Alejandro Sanz
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alejandro Sánchez Pizarro 18 de decembro de 1968 (55 anos) Madrid, España |
Residencia | Miami (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico, compositor, cantante, guitarrista |
Período de actividade | 1989 - |
Xénero artístico | Pop latino |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Warner Music Group |
Familia | |
Cónxuxe | Raquel Perera (2012–2020) Jaydy Michel (1999–2002) |
Premios | |
| |
Páxina web | alejandrosanz.co |
Alejandro Sánchez Pizarro, nado en Madrid o 18 de decembro de 1968, de nome artístico Alejandro Sanz, é un músico, compositor e cantante español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo máis novo de María Pizarro e Jesús Sánchez, provén do barrio madrileño de Moratalaz, con raíces de Alcalá de los Gazules (Cádiz), Alxeciras e Santiago de Compostela, de onde era natural o seu avó paterno.[1] A súa vida estivo sempre ligada á música, sendo o seu pai unha grande influencia musical para el.
Na súa mocidade formou parte de varios grupos musicais. Unha das anécdotas que conta é que de tanto practicar coa súa guitarra, unha mañá con 7 anos, a súa nai, farta do ruído, rompeulle a guitarra. Para arranxala púxolle a foto dun paxaro do anuncio dunha cámara de fotografía, o que fixo que os seus amigos lle chamasen "el niño del pajarito". A súa carreira comeza a finais dos 80, ó gravar o disco Los chulos son pa' cuidarlos de tinguidura xuvenil, baixo o nome de Alejandro Magno, álbum que pasou desapercibido.
Pouco despois, en 1990, participa xunto a Tino Casal no segundo disco de Juan Carlos Valenciaga, Como un placer. Cando Tino Casal morre, un amigo deste regálalle o bastón de metacrilato que usou na época de "Eloise", que conserva como ouro en pano na súa casa.
A súa auténtica engalaxe dáse en 1991, cando asina co selo Warner e grava o disco Viviendo deprisa, con 10 cancións da súa autoría e baixo a produción de Miguel Ángel Arenas, "Capi". Ninguén lle vaticinaba éxito debido á súa letras complexas que dicían que non encaixaban coa mocidade da época. Desta produción destacaron "Los dos cogidos de la mano", "Pisando fuerte" e "Se le apagó la luz". O seu estilo romántico dirixíase principalmente ó público feminino.
No seu segundo disco foise a gravar a Londres repetindo na produción Miguel Ángel Arenas e sumándose Nacho Mañó. O disco confirmoulle como autor en composicións como "Si tú me miras" e "Cómo te echo de menos". Tralo éxito que supuxo esta produción, en 1994 gravou un especial acústico con cinco cancións de ambos os dous discos; esta produción en compañía de Los 40 principales chamouse Básico. En 1995, a canción "La fuerza del corazón" fixo deste madrileño unha figura coñecida en varios países. Por mor do seu álbum Más e principalmente do éxito da súa canción "Corazón partío" que quedou 70 semanas como mellor canción, a súa consideración popular cambiou radicalmente e o seu público ampliouse a persoas de todas as idades e de ambos os sexos, e pasou a ser un dos artistas máis coñecidos de España e toda América Latina, así como nos Estados Unidos.
En 1998 apadriñou a Malú. Alejandro Sanz compúxolle unha canción que se chama "Aprendiz". O disco Aprendiz de Malú mantívose na lista AFYVE durante 28 semanas e vendéronse 400.000 copias.
Nos seus últimos discos o seu son foise afastando máis e máis do son pop orixinal, achegándose ós poucos ó flamenco e outros sons máis mediterráneos.
En 2001, na súa crecente popularidade internacional, realiza colaboracións con artistas estranxeiros como The Corrs, grupo co que grava unha versión en inglés do seu tema "Ireime" titulada "The hardest day" e unha versión en castelán do tema de The Corrs "One Night" chamada "Una noche". Ese mesmo ano converteuse no primeiro español en gravar un Unplugged para a cadea televisiva MTV.
En 2003 gravou o álbum Non es lo mismo, que incluía un tema dedicado á catástrofe do Prestige.
No ano 2005 fixo un tema con Shakira, "La Tortura", que tivo grande éxito en países como España, México e os Estados Unidos; cantando esta canción coa colombiana converteuse no primeiro artista español que abriu unha gala dos Premios MTV Music.
Realizou colaboracións coas voces máis recoñecidas da música española e latina: Joaquín Sabina, Shakira, Lena, Malú, Niña Pastori etc.
O 25 de setembro de 2006 lánzase o tema "La primera persona", primeiro single do seu novo traballo titulado El tren de los momentos, traballo que saíu á venda a escala mundial o día 7 de novembro do mesmo ano. Neste novo disco Alejandro Sanz volve colaborar con Shakira, pero tamén o fai con outros artistas como Juanes, Calle 13 ou Álex González. O éxito deste disco non se fixo esperar e coouse na primeira semana no posto número 1 dos máis vendidos. O seguinte single viría da man da súa amiga profesional Shakira con "Te lo agradezco, pero no". O próximo en vir sería "Enséñame tus manos", balada con tempos lentos que nos recorda ós seus inicios.
O día 22 de maio de 2007 edita unha edición especial do seu exitoso álbum El tren de los momentos, no que se inclúen cancións inéditas así como un DVD con material inédito, os vídeos musicais, como se fixeron. Con esta publicación consegue meterse de novo entre os máis vendidos.
O 2 de outubro do 2007, Alejandro Sanz Sanz lanza o seu primeiro perfume que chamou Siete como "a maxia das sete notas musicais coas que leva compondo desde fai séculos". Este atópase en dúas versións, Siete Alejandro Sanz Woman e Siete Alejandro Sanz Man.
Discografía
[editar | editar a fonte]
1989: Los chulos son pa' cuidarlos (como Alejandro Magno)
En España vendeu 800.000 copias Vendas globais: 1 500 000 copias
En España vendeu 400.000 copias Vendas globais: 700.000 copias
En España vendeu 300.000 copias Vendas globais: 500.000 copias
En España vendeu 900.000 copias Vendas globais: 1 800 000 copias 1996: Alejandro Sanz 3 en italiano
1996: Alejandro Sanz 3 en portugués
Vendas globais dos dous discos: 1 300 000 copias
En España vendeu 2 300 000 copias Vendas globais: 7 300 000 copias 1998: Edición Especial Gira 98
Vendas en España: 150.000 copias |
1999: Best of Alejandro Sanz (sólo en EE.UU.) Vendeu nos Estados Unidos 500.000 copias
En España vendeu 1 300 000 copias Vendas globais: 5 500 000 copias 2001: El alma al aire (edición especial)
En España vendeu 550.000 copias Vendas globais: 2 000 000 copias
En España vendeu 850.000 copias Vendas globais: 2 500 000 copias 2004: No es lo mismo (edición especial xira)
En España vendeu 400.000 copias Vendas globais: 1 200 000 copias 2006: Reedición de todos sus álbums (remasterizados e con contido extra) |
En España leva vendidas 550.000 copias Vendas globais: 2 300 000 de copias 2007: El tren de los momentos (edición especial)
2007: El tren de los momentos (DVD En Vivo desde Bos Aires)
|
Premios e vendas
[editar | editar a fonte]- Sanz gañou un total de 17 Grammy Latino e 2 Grammy Awards.
- Vendeu máis de 25 millóns de álbums no mundo enteiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alejandro Sanz regresa a su «ciudad talismán»". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xuño de 2013. Consultado o 10 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandro Sanz |