Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Unha porqueta[1] ou porca[2] é unha peza mecánica cun burato central, o cal presenta unha rosca, que se emprega para axustar a un parafuso, en forma fixa ou deslizante. A porca permite suxeitar e fixar unións de elementos desmontables. En ocasións, pode agregarse unha arandela para que a unión peche mellor e quede fixa. As porcas fabrícanse en grandes producións con máquinas e procesos automatizados.

Porca.
Porca de á ou bolboreta, hexagonal, con rebordo e outras.

A porca sempre debe ter as mesmas características xeométricas do parafuso co que se axusta, polo que está normalizada segundo os sistemas xerais de roscas.

Porcas cegas, cadrada, T, ameadas, de seguridade "nyloc" e outras.

Identificación das porcas

editar

Existen 4 características básicas para identificar unha porca:

  • O número de caras. Na maioría das porcas adoita ser 6 (porca hexagonal) ó 4 (porca cadrada). Sobre estes modelos básicos pódense introducir diversas variacións.
  • O grosor da porca.
  • O diámetro do parafuso que encaixa nela, que non é o do buraco senón o que aparece entre os fondos da rosca.
  • O tipo da raia que ten que coincidir co do parafuso ó que se axusta.

As porcas apértanse xeralmente con chaves inglesas, adaptadas ás dimensións das súas caras. Cando se require un par de apertamento moi exacto utilízase unha chave dinamométrica. Nas montaxes industriais utilízanse para o apertamento rápido ferramentas neumáticas. Para apertar porcas non é aconsellable utilizar tubos ou pancas porque se pode romper o parafuso ou deteriorarse a rosca.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para porqueta.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para porca.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Millán Gómez, Simón (2012). Procedimientos de Mecanizado. Madrid: Editorial Paraninfo. ISBN 84-9732-428-5. 
  • Larburu Arrizabalaga, Nicolás (2004). Máquinas. Prontuario. Técnicas máquinas herramientas. Madrid: Thomson Editores. ISBN 84-283-1968-5.