Magreb
O Magreb,[1] identificado xeralmente coa África do Norte, engloba a rexión deste continente por riba do deserto do Sáhara. Na época do Imperio Romano, era coñecido como África menor. A palabra provén do vocábulo árabe Mahrib que significa "lugar do pór do sol" ou sexa, a rexión que, na altura en que o vocábulo terá nacido, estaba máis a occidente do mundo islámico, opóndose ao Iemen, que significa "dereita".
(ar) المغرب العربي | |||||
Tipo | rexión xeográfica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | África do Norte | ||||
| |||||
Características | |||||
Superficie | 6.045.741 km² | ||||
Ao longo do mar Mediterráneo, inclúe, hoxe en día, Marrocos, Alxeria e Tunicia. Algunhas veces, ao incluírse Mauritania e mais Libia, tamén se chama Maghreb ao que, para ser máis específico, se designa por Grande Magreb.
Xeografía física
editarO Magreb está limitado polo mar Mediterráneo ao norte, polo océano Atlántico ao oeste, polo Golfo de Gabes ao leste e polo deserto do Sáhara ao sur. A gran cordilleira do Atlas, coas súas ramificacións separadas por planaltos con preto de 1000 metros de altitude, esténdese na súa parte occidental. É unha zona de clima mediterráneo, con precipitacións escasas, salvo en zonas montañosas viradas para a zona litoral. Aliás, sen as condicións proporcionadas polo mediterráneo (clima, agricultura, transportes) dificilmente se imaxinarían as zonas máis poboadas: Orán, Bona, Alxer e as planicies do Gharb e do Sahel.
Xeografía humana
editarNotas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para magrebí.