Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Quinoa

Pseudocereal, un dos principais alimentos dos pobos andinos

A quinoa[1] (do quechua kinwa[2]), Chenopodium quinoa, é unha planta nativa de Bolivia, Colombia, Perú e Chile, que produce un gran considerado moi importante na alimentación e na vida do home do altiplano andino. Trátase dun pseudocereal pertencente á subfamilia Chenopodioideae das amarantáceas. Prodúcese nos Andes de Bolivia, do Perú, da Arxentina, de Chile, de Colombia e do Ecuador, así coma nos Estados Unidos de América. Bolivia é o primeiro produtor mundial,[3] a seguir polo Perú e mailos Estados Unidos.

Quinoa
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Amaranthaceae
Subfamilia: Chenopodioideae
Tribo: Chenopodieae
Xénero: Chenopodium
Especie: C. quinoa
Nome binomial
Chenopodium quinoa
Willd., Sp. Pl., ed., 4, 1(2), p. 1301, 1798
Distribución natural da planta
Distribución natural da planta

Distribución natural da planta
Espiga de quinoa morada.
Colleita de quinoa no Ecuador.
Guiso de quinoa con champiñóns
Chenopodium quinoa -red faro-

Cultivábana os quechuas e aymarás, existindo unhas 3.120 variedades. Após a invasión española, os alimentos autóctonos, como a quinoa, o amaranto e a maca (Lepidium meyenii), caeron paseniño en desuso e foron substituídos polos grans consumidos en Europa, como o trigo e o orxo.[4] Disque noutroura empregouse tamén para usos cosméticos na zona do altiplano peruano-boliviano-arxentino.[5] Medra desde o nivel do mar no Perú até os 4000 m de altitude nos Andes, aínda que a súa altura máis común é a partir dos 2500 m.

Descrición

editar

A quinoa é unha planta alimenticia de desenvolvemento anual, dicotiledónea que adoita acadar unha altura de 1 a 3 m. As follas son largas e polimorfas (con diferentes formas na mesma planta); o talo central comprende follas lobuladas e crebadizas e pode ter pólas, dependendo da variedade ou densidade da sementeira; as flores son miúdas e carecen de pétalos. Son hermafroditas e xeralmente autofecúndanse. O froito é seco e mide aproximadamente 2 mm de diámetro (de 250 a 500 sementes/g), arrodeado polo cáliz, que é da mesma cor que a planta.

Produción

editar

O altiplano boliviano, cunha área sementada, no ano 2013, de 104 000 ha,[6] é o principal cultivador mundial de quinoa. A zona con maior produción atópase nos departamentos de La Paz, Potosí e Oruro.[6] A tendencia da produción boliviana é ao aumento sostido, segundo o Instituto Nacional de Estatística boliviano, pasou de 28 809 toneladas durante o ano agrícola 2007-2008 a 38 257 toneladas no ano agrícola 2010-2011.[7] Para o ano agrícola 2011-2012 foi 42 267 toneladas e no ano agrícola 2012-2013 a produción acadou 58 mil toneladas.[6] Bolivia exportó 26 201 toneladas en 2012.[8]

O segundo país produtor, cunha superficie cultivada de 55 000 ha nas que se producen máis de 41 000 t ao ano, é o Perú. A cultura da quinoa é moi importante para os agricultores deste país, principalmente para as máis de 70 000 unidades campesiñas e pequenos agricultores de Puno. En 2012 as exportacións de quinoa do Perú alcanzaron 9 453 toneladas.[9]

No Ecuador, 2000 ha dedícanse á produción de quinoa,[10] e en Colombia, máis de 1000 ha, coa zona de maior produción ao sur de Nariño e unha produción creciente no Cauca.[11] Nas zonas de cultura destes dous países é común atopar a quinoa sementada en asociación co millo, feixón e faba ou a xeito de choer sementeiras de pataqueira.

Alimentación

editar
 
Saqueta de quinoa nun posto de verdura ecolóxica do mercado de Lavapiés en Madrid.

