Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Os maxiares[11] ou húngaros, (en húngaro: magyarok) é grupo étnico de Europa do leste, son os actuais poboadores de Hungría.

Pobo maxiar
Poboación
Poboación total:
13,1–14,7 millóns
Rexións principais:
Hungría Hungría8 504 492[1] - 9 827 875[2]
Estados Unidos de América Estados Unidos1 437 694 (2013)[3]
Romanía Romanía1 227 623 (2011)[4]
Eslovaquia Eslovaquia458 467 (2011)[5]
Canadá315 510 (2006)[6]
Serbia Serbia253 899 (2011)[7]
Ucraína Ucraína156 566 (2001)[8]
Alemaña Alemaña156 812[9]
Aspectos culturais
LinguaLingua húngara
RelixiónCatolicismo[10]
Protestantismo (calvinismo, unitarianismo e luteranismo); catolicismo grego; Xudaísmo.
Grupos
relacionados
Pobo sículo (Transilvania)

Historia e características

editar

Orixinariamente tribos eslavas e finesas que baixaron da península de Kola e arredores cara a Hungría aproximadamente desde o s.IX que ocuparon o baleiro que os ávaros deixaron en Eslovaquia e Hungría. Iniciaron as súas incursións a primeiros do s.VII e fóronas intensificando ata acadar Saxonia, a Lotarinxia e mesmo Francia. Os actuais maxiares proveñen de tribos separadas dos grupos fino-ugros asentados ata o s.V nas estepas que se estenden entre os ríos Volga e Kama que se desprazaron cara aos territorios ao norte do Cáucaso e de Crimea. Aínda que etnicamente relacionados co grupo fino-ugro, as diversas migracións e a influencia doutros grupos asiático (ávaros, hunos, mongois) así como a influencia dos pobos otománs e iranianos, evidenciada nos modismos lingüísticos do idioma, obtida durante a migración maxiar cara ao oeste das estepas rusas, determinaron a diferenciación final do gurpo étnico mesmo antes do seu asentamento final nas rexións históricas de Pannonia e Dacia.

Durante a máxima extensión do pobo maxiar (ss.XI e XII) a influencia destes chegou desde os Cárpatos e Transilvania, e ao sur, ata a rexión localizada entre os ríos Sava e Drava.

A batalla do río Lechja supuxo a fin da época de incursións e o principio dos asentamentos nas chairas de Hungría. O reino maxiar foi o predecesor do reino de Hungría e as súas primeiras fronteiras estendíanse desde a Bohemia imperial ata os lindes dos montes Dálmatas, os límites da Bosnia bizantina e a fronteira norte de Eslovaquia. As súas primeiras incursións de expansión foron cara ao norte e o nordeste, lindando por fin co reino de Polonia. Tiveron unha rápida conversión ao catolicismo debido á herdanza maxiar da época das invasións (Polonia, Baviera, Saxonia, Lombardía e Austria, todas elas provincias cristiás) preto do novo milenio.

Na actualidade os maxiares representan o 92% da poboación de Hungría.

Galería de imaxes

editar
  1. Bojer, Anasztázia (2012). Central Statistics Office of Hungary, ed. 2011. évi népszámlálás (PDF) (en húngaro). Budapest. ISBN 978-963-235-417-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xullo de 2019. Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  2. Central Statistical Office of Hungary, ed. (17 de abril de 2013). "1.1.4.2 A népesség nyelvismeret és nemek szerint" (XLS) (en húngaro). Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  3. United States Census Bureau, ed. (2013). "Total ancestry categories tallied for people with one or more ancestry categories reported: 2013 American Community Survey 1-Year Estimates". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  4. (en romanés) "Comunicat de presă privind rezultatele definitive ale Recensământului Populaţiei şi Locuinţelor – 2011" Arquivado 17 de xullo de 2013 en Wayback Machine., at the 2011 Romanian census site; consultado o 11 de xullo de 2013
  5. 2001 Slovakian Census
  6. 2.statcan.ca (ed.). "The 2006 census". Arquivado dende o orixinal o 2009-06-25. Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  7. 2011 Serbian Census
  8. State Statistics Committee of Ukraine, ed. (2003). "About number and composition population of UKRAINE by data All-Ukrainian census of the population 2001". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2008. Consultado o 03 de maio de 2017. 
  9. "Anzahl der Ausländer in Deutschland nach Herkunftsland (Stand: 31. Dezember 2014)". 
  10. Comisión Europea, ed. (2012). "Discrimination in the EU in 2012" (PDF). European Union. p. 233. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de decembro de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  11. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maxiar.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar