Río Orange
O río Orange é o segundo río máis importante do sur de África despois do río Zambeze e o máis importante da república de Suráfrica. Nace nos montes Drakensberg en Suráfrica[1] e percorre a fronteira entre este país e Lesotho, a uns 193 km da costa do océano Índico. O río Orange encamíñase non obstante cara ao oeste, nun percorrido de 2.200 km, trazando a fronteira meridional da Provincia do Estado Libre. Posteriormente discorre delimitando a fronteira entre Namibia e Suráfrica e desemboca no océano Atlántico na cidade de Alexander Bay, a metade de camiño entre Walvis Bay e Cidade do Cabo.
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | África | ||||
País da cunca | Lesoto | ||||
Localización | Drakensberg | ||||
Final | |||||
División administrativa | mar a fóra | ||||
Localización | Océano Atlántico | ||||
| |||||
Afluentes | Malibamat'so River (en) , Senqunyane River (en) , Rio Makhaleng (pt) , Rio Caledon (pt) , Rio Vaal (pt) , Rio Fish (pt) , Rio Molopo (pt) , Gamkabrivier (en) , Kraai River (en) , Tele (en) | ||||
Conca hidrográfica | Bacia do rio Orange (pt) | ||||
Características | |||||
Altitude | 1.400 m | ||||
Dimensións | 2.200 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 973.000 km² | ||||
Sitio Ramsar | |||||
Medicións | |||||
Caudal | 800 m³/s | ||||
O seu afluente máis destacado é o río Vaal, que tamén nace na cordilleira Drakensberg, ao leste de Xohanesburgo e forma a fronteira entre o Transvaal e o Estado Libre, antes de unirse co Orange ao sueste de Kimberley. Tras unirse co Vaal, o Orange percorre os terreos áridos e salvaxes do sur da rexión de Kalahari e Namaqualand.
Durante os últimos 800 km do seu curso recibe moitos regueiros intermitentes e varios wadis. O volume do caudal redúcese considerablemente debido á evaporación. Na estación de chuvias, o Orange convértese nun impetuoso torrente.
O río é un dos que leva máis arrastres de terras no mundo, estimándose nuns 60 millóns de toneladas anuais.[1] No seu percorrido alimenta o encoro de Gariem (Gariem Damp), cun muro de 88 m de altura e 900 m de lonxitude cerrando o lago artificial duns 360 km2.[1]
O río foi descuberto por europeos en 1760 e foi bautizado co nome da Casa de Orange dos Países Baixos arredor de 1777-79.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Earth from Space: Gariep Dam, South Africa". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-03-26.