A quinoa era considerada un gran sagrado polos pobos orixinarios dos Andes, por mor ás súas exclusivas características nutricionais. Posúe, ao igual cá soia, os oito aminoácidos esenciais para o ser humano, o que a converte nun alimento moi completo e de doada dixestión. Tradicionalmente, os grans de quinoa torrábanse e con eles producíase fariña. Tamén poden ser cocidos, engadidos ás sopas, usados coma cereais ou pastas e incluso fermentados para obtermos cervexa ou chicha, bebida tradicional dos Andes. Cando se coce colle un sabor semellante ao da noz.

A quinoa moída pódese utilizar para a elaboración de distintos tipos de pans, tanto tradicionais coma industriais, xa que permite mellorar características da masa, facéndoo máis resistente, o que favorece unha boa absorción da auga. Isto increméntase se se utiliza unha mestura de quinoa e amaranto morado. Téñense efectuado estudos comparativos de pans, nun dos cales utilizábase unha mestura de quinoa e amaranto, e noutro millo e papoula; e en dita avaluación olláronse diferenzas na absorción da auga.

A fariña de quinoa prodúcese e comercialízase en Bolivia, Perú e, en menor cantidade, en Colombia. En ditos países, substitúe moitas veces á fariña de trigo e enriquece así os seus derivados de pans, tortas e galletas. Desde o ano 2007 estase a desenvolver o seu cultivo e consumo no norte da Arxentina e o norte de Chile, e o 20 de febreiro de 2013 a ONU declarou o Ano Internacional da Quinoa.

Un dos seus pratos típicos da zona de Cuzco é o pesqué ou peské, que se prepara con leite, quinoa e queixo e se pode combinar con ovo fritido e incluso cun anaco de churrasco de carne; tamén se utiliza cada vez máis para recheo de empanadas.

Un problema para a masificación da produción de quinoa é que posúe unha toxina denominada saponina que lle outorga un sabor amargo característico. Esta toxina adoita eliminarse a través de métodos mecánicos (pelado) e lavando as sementes en abundante auga.

Medicinal

editar

A quinoa é considerada ancestralmente tamén como unha planta medicinal pola meirande parte dos pobos tradicionais andinos. Entre os seus usos máis frecuentes pódense mencionar o tratamento de abscesos, hemorraxias, luxacións e cosmética. A quinoa tamén contén altas cantidades de magnesio, que axuda a relaxar os vasos sanguíneos, e que é utilizada para tratar a ansiedade, a diabetes, a osteoporose e a xaqueca, entre outras doenzas.[12][13]

Ritual

editar

Como gran nai, a quinoa formaba parte de diversas cerimonias e rituais andinos, que foron prohibidos polos europeos durante a conquista española. Este foi un motivo polo que o cultivo de quinoa e da kiwicha foron prohibidos, ao consideralos asociados a rituais pagáns.

Nutrición

editar
Quinoa, sen cociñar
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1 539 kJ (368 kcal)
64.2 g
Fibra alimentaria7.0 g
6.1 g
Monoinsaturadas1.6 g
Poliinsaturadas3.3 g
14.1 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
0%
1 μg
Tiamina (B1)
31%
0.36 mg
Riboflavina (B2)
27%
0.32 mg
Niacina (B3)
10%
1.52 mg
Vitamina B6
38%
0.49 mg
Ácido fólico (B9)
46%
184 μg
Colina
14%
70 mg
Vitamina C
0%
0 mg
Vitamina E
16%
2.4 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
5%
47 mg
Cobre
30%
0.590 mg
Ferro
35%
4.6 mg
Magnesio
55%
197 mg
Manganeso
95%
2.0 mg
Fósforo
65%
457 mg
Potasio
12%
563 mg
Sodio
0%
5 mg
Cinc
33%
3.1 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga13.3 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient
Quinoa, cociñada
Valor nutricional por 100 g
Enerxía503 kJ (120 kcal)
21.3 g
Fibra alimentaria2.8 g
1.92 g
Monoinsaturadas0.529 g
Poliinsaturadas1.078 g
4.4 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
0%
0 μg
Tiamina (B1)
9%
0.107 mg
Riboflavina (B2)
9%
0.11 mg
Niacina (B3)
3%
0.412 mg
Vitamina B6
9%
0.123 mg
Ácido fólico (B9)
11%
42 μg
Colina
5%
23 mg
Vitamina C
0%
0 mg
Vitamina E
4%
0.63 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
17 mg
Cobre
10%
0.192 mg
Ferro
11%
1.49 mg
Magnesio
18%
64 mg
Manganeso
30%
0.631 mg
Fósforo
22%
152 mg
Potasio
4%
172 mg
Sodio
0%
7 mg
Cinc
11%
1.09 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga72 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

