuniron en Versalles en 1789, son a reunión dos tres estamentos da sociedade desde a Idade Media: o nobre que loita (1º estado), o clero que reza (2º estado) e o campesiñado que traballa (3° estado). Estes feitos marcaron o inicio da Revolución.
Os deputados do Terceiro Estado constituíron a Asemblea Nacional e despois Asemblea Constituínte. A familia real foi levada á forza de Versalles para París (outubro de 1789) e a súa tentativa de fuxir do país foi frustrada en Varennes (20 de xuño de 1791), cando foi feita prisioneira da Comuna insurreccional (10 de agosto). A monarquía foi abolida o 21 de setembro de 1792. Lois XVI, desmoralizado pola súa errada tentativa de fuga e polas súas negociacións co estranxeiro, perdeu completamente a popularidade. Encerrado no Templo e acusado de traizón, foi xulgado pola Convención e condenado a morte, sendo guillotinado o 21 de xaneiro de 1793. A raíña consorte María Antonieta foi executada seis meses despois. A súa morte provocou a unión dos soberanos europeos contra a Francia revolucionaria.
Pénsase que as chamas da Revolución en parte, foron influenciadas polas mentiras que rodearom o famoso escándalo do colar, polo feito do rei dar voz á súa esposa, imprudentemente, sobre asuntos políticos e aínda o odio que moitos membros da nobreza e clero tiñan contra María Antonieta, da liñaxe dos Habsburgo, eternos rivais dos Borbóns e pola súa frivolidade e gusto polo luxo.
Descendencia
editarDo seu casamento con María Antonieta, arquiduquesa da Austria, tivo os seguintes fillos:
- María Teresa Carlota (1778-1851), Madame Royale, casou en 1799 con Luís Antonio de Artois, Duque de Angoulême;
- Luís Xosé Xavier Francisco (1781-1789), 1º Delfín de Francia;
- Lois Carlos (1785-1795) Duque de Normandía, 2ª Delfín de Francia e futuro Lois XVII;
- Sofia Beatriz (1786-1787).
Notas
editar- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Lois XVI de Francia |
Rei de Francia | ||
---|---|---|
Segue a: Lois XV de Francia |
Lois XVI de Francia | Precede a: Convención nacional Napoléon Bonaparte (o 1804) |
Dinastía Borbón |