Marcescente
Marcescente (do latín marcescere: amurchar) é un termo empregado en botánica para describir a aquelas follas de árbores e arbustos caducifolios, que, tras rematar-lo período vexetativo e co cambio de cor da follaxe, permanecen na árbore na súa gran maioría durante toda a estación fría (outono e inverno) até practicamente a saída das novas follas na seguinte primavera cando lles nacen follas novas. A marcescencia tamén pode ser interrompida por condicións climáticas especiais que provocan que as follas caian durante o inverno por mor das xeadas ou do vento.[1]
Tipos
editarAs árbores que adoitan ser característicos por este fenómeno, son os carballos como o meloxo (Quercus pyrenaica), o carballo anano ou caxigo (Quercus faginea), numerosos pés de faia (Fagus sylvatica) e os carpes (Carpinus)[2]
No carballo palustre americano complétase a abscisión das follas marcescentes na primavera.[3] Nalgunhas especies o pecíolo pódese manter vivo durante o inverno, mentres que noutras as follas son marcescentes porque as xeadas ou as pragas secan as follas antes de que se complete a abscisión.
Vantaxes
editarAínda que as razóns evolutivas para a marcescencia non son claras, as teorías inclúen: protección dos cogollos das follas do desecamento e como unha fonte atrasada de nutrientes ou un manto que conserva a humidade despois de que caian as follas e se descompoñan na primavera.
As follas marcescentes disuaden aos grandes herbívoros, como cervos e alces, de se alimentaren das pólas e brotes nutritivos da árbore, posto que as follas son menos nutritivas e teñen un sabor desagradable.[4] Algunhas especies protéxense do estrés hídrico e térmico grazas ás follas marcescentes, como as especies andinas Espeletia schultzii e Espeletia timotensis.[5][6] En zonas alpinas tropicais de diferentes partes do mundo atópase unha ampla variedade de plantas de diferentes familias que desenvolveron unha forma de crecemento coñecida como «roseta caulescente», caracterizada por rosetas de follas perennes que medran sobre as follas marcescentes.
Micoloxía
editarEn micoloxía, o termo marcescente utilízase para uns tipos de fungos que se poden secar e despois revivir e continuar a dispersión de esporas.[7] O xénero Marasmius é moi coñecido por esta característica que foi considerada importante taxonomicamente por Elias Magnus Fries na súa clasificación dos fungos de 1838.[8]
-
Marasmius elegans
-
Marasmius rotula
Notas
editar- ↑ Couplan (2017), p. 70
- ↑ Berkley (1931)
- ↑ Hoshaw & Guard (1949)
- ↑ Svendsen, Claus R. 2001. Effects of marcescent leaves on winter browsing by large herbivores in northern temperate deciduous forests. Alces 37(2): 475-482.
- ↑ Goldstein & Meinzer (1983)
- ↑ Smith (1979)
- ↑ See introduction to Roy E. Halling "A revision of Collybia s.l. in the northeastern United States & adjacent Canada" Inst. of Syst. Botany, The New York Botanical Garden, Bronx, NY 10458-5126
- ↑ Fries (1838), p. 372 e ss.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marcescente |
Bibliografía
editar- Berkley, Earl E. (setembro 1931). "Marcescent Leaves of Certain Species of Quercus". Botanical Gazette (en inglés) (Chicago: The University of Chicago Press) 92 (1): 85–93. ISSN 0006-8071. JSTOR 2471297.
- Couplan, François (2017). Les plantes (en francés). París: Quae. ISBN 978-2759226023.
- Fries, Elias Magnus (1838). Epicrisis systematis mycologici: seu synopsis hymenomycetum (en latín). Uppsala: Typographia Academica.
- Goldstein, Guillermo; Meinzer, Frederick (novembro 1983). "Influence of insulating dead leaves and low temperatures on water balance in an Andean giant rosette plant". Plant, Cell & Environment (en inglés) 6 (8): 649–656. doi:10.1111/1365-3040.ep11589230.
- Hoshaw, Robert W.; Guard, Arthur T. (xuño 1949). "Abscission of Marcescent Leaves of Quercus palustris and Q. coccinea". Botanical Gazette (en inglés) (The University of Chicago Press) 110 (4): 587–593. ISSN 0006-8071. JSTOR 2472663.
- Smith, Alan P. (marzo 1979). "Function of Dead Leaves in Espeletia schultzii (Compositae), and Andean Caulescent Rosette Species". Biotropica (en inglés) 11 (1): 43–47. JSTOR 2388171. doi:10.2307/2388171.