Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

O Regueiro, Areas, Tui

lugar da parroquia de Areas no concello de Tui

O Regueiro é un lugar da parroquia de Areas, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 199 habitantes (91 homes e 108 mulleres), o que supón un aumento de 30 habitantes respecto ao ano 2000.

O Regueiro
ParroquiaAreas
ConcelloTui
Coordenadas42°02′02″N 8°39′41″O / 42.0338608737, -8.6613030884739
Poboación199 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

Neste barrio consérvanse as ruínas do fortín do río San Martiño, unha pequena construción militar erixida con motivo da Guerra de Restauración Portuguesa[1]. Tamén neste barrio está o cruceiro e peto de ánimas de San Martiño (s. XIX)[2] e a fonte da Leiriña[3].

Economía

editar

Este barrio ten unha grande importancia comercial e industrial debido á presenza de numerosas grandes superficies e do polígono industrial de Areas-Tui.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Areas

editar
Lugares da parroquia de Areas no concello de Tui (Pontevedra)

Anta | O Atrio | A Bouza Valada | O Carballo | Os Gaios | O Regueiro | A Toxeira


Parroquias de Tui

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)