Templo do Ceo
O Templo do Ceo (en chinés tradicional 天壇, en chinés simplificado 天坛, en pinyin "Tiāntán") é un complexo de templos taoístas en Pequín, o maior do seu xénero en toda a República Popular da China. Foi construído no ano 1420 e foi utilizado tanto pola Dinastía Ming como pola Dinastía Qing para pedir a intercesión celestial para as colleitas (na primavera) e dar grazas ao Ceo polos froitos obtidos (no outono). En 1998 foi catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
(zh-hant) 天壇 | |||||
Tipo | templo | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Tiantan Subdistrict, República Popular da China (en) | ||||
| |||||
Características | |||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 215 ha zona de protección: 3.155,75 ha | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → Asia-Oceanía insular | ||||
Data | 1998 (22ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (iii) | ||||
Identificador | 881 | ||||
Monumentos da República Popular da China | |||||
Data | 4 de marzo de 1961 | ||||
Historia | |||||
Cronoloxía | |||||
1406-1420 | construción | ||||
Código do catálogo | primeira lista dos grandes bens culturais protexidos a escala nacional: 105. | ||||
Páxina web | tiantanpark.com… | ||||
Está situado no parque Tiantan Gongyuan, ao sur de Pequín. O Templo do Ceo inclúe ao norte a Sala de oración polas Boas Colleitas; ao sur, o Altar Circular e a Bóveda Imperial Celestial.
O conxunto está rodeado dunha muralla interior e outra exterior formadas por unha base rectangular que simboliza a Terra, rematadas con formas arredondadas para simbolizar o Ceo. As murallas dividen o recinto en dúas zonas: a interior e a exterior.
Sala da Oración polas Boas Colleitas
editarEste templo, (en chinés 天坛), é talvez o edificio máis coñecido de todo o conxunto e un dos máis representativos da cidade de Pequín. Trátase dunha construción circular, de 30 metros de diámetro e 38 metros de altura. Construído sobre tres terrazos circulares de mármore branco, o edificio érguese sobre 28 piares de madeira e muros de ladrillo. Non ten ningunha viga.
A sala ten un triplo tellado construído con tellas de cor azul e está rematado por unha bóla dourada na súa cúpula. Este edificio foi destruído por un incendio en 1899 e reconstruído no ano seguinte.
Altar Circular
editarO Altar Circular ou Altar do Ceo é unha construción aberta ligada á Sala da Oración polas Boas Colleitas mediante un camiño de pedra e ladrillos de máis de 350 metros de lonxitude. Construído en 1530, o altar consta de tres terrazos concéntricos rodeados de varandas de mármore branco.
Cada tramo das escadas que conducen ao cumio do altar ten 9 chanzos, xa que os chineses consideran o número 9 como número de boa sorte. A acústica especial do lugar permite que, se alguén fala no centro do altar, o son aumente e se escoite en todos os lugares da sala.
Bóveda Imperial Celestial
editarAquí era onde os emperadores rendían homenaxe aos seus antepasados. Trátase dunha construción moi parecida á Sala da Oración polas Boas Colleitas, aínda que dun tamaño menor: 19 metros de altura por 15,6 metros de diámetro.
A bóveda está rodeada polo muro do eco, unha singular construción redonda de cerca de 60 metros de diámetro. Unha persoa pode colocarse en calquera punto do muro e a súa voz ouvirase claramente no punto oposto, xa que o son se transmite ao longo da superficie da parede.