A quinoa posúe un excepcional equilibrio de proteínas, graxas e glícidos (fundamentalmente amidón). Entre os aminoácidos presentes nas súas proteínas salientan a lisina (importante para o desenvolvemento do cerebro) e a arxinina e mais histidina, básicos para o desenvolvemento humano durante a nenez. Igualmente é rica en metionina e cistina, en minerais coma ferro, calcio e fósforo e vitaminas, mentres que é pobre en graxas, complementando deste xeito a outros cereais e/ou legumes como os feixóns.

 
Saqueta de medio quilo á venda en Portugal
 

A media de proteínas no gran é de 16 %, mais pode conter até 23 %, o que é máis do duplo que calquera cereal. O nivel de proteínas contidas é achegado á porcentaxe que di a FAO para a nutrición humana. Por esta razón, a NASA considera o cultivo da quinoa coma un posíbel candidato para sistemas ecolóxicos fechados e para viaxes espaciais de longo percorrido.[14] A graxa contida é de 4 a 9 %, dos cales a metade contén ácido linoleico, esencial para a dieta humana. O contido nutricional da folla de quinoa compárase á da espinaca. Os nutrientes concentrados das follas teñen un baixo índice de nitratos e oxalatos, os cales son considerados elementos prexudiciais na nutrición.

Pode consumirse por celiacos ao non conter glute.

Taxonomía

editar

Chenopodium quinoa foi descrito por Carl Ludwig Willdenow e publicado en Species Plantarum. Editio quarta 1(2): 1301–1302. 1797.[15]

Etimoloxía

Chenopodium: nome xenérico que deriva da particular forma das follas semellantes ás patas do ganso: do grego "chen" = (ganso) e "pous" = (pé) ou "podion" = (pé pequeno).

quinoa: nome específico que provén da denominación quechua kinuwa

Sinonimia
  • Chenopodium album subsp. quinoa (Willd.) Kuntze
  • Chenopodium album var. quinoa(Willd.) Kuntze
  • Chenopodium album f. subspontaneum Kuntze
  • Chenopodium ccoyto Toro Torrico
  • Chenopodium ccuchi-huila Toro Torrico
  • Chenopodium chilense Pers. nom. inval.
  • Chenopodium guinoa Krock.
  • Chenopodium hircinum f. laciniatum (Moq.) Aellen
  • Chenopodium hircinum var. quinoa (Willd.) Aellen
  • Chenopodium hircinum f. rubescens (Moq.) Aellen
  • Chenopodium hircinum f. viridescens (Moq.) Aellen
  • Chenopodium nuttalliae Saff.
  • Chenopodium purpurascens var. punctulatum Moq.
  • Chenopodium quinoa var. laciniatum Moq.
  • Chenopodium quinoa var. lutescens Hunz.
  • Chenopodium quinoa var. melanospermum Hunz.
  • Chenopodium quinoa subsp. milleanum Aellen
  • Chenopodium quinoa var. orbicans' Murr
  • Chenopodium quinoa f. purpureum Aellen
  • Chenopodium quinoa var. rubescens Moq.
  • Chenopodium quinoa var. viridescens Moq.[16]
 
Sementes de quinoa.

