Alfio Basile
(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1943 (81 anos) Bahía Blanca