Uzbekistán
Uzbekistán[1][2] (en uzbeko: Oʻzbekiston), é unha república ex-soviética de Asia Central, limitada ao norte por Casaquistán, ao leste por Kirguizistán e por Taxiquistán, ao sur por Afganistán e a sur e ao oeste por Turkmenistán. Alén do territorio principal, inclúe tamén os enclaves de Sokh e de Iordan, no Kirguizistán. A súa capital é a cidade de Tashkent.
Oʻzbekiston (uz) Oʻzbekiston Respublikasi (uz) | |||||
Himno | Himno Nacional da República de Uzbequistán | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Tashkent | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 34.915.100 (2021) (77,77 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua usbeka | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 448.978 km² | ||||
Punto máis alto | Khazret Sultan (pt) (4.643 m) | ||||
Punto máis baixo | Lago Sariqamish (pt) (−12 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1991 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | presidencialismo | ||||
• Presidente (pt) | Shavkat Mirziyoyev (2016–) | ||||
Órgano executivo | Government of Uzbekistan (en) | ||||
• Primeiro-ministro (pt) | Abdulla Aripov (pt) (2016–) | ||||
Órgano lexislativo | Oliy Majlis (pt) , (Escano: 150) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 69.238.900.000 $ (2021) | ||||
Moeda | Som uzbeko | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | UTC+5 (pt) Asia/Samarkand (en) (→ Karakalpaquistán, Provincia de Buxoro, Provincia de Navoiy, Provincia de Qashqadaryo, Provincia de Samarcanda, Surxondaryo (pt) , Provincia de Corasmia) Asia/Tashkent (en) (→ Tashkent, Provincia de Andijon, Provincia de Fergana, Provincia de Jizzax, Provincia de Namangan, Sirdaryo (pt) , Provincia de Tashkent) | ||||
Dominio de primeiro nivel | .uz | ||||
Prefixo telefónico | +998 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 | ||||
Código de país | UZ | ||||
Páxina web | gov.uz… | ||||
Historia
editar- Artigo principal: Historia de Uzbekistán.
Durante séculos, o actual territorio de Uzbekistán estivo integrado intermitentemente no Imperio Persa. Antes da chegada gradual de invasores turcos, a área estivo poboada por elementos escitas e xentes de fala persa e de estirpe iraniana, que aínda comprenden unha gran minoría en Uzbekistán e son chamados hoxe en día taxicos. Desde a Idade Moderna, os emiratos en que se dividía o país (Buxara, Samarcanda e outros) foron estados tapón entre as aspiracións persas e chinesas, e posteriormente rusas.
No século XIX, o Imperio Ruso comezou a se expandir por Asia Central. O período do "Gran Xogo" é xeralmente considerado como continuo aproximadamente desde 1813 ata a convención Anglo-Rusa de 1907. Seguindo á revolución bolxevique de 1917, seguiu unha segunda fase menos intensiva.
En principios do século XX, Asia Central estaba firmemente nas mans de Rusia e a pesar dalgunha resistencia aos bolxeviques, Uzbekistán e o resto de Asia Central pasaron a ser parte da Unión Soviética.
O 1 de setembro de 1991, Uzbekistán declarou a independencia de mal grado. Mentres as repúblicas bálticas levaban a loita pola independencia, os estados da Asia Central tiñan medo dela. "As forzas centrífugas que romperon a Unión foron as máis febles en Asia Central. Despois do intento de golpe de estado de agosto de 1991, tódolos líderes de Asia Central creron que a Unión podería ser preservada dalgún xeito", escribiu Michael McFaul en Russia's Unfinished Revolution.
Política e goberno
editarConstitucionalmente, o Goberno de Uzbekistán establece a separación de poderes, a liberdade de expresión e a democracia representativa. Na realidade, o executivo retén case todo o poder. O poder xudicial non salienta pola súa independencia, e o parlamento, que se reúne soamente uns poucos días por ano, ten pouco poder para dar forma ás leis.
O presidente escolle aos gobernadores provinciais.
No marco do referendo de decembro de 1995, o primeiro mandato de Karimov foi prorrogado. Outro referendo nacional tivo lugar o 27 de xaneiro de 2002 para, de novo, prorrogar o seu mandato. O referendo aprobouse e o mandato de Karimov foi estendido por unha lei do Parlamento ata decembro de 2007.