Ano Internacional da Quinoa

editar

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou 2013 como o Ano Internacional da Quinoa, en recoñecemento das prácticas ancestrais da poboación andina, que preservaron a quinoa como alimento para as xeracións presentes e futuras, por medio dun coñecemento e prácticas de vida en harmonía coa natureza. O obxectivo foi atraer a atención mundial para o papel da quinoa para a seguranza alimentaria, nutrición e erradicación da pobreza, apoiando o alcance dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación funcionou como Secretariado do ano internacional. Bolivia tivo a presidencia do Comité de Coordinación, mentres que o Ecuador, Perú e Chile dividiron a vicepresidencia, co relator nas mans da Arxentina e de Francia.

  1. Recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC, a través de Buscatermos - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#24503280
  2. Teofilo Laime Ajacopa, Diccionario Bilingüe Iskay simipi yuyayk'ancha, La Paz, 2007
  3. "Bolivia se consolida como primer productor mundial de quinua". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2012. 
  4. {{Cita Web |url=http://www.fao.org/docrep/t0646e/T0646E0f.htm |título=Neglected crops: 1492 from a different perspective - Chapter 15: Quinoa (Chenopodium quince) |autor= |editorial=FAO |obra=Plant Production and Protection Series |lingua=en |data=1995 |dataacceso=17 de febreiro de [[2010 |data-arquivo=14 de marzo de 2014 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20140314165110/http://www.fao.org/docrep/t0646e/t0646e0f.htm |url-morta=yes }}
  5. En Perú ya conocía uso de la quinua como cosmético Arquivado 15 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., Perú21.pe, 7 de febreiro de 2009.
  6. 6,0 6,1 6,2 "Bolivia: producción de quinua llega a 58 mil toneladas". Los Tiempos. 27 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2013. 
  7. INE Agricultura, producción año agrícola según cultivos - cuadro 4010403. Consultado o 28 de setembr de 2013.
  8. Crece exportación de quinua 40 veces más que hace 10 años; El Día, 28 de Mayo de 2013
  9. La Quinua: el grano de oro. Consultada o 28 de setembro de 2014.
  10. El amaranto, la quinua y el chocho tienen más apoyo en el Ecuador; El Comercio, Quito, 13 de julio de 2013.
  11. Oficina Regional de la FAO para América Latina y el Caribe (2013) Colombia celebra el Año Internacional de la Quinua Arquivado 09 de novembro de 2013 en Wayback Machine.; FAO. Consultada o 28 de setembro de 2012.
  12. Magnesium information WebMD
  13. Food that helps headaches
  14. "Quinoa: An Emerging "New" Crop with Potential for CELSS" (PDF). Consultado o 29 de setembro de 2012. 
  15. "Quinoa". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 6 de xullo de 2013. 
  16. "Plant List, febrero 2013". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 29 de abril de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Tapia, Mario; H: Gandarillas; S. Alandia; A. Cardozo; A. Mujica; R. Ortiz; V. Otazu; J. Rea; B. Salas e E. Zanabria. 1979: Quinua y Kañiwa cutivos andinos. CIID; editorial IICA, Bogotá.- ISBN 0-88936-200-9
  • Aguirre Rengifo J; Cabrera Galvis A. 2006: Semillas de Resistencia Alimentaria, La Quinua y la Maca Alimentos Andinos del Futuro. Ediciones Frutos de Utopía Bogotá https://web.archive.org/web/20180330210003/http://frutosdeutopia.org/
  • Ministerio de Agricultura do Perú. Portal Agrario. https://web.archive.org/web/20060907232020/http://www.portalagrario.gob.pe/quinua.shtml
