Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

C/wchar.h

En Galilibros, o Wikibooks en galego.
< C
C
← Volver a time.h wchar.h Seguir con wctype.h


Este ficheiro de cabeceira permite traballar con caracteres de distinto tamaño en bytes. Pode incluírse nun código fonte mediante a seguinte directriz:

#include <wchar.h>

Funcións

[editar]

wcscmp

[editar]

O seu prototipo é o seguinte:

int wcscmp(const wchar_t *s1, const wchar_t *s2)

É o equivalente a strcmp para cadeas de caracteres de tamaño variable. Compara as cadeas de caracteres apuntadas por s1 e s2.

wcsncmp

[editar]

O seu prototipo é o seguinte:

int wcsncmp(const wchar_t *s1, const wchar_t *s2, size_t n)

É o equivalente a strncmp para cadeas de caracteres de tamaño variable. É idéntica a wcscmp, salvo porque só compara os primeiros n caracteres de s1.

wcscasecmp

[editar]

O seu prototipo é o seguinte:

nt wcscasecmp(const wchar_t *s1, const wchar_t *s2)

É o equivalente a strcasecmp para cadeas de caracteres de tamaño variable. Compara as cadeas de caracteres apuntadas por s1 e s2, sen diferenciar entre maiúsculas e minúsculas.

wcsncasecmp

[editar]

O seu prototipo é o seguinte:

int wcsncasecmp(const wchar_t *s1, const wchar_t *s2, size_t n)

É idéntica a wcscasecmp, salvo porque só compara os primeiros n caracteres de s1.


C
← Volver a time.h wchar.h Seguir con wctype.h