Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Kirguizistán

país de Asia Central
(Redirección desde «Quirguisia»)

Kirguizistán[1] é un país de Asia Central. Extremadamente montañoso, poboado orixinariamente por poboacións nómades. Foi república da URSS, e volveuse independente despois da fin desta última, no 1991. Dirixido entre 1990 e 2005 por Askar Akaiev, o país está hoxe[cando?] en día nunha situación política confusa despois da revolución dos tulipáns que atravesou.

Modelo:Xeografía políticaKirguizistán
Кыргызстан (ky) Editar o valor en Wikidata

HimnoHimno nacional de Kirguizistán Editar o valor en Wikidata

Lema«Gwerddon ar y Ffordd y Sidan Ysblennydd» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°N 75°L / 41, 75
CapitalBixkek Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación6.694.200 (2021) Editar o valor en Wikidata (33,48 hab./km²)
Lingua oficiallingua rusa
kirguiz Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie199.951 km² Editar o valor en Wikidata
Auga3,6 % Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico Jengish Chokusu (pt) Traducir (7.439 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoKara Darya (pt) Traducir (132 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1991 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor en WikidataSadyr Japarov (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCabinet of Ministers of Kyrgyzstan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataAkylbek Japarov (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoConsello Supremo , (Escano: 120) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal8.740.681.889 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedasom kirguiz Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.kg Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+996 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia101, 102, 103 e 161 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísKG Editar o valor en Wikidata

Páxina webgov.kg… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453274

Historia

editar

A rexión correspondente ao Kirguizistán foi poboada no século XV e século XVI polos kirguiz, un pobo nómade turco orixinalmente situado, hai 2000 anos, no nordeste de Mongolia e que primeiro se desprazara cara ao sur da Siberia entre o século VI e o século VIII, e logo cara á rexión de Tuva ata o século XIII. O islam converteuse na relixión principal da rexión contra o século XII; a maior parte de kirguiz son musulmáns sunnitas da escola hanafita.

Ao comezo do século XIX, o sur do territorio cae baixo o control do Khanato de Kokand. Foi formalmente incorporado ao Imperio Ruso no 1876. A represión de varias revoltas empuxa a un certo número de habitantes a emigrar cara a Afganistán e á China.

En 1918, fundouse un soviet dentro da rexión e a oblast autónoma Kara-Kirguiz creouse no 1924 no seo da URSS. No 1926, convértese na República Socialista Soviética Autónoma de Kirguizistán. No 1936, a República Socialista Soviética de Kirguizistán foi integrada coma membro da URSS.

Despois das revoltas políticas sobrevidas a partir da fin dos anos 1980 na Unión Soviética, organizáronse eleccións libres no Kirguizistán en 1990, que dan a vitoria a Askar Akaiev no posto de presidente en outubro do mesmo ano. O país troca de nome e convértese na República do Kirguizistán en decembro de 1990, mentres que Frunze, a capital, foi rebautizada co seu nome presoviético de Bixkek en febreiro de 1991.

Logo do intento de golpe de estado en Moscova que marcou a fin da URSS, o Kirguizistán vota pola independencia da URSS o 31 de agosto do 1991. Adhírese porén á Comunidade de Estados Independentes á fin dese mesmo ano.

No curso dos anos seguintes, o poder, sempre ostentado por Askar Akaiev, faise visiblemente cada vez máis autoritario. As eleccións lexislativas do 27 de febreiro e do 13 de marzo de 2005 foron denunciadas coma fraudulentas, particularmente polos observadores da OSCE. Os problemas comezaran a finais de marzo cando se transformaran rapidamente no sur do país en manifestacións pedindo a dimisión do goberno; o 24 de marzo, 15 000 manifestantes partidarios da oposición asaltan o edificio da presidencia despois dos rumores en canto á fuxida do presidente Akaiev fóra do país. É a «Revolución dos Tulipáns».

Na fin de marzo do 2005, os xefes da oposición estableceron un goberno interino e prometeron proceder rapidamente a unhas novas eleccións a fin de acadar unha lexitimidade definitiva.

Política

editar

A Constitución de 1993 define o estatuto político do país coma unha república democrática. O poder executivo está composto polo presidente e por un primeiro ministro. O poder lexislativo é bicameral. O poder xudicial componse dunha Corte suprema, dunha Corte constitucional, Cortes locais e un procurador xeral.

En marzo 2002, estoupan os problemas no distrito de Aksi con manifestacións pedindo a liberación dun opositor político. A represión comandada polo primeiro ministro Kurmanbek Bakiev mata seis persoas. Pouco despois, o presidente Akaiev acepta a dimisión de Bakiev das súas funcións e substitúeo por Nikolai Tanaiev. O presidente Askar Akaiev lanza unha reforma constitucional, á que foi convidada a oposición e a sociedade civil, que a conclúen en febreiro do 2003 cun referendo, verdadeiramente cheo de irregularidades. As emendas á constitución transforman entre outros o parlamento bicameral nun parlamento unicameral de 75 cadeiras a partir das eleccións de febreiro 2005.

