María Lado
María Lado Lariño, nada en Cee o 14 de abril de 1979,[1] é unha escritora e actriz galega.
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1979 (45 anos) Cee, España |
Formación profesional | Filoloxía Galega |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, poetisa |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
Traxectoria
editarÉ titulada en Produción Audiovisual, e cursou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. María Lado comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte, onde publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos: Nós, Mar por medio e Rumbo ás illas. Ten participado en máis volumes colectivos e antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras; así coma en diversas publicacións galegas e peninsulares. En 2005 xuntouse coa tamén poetisa Lucía Aldao [2] para darlle forma ao espectáculo poético denominado Onde estea un cubata que se quite un soneto. O 10 de abril de 2015 participou na primeira edición do ciclo O Alfabeto Híbrido (celebrado na sede da Fundación Luis Seoane, na Coruña), xunto á Lucía Aldao co seu proxecto poético-humorístico-musical chamado Aldaolado, contando coa actuación previa de Santiago Auserón (Juan Perro)[3][4].
Traduciu ó galego varios libros de literatura infantil publicados por Edicións do Cumio, editorial na que traballou durante cinco anos.
Ademais de poeta, María Lado é narradora. Varios dos seus relatos pódense atopar en revistas e colaboracións. Colabora no disco Finais dos 70s, comezos dos 80s, de Fanny + Alexander, recitando o poema Berlín, da súa creación.
Tamén se dedica ao teatro e realiza traballos profesionais como actriz. No 2012 participou na obra Oeste solitario de Martin McDonagh.
En 2019 colabora na publicación dixital Vinte con Lucía Aldao e Iria Pinheiro na sección Ti fai o que eu che diga.[5]
Obra en galego
editarPoesía
editar- A primera visión (1997, Letras de Cal).
- casa atlántica, casa cabaret (2001, Xerais).
- Berlín (2005).[6] Poesía. Incluída na colección Poeta en Compostela que promoveu o Concello de Santiago de Compostela e El Correo Gallego.
- Genoveva (2007). Poesía. Colaboración no libro-disco colectivo Sempre mar. Cultura contra a burla negra (2003).
- Nove (2008, Edicións Fervenza).
- Amantes (2011, A. C. Caldeirón).
- oso, mamá, si? (2015, Xerais).
- Gramo Stendhal (2020). Apiario. 48 páxs.[7]
Con Lucía Aldao (Aldaolado):
- Ninguén morreu de ler poesía (2020). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-642-1. ePub, ISBN 978-84-9121-640-7.
Literatura infanto-xuvenil
editar- Porque Cuqui non quere ir á lavadora. Conto moi importante para lerlles aos maiores antes de durmir (Apiario, 2014).
- Rosalía de Castro (Urco Editora, 2016).
Narrativa
editar- Entre os dous hai un río - Calvario/Lavadores (Editorial Elvira, 2016).
Traducións
editar- Cando escoito o teu corazón, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
- Historia dun compás, de Mónica Gozalbo Felip (Edicións do Cumio, 2008).
- Quen son eu?, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
- Soñei que era unha árbore, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
- Tan grandes, tan pequenos, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
- Un descenso ao Maelström. Sombra, de Edgar Allan Poe (Edicións do Cumio, 2009). Con Susana Rodríguez Barcia.
- Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carroll (Edicións do Cumio, 2010).
- De acuarelas por Santiago, de Eduardo Baamonde (Edicións do Cumio, 2010).
Obras colectivas
editar- Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso, 1997). Poesía.
- dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (Letras de Cal, 1999). Poesía.
- O entrelazo das palabras (1999). Poesía.
- Narradoras. (Xerais, 2000). Narrativa.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra. (2003). Poesía.
- Genoveva, en Sempre Mar. (A. C. Benito Soto, 2003). Poesía.
- XVIII Festival da Poesia do Condado. (S. C. D. Condado, 2004). Poesía
- Das sonorosas cordas (Eneida, 2005). Poesía.
- Por man propia (Bourel, 2005). Poesía.
- Poética da casa (Xunta de Galicia, 2006). Poesía.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2006). Poesía.
- Para chegar a Palmira. Feito para Tecendo o libro da mamoria, documental realizado por María Reimóndez. (2007). Poesía.
- Letras novas (AELG, 2008). Poesía.
- De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte (Sotelo Blanco, 2009). Poesía.
- To The Winds Our Sails (Salmon Poetry, Dublín, 2010). Poesía. Tradución do galego ao inglés.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011). Poesía.
- As que rubimos montañas (Meubook/Implicadas, 2012). Poesía.
- A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos, 2012). Poesía.
- Xabarín 18 (EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia, 2013).
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega, 2015). Poesía.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora. Narrativa.
- Anatomía dunha serea, 2018, Redenasa.tv. Teatro.
- Caramomia (2023). Vigo: Xerais. Con Ledicia Costas, Daniel Landesa, O Hematocrítico. Ilustrador/a: Martín Romero.[8]
Premios
editar- Premio de Poesía Avelina Valladares no Concello da Estrada no 2007, por Nove.
- Gañadora do Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2010, por Amantes.
- Premio de poesía na I Gala do Libro Galego en 2016, por oso, mamá, si?.
- 2019: Premio María Casares ao mellor texto orixinal por Anatomía dunha serea
Notas
editar- ↑ "María Lado". www.aelg.gal. Consultado o 28 de febreiro 2019.
- ↑ "María Lado y Lucía Aldao inauguran mañana el ciclo de poesía En femenino" (en castelán).
Una pieza híbrida y poco convencional en la que se mezcla la poesía desenfada, la música y el performance
- ↑ La Voz de Galicia, de 31-3-2015.
- ↑ La Opinión, de 11-4-2015.
- ↑ "Ti fai o que che diga". Vinte. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ "Berlín" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de novembro de 2008. Consultado o 19 de novembro de 2007.
- ↑ Vázquez Porto, Lorena (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Imaxe e desexo". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 91–92. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Caramomia - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-11-08.