  • Pulvento C., M. Riccardi, A. Lavini, R. d’Andria, & R. Ragab (2013). "SALTMED Model to Simulate Yield and Dry Matter for Quinoa Crop and Soil Moisture Content Under Different Irrigation Strategies in South Italy.". Irrigation and drainage. doi:10.1002/ird.1727. 
  • Cocozza C., C. Pulvento, A. Lavini, M.Riccardi, R. d’Andria & R. Tognetti (2012). "Effects of increasing salinity stress and decreasing water availability on ecophysiological traits of quinoa (Chenopodium quinoa Willd.).". Journal of agronomy and crop science. doi:10.1111/jac.12012. 
  • Pulvento C, Riccardi M, Lavini A, d'Andria R, Iafelice G, Marconi E (2010). "Field Trial Evaluation of Two Chenopodium quinoa Genotypes Grown Under Rain-Fed Conditions in a Typical Mediterranean Environment in South Italy". Journal of Agronomy and Crop Science 196 (6): 407–411. doi:10.1111/j.1439-037X.2010.00431.x. 
  • Pulvento, C., Riccardi, M., Lavini, A., Iafelice, G., Marconi, E. and d’Andria, R. (2012). "Yield and Quality Characteristics of Quinoa Grown in Open Field Under Different Saline and Non-Saline Irrigation Regimes". Journal of Agronomy and Crop Science 198 (4): 254–263. doi:10.1111/j.1439-037X.2012.00509.x. 
  • Gómez-Caravaca, G. Iafelice, A. Lavini, C. Pulvento, M.Caboni, E.Marconi (2012). "Phenolic Compounds and Saponins in Quinoa Samples (Chenopodium quinoa Willd.) Grown under Different Saline and Non saline Irrigation Regimens". Journal of Agricultural and Food Chemistry 60 (18): 4620–4627. doi:10.1021/jf3002125. 
  • Pretensión francesa de patentar uso cosmético de la quinua. Perú21.pe, 7 de febreiro de 2009
  • Geerts S, Raes D (2009). "Deficit irrigation as an on-farm strategy to maximize crop water productivity in dry areas". Agric. Water Manage 96: 1275–84. doi:10.1016/j.agwat.2009.04.009. 
  • Geerts S, Raes D, García M, Vacher J, Mamani R, Mendoza J, Huanca R, Morales B, Miranda R, Cusicanqui J, Taboada C (2008). "Introducing deficit irrigation to stablize yields of quinoa (Chenopodium quinoa Willd.)". Eur. J. Agron. 28: 427–436. doi:10.1016/j.eja.2007.11.008. 
  • Geerts S, Raes D, García M, Mendoza J, Huanca R (2008). "Indicators to quantify the flexible phenology of quinoa (Chenopodium quinoa Willd.) in response to drought stress". Field Crop. Res. 108: 150–6. doi:10.1016/j.fcr.2008.04.008. 
  • Geerts S, Raes D, García M, Condori O, Mamani J, Miranda R, Cusicanqui J, Taboada C, Vacher J (2008). "Could deficit irrigation be a sustainable practice for quinoa (Chenopodium quinoa Willd.) in the Southern Bolivian Altiplano?". Agric. Water Manage 95: 909–917. doi:10.1016/j.agwat.2008.02.012. 
  • Geerts S, Raes D, García M, Taboada C, Miranda R, Cusicanqui J, Mhizha T, Vacher J (2009). "Modeling the potential for closing quinoa yield gaps under varying water availability in the Bolivian Altiplano.". Agric. Water Manage 96: 1652–1658. doi:10.1016/j.agwat.2009.06.020. 
  • Geerts S, Raes D, García M, Miranda R, Cusicanqui J, Taboada C, Mendoza J, Huanca R, Mamani A, Condori O, Mamani J, Morales B, Osco V, Steduto P (2009). "Simulating Yield Response of Quinoa (Chenopodium quinoa Willd.) to Water Availability with AquaCrop.". Agron. J. 101: 499–508. doi:10.2134/agronj2008.0137s. 
  • AquaCrop: the new crop water productivity model from FAO
  • Escolma de receitas con quinoa (en castelán)
  • Jorge Barreno, La quinua, alimento de dioses, en El Mundo, 20 de xaneiro de 2013 (en castelán)
  • Juan Carlos Fola, Quinua, alimento de los Dioses, en Fondo de Olla, 12 de marzo de 2013 (en castelán)
  • A Quinoa: O Arroz Andino de Alto Valor Nutritivo (en castelán)