Despois da «Revolución das Tulipas» que segue a estas eleccións, o goberno interino prometeu novas estruturas políticas e arranxar certos problemas constitucionais. A dimisión forzada do antigo presidente Askar Akaiev é aceptada polo Parlamento kirguiz o 11 de abril do 2005. Esta decisión permite unha nova elección presidencial o 10 de xullo do 2005.

Subdivisións

editar

Kirguizistán está dividido en 7 rexións ou oblastary (en singular, oblasty) e unha cidade (shaary). Os seus centro administrativos levan xeralmente o mesmo nome (excepcións entre parénteses na lista que segue):

Organización territorial de Kirguistán
Rexión Capital Área
(km²)
Poboación
(2005)
Mapa
1. Bixkek (shaar) Bixkek 127 900 000  
2. Batken Batken 16 995 400 400
3. Chuy Bixkek 20 200 818 000
4. Jalal-Abad Jalal-Abad 33 700 962 200
5. Naryn Naryn 45 200 269 700
6. Osh Osh 29 200 1 299 500
7. Talas Talas 11 400 216 100
8. Isiq-Köl Karakol 43 100 450 700
Kirguizistán Bixkek 198 500 5 316 600

Xeografía

editar
 
Mapa de Kirguizistán.
 
Vista satélite de Kirguizistán.

Kirguizistán é un país de Asia central, encadrado pola China ao leste e sueste, Casaquistán ao norte, Uzbekistán ao oeste e Taxiquistán ao suroeste. Cunha superficie de 198 500 km², o país está totalmente encravado e non ten acceso ao mar.

O país é case totalmente montañoso; ao leste, a cadea do Tian Xan marca a fronteira coa China e culmina a 7.439 no Pico Pobedy (Vitoria en ruso), que é o cumio do país. Ao oeste, as cadeas do Fergana (ao norte) e do Pamir Alay (ao sur). A cadea do Pamir Alay culmina no Pico Lenin de 7 134 m.

Estea zonas montañosas dividen en dous ao país, o norte e o sur; estes dous non se comunican máis que por portos situados a máis de 2.700 m de altitude.

As cidades do Kirguizistán sitúanse nas zonas máis baixas do país. Ao norte, a capital Bixkek atópase a 800 m.

Ao leste está o lago Ysik forma un pequeno mar interior de 6.332 km² a 1.620 m de altitude, o segundo máis grande lago de montaña do mundo (despois do lago Titicaca). Profundo de 702 m, o lago está salgado e non se conxela no inverno.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Kirguizistán.

O Kirguizistán é un país dabondo pobre, cunha economía baseada na agricultura. Antes da caída da URSS no 1991, o 98 % das exportacións do Kirguizistán eran destinadas a Union soviética; despois da caída desta, freouse considerablemente a produción do país ao comezo dos 1990. Reformas importantes foron acometidas (o Kirguizistán foi a primeira república do antigo bloque soviético en ser admitida na Organización Mundial do Comercio en decembro do 1998).

A agricultura é o principal sector de actividade do país, empregando en 2002 a metade da poboación e producindo o 35,6% do PIB.

Kirguizistán exporta principalmente metais non-ferrosos e das minerais, produtos manufacturados en la e agrícolas, enerxía eléctrica etc. As importacións comportan do petróleo, do gas natural, metais ferrosos, produtos químicos etc. Os seus socios comerciais principais son Rusia, Casaquistán, China, os Estados Unidos, Uzbekistán e Alemaña.

  • PIB : 1603 millóns de US$
  • Crecemento : 7,1 % en 2004.
  • 2/3 da poboación vive na pobreza.

Demografía

editar
 
Evolución da demografía entre 1992 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

O 69,5% da poboación é de orixe kirguiz, un grupo étnico turco presentando influencias mongois e chinesas e estando historicamente constituído por bergares semi-nómades.

Poboación (2003, fonte : Banco mundial de institutos estatísticos): 5 millóns de habitantes

Esperanza de vida (2003: Banco mundial de institutos estatísticos): 68,6 anos

Taxa de alfabetización de adultos (2001): 97 %

Renda nacional bruto por habitantes en dólares (2003, está.): 340

Cultura

editar
 
Vista de Bixkek

Tradicionalmente un pobo nómade, os kirguiz, seguen ligados a estas tradicións e ao modo de vida nómade está aínda mantido considerablemente, mentres que a liberdade que el implica ten un impacto sobre a mentalidade do país.

A relixión principal é o islam sunnita, da escola hanafita.

A lingua kirguiz pertence ao grupo das linguas turcas. No 1924 introducíuse un alfabeto baseado no alfabeto árabe, que foi substituído polo alfabeto latino en 1928. En 1941 adoptouse deinitivamente o alfabeto cirílico.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kirguiz.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar