Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Maximilien de Robespierre

(Redirección desde «Robespierre»)


Maximilien François Marie Isidore de Robespierre, nado en Arras o 6 de maio de 1758 e finado en París o 28 de xullo de 1794, foi un líder da Revolución Francesa. Os seus partidarios coñecíano como "o incorruptible" debido á súa dedicación moral austera á revolución. Era un membro influente do comité da seguridade pública, e unha figura fundamental no período da revolución coñecida comunmente como o reino do terror. A súa detención e execución en 1794 puxo fin ao terror. Politicamente foi discípulo de Jean-Jacques Rousseau, entre outros filósofos da Ilustración, e voceiro capaz da burguesía esquerdistas.

Modelo:BiografíaMaximilien de Robespierre

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Maximilien de Robespierre (Español) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de maio de 1758 Editar o valor en Wikidata
Arras, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xullo de 1794 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, decapitación Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière des Errancis (pt) Traducir
Catacumbas de París Editar o valor en Wikidata
45º President of the National Convention (en) Traducir
4 de xuño de 1794 – 19 de xuño de 1794
← Claude-Antoine Prieur-Duvernois (pt) TraducirÉlie Lacoste (pt) Traducir →
26º President of the National Convention (en) Traducir
22 de agosto de 1793 – 5 de setembro de 1793
← Marie-Jean Hérault de Séchelles (pt) TraducirJacques-Nicolas Billaud-Varenne (pt) Traducir →
Deputado da Asemblea Nacional
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónDeísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand - dereito (1769–1781) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xornalista, avogado, revolucionario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoClube Jacobino (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
5 de maio de 1789Revolución Francesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
PaiFrançois de Robespierre Editar o valor en Wikidata
IrmánsAugustin Robespierre
Charlotte de Robespierre Editar o valor en Wikidata
Condenado porhomicidio Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1037087 Musicbrainz: 4215cb73-15e8-45e1-aa9e-635e71c863b7 WikiTree: Robespierre-1 Find a Grave: 10339684 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Robespierre decidiu presentarse ás eleccións aos Estados Xerais de abril de 1789, facéndose coñecido na súa localidade polo panfleto Adresse à la nation artésienne. Aínda que os principais oligarcas da provincia presentáronse para a elección, o 26 de abril Robespierre foi electo como o quinto deputado do Terceiro Estado.

Ao reunirse os estados xerais en Versalles o 5 de maio de 1789, a paixón de Robespierre xa empezou a ser evidente. Mirabeau dixo del: Este novo home cre no que di, vai chegar lonxe.

Grande orador na Asemblea Constituínte (rexístranselle uns 150 discursos ata 1791), foise afianzando como un dos líderes do pequeno grupo de extrema esquerda denominado desprezativamente por Mirabeau "as trinta voces".

Desde a época dos Estados Xerais, Robespierre participara no club dos amigos da constitución, que ao trasladar o seu recinto ao edificio dos freires xacobinos serían coñecidos como os xacobinos. Rodeado de persoas da súa orixe e clase social, Robespierre foi gañando terreo ata converterse no líder absoluto do movemento no verán de 1792.

A fuga do rei a Varennes arruinou as posibilidades dunha monarquía constitucional viable. Aínda que Robespierre gardou cautela, miles de manifestantes decidiron pedir a abdicación do rei no Campo de Marte o 17 de xullo de 1791, recibindo como resposta as balas do batallón ao mando de La Fayette. Os líderes de esquerda temeron pola reacción, Marat pasou á clandestinidade, Danton a Inglaterra, pero Robespierre mantívose en París, limitándose a mudarse á residencia de Maurice Duplay, un ebanista que residía na Rue Saint-Honoré e simpatizante xacobino, reforzando a súa posición ao manterse en París e co seu club durante esta grave situación.

O 30 de setembro, na disolución da asemblea constituínte, o pobo de París destacou a Pétion e a Robespierre, como dous patriotas incorruptibles.

Entrou no comité do público o 9 de termidor do ano I (27 de xullo de 1793), converteuse no amo da ditadura xacobina, impoñendo un réxime do terror, nel regulacións de urxencia eran consideradas esenciais para a seguridade interior, seriamente ameazado da república (insurrección no Vendée) como no exterior (guerra contra os países europeos). Logo da eliminación dos extremistas (Hebertistas e Enragés, 24 de marzo de 1794), considerados demagóxicos, e máis tarde dos clementes (agrupados ao redor de George Danton, 5 de abril de 1794), Robespierre no intento de impoñer o seu ideal da república democrática e virtuosa, sostida por pequenos propietarios libres e iguais en dereitos, dándolle un coroamento espiritual coa institución do Culto ao Ser Supremo.

Véxase tamén

editar

Artigos relacionados

editar