A maioría de observadores internacionais declinaron participar no proceso e non recoñeceron os resultados rexeitándoos por non reunir os estándares básicos.
O referendo de 2002 tamén incluía un plan para crear un Parlamento bicameral. O edificio que debe abrigar tal parlamento está actualmente en construción. As eleccións para o novo Parlamento bicameral tiveron lugar o 26 de decembro mais ningún candidato ou partido opositor verdadeiramente independente tivo a oportunidade de participar. A misión de observación limitada da OSCE concluíu que as eleccións apenas atinxiron os estándares internacionais para unhas eleccións democráticas.
Formáronse varios partidos políticos coa aprobación do Goberno mais non mostraron aínda interese por defender alternativas á política do goberno. Similarmente, aínda que se estableceron múltiples medios de comunicación (radio, televisión, prensa), estes tamén se atopan baixo o control do goberno e raramente tratan temas políticos.
Permítese aos partidos políticos a súa creación, o recrutamento, e a posibilidade de celebrar convencións e conferencias de prensa, mais denegóuselles a súa posibilidade de rexistro baixo uns procedementos de rexistro restritivos.
O 28 de marzo e o 1 de abril de 2004 perpetráronse atentados terroristas en Tashkent e Bukhara. Aínda non se esclareceu quen cometeu os ataques. A reacción do goberno aos ataques, ata o momento, refreouse.
Subdivisións
editar- Artigo principal: Subdivisións de Uzbekistán.
O país divídese en:
Xeografía
editar- Localización: Centro-oeste de Asia.
- Área total: 447.400 km² (terra: 425.400 km²; auga: 22.000 km²).
- Costa: O país está non ten saída para o mar, salvo unha extensión de 420 km de costa no sur do mar de Aral. De feito é un dos dous únicos países do mundo, xunto con Liechtenstein, que está rodeado por países sen saída para o mar.
- Veciños: Afganistán, Casaquistán, Kirguizistán, Taxiquistán e Turkmenistán.
- Coordenadas: 41 00 N, 64 00 E
- Extensión total da fronteira: 6.221 km
- Extensión da fronteira cos países veciños: Afganistán (137 km), Casaquistán (2.203 km), Kirguizistán (1.099 km), Taxiquistán (1.161 km) e Turkmenistán (1.621 km).
- Terreo: A maior parte do territorio de Uzbekistán está formado por chairas (preto de catro quintos do territorio). Unha das principais é a chaira Turaniana. Ao leste e ao nordeste están as ramificacións situadas no Tien-tien-Shan. O Pamir é o punto máis elevado do país, con 4.643 m. Tamén ten un dos maiores desertos do mundo, Kizilkums, situado na parte central de Uzbekistán.
- Recursos minerais: O país posúe xacementos de gas natural, carbón, ouro, cobre, tungsteno, e bismuto. Hai pozos de petróleo abertos.
- Clima: O clima do país é na maior parte desértico-continental. A diferenza das temperaturas, conforme as épocas do ano, é significativa. A temperatura media en xaneiro está por debaixo dos -6 Cº. A media das temperaturas máximas en xullo é maior de 32 Cº. A cantidade de chuvia é pequena, facendo que a agricultura dependa na maior parte de irrigación.
- Ríos internos: A maioría deles secan, soamente o Amu-Darya e mailo Sir-Darya van dar ao Mar de Aral.
Economía
editar- Artigo principal: Economía de Uzbekistán.
Uzbekistán era unha das zonas máis pobres da antiga Unión Soviética con máis do 60% da súa poboación vivindo en comunidades rurais densamente poboadas. Uzbekistán é actualmente o 3º maior exportador de algodón do mundo, un gran produtor de ouro e gas natural, e a nivel rexional un importante produtor de produtos químicos e maquinaria.
Demografía
editarNotas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para uzbeko.
- ↑ A forma Usbequistán tamén é utilizada nalgunhas publicacións.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uzbekistán |
Bibliografía
editar- McFaul, M., Russia's unfinished revolution: political change from Gorbachev to Putin, Cornell University Press, 2001. ISBN 0-8014-3900-0 (en inglés)