Pedro Losada Rodríguez
Pedro Losada Rodríguez, nado en Santiago de Compostela en 1792 e finado na mesma cidade en 1857, foi un sacerdote e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1792 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1857 (64/65 anos) Santiago de Compostela, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | xurista, sacerdote católico, profesor universitario, profesor titular |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Traxectoria
editarBacharel en Artes en 1804, bacharel en Cánones en 1815, licenciado en cánones en 1916 e doutor en Cánones en 1918. Ordenouse sacerdote. Catedrático de Lingua latina e Maiores, foi reitor da universidade compostelá nese ano, sendo depurado pola súa militancia liberal. Reintegrouse en 1833 grazas á amnistía. En 1834 obtivo a cátedra de Sintaxe ou de Medianos e en 1836 novamente a súa cátedra de Maiores. En 1837 foi nomeado reitor da Universidade de Santiago de Compostela, pero foi separado do seu cargo en 1839. Dende 1840 foi protector da xuventude literaria que se constitúe neses anos e o primeiro presidente da Academia Literaria de Santiago. En 1842 conseguiu conmutar o seu doutoramento en Cánones polo de Xurisprudencia. Entre 1853 e 1854 fíxose cargo da cátedra de Economía Política da Facultade de Dereito. En 1854 conseguiu a licenciatura en Literatura.
Predecesor: Ramón Rey Pérez |
Reitor da Univ. de Santiago 1837 - 1839 |
Sucesor: Luís Pose Varela |
Obras
editar- Pro studiorum instauratione oratio habita in Regia compostellana schola XV kal. novem. anni MDCCCXXXIII, a - Jur. Canon. Doctore, Rethoricae et Poeticae Academiae moderatore, 1833
- Programas de 130 lecciones teóricas y prácticas de literatura latina, 1851.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2003). Universidade, ed. Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. El siglo XIX. Santiago de Compostela. p. 131-132. ISBN 84-9750-269-8. (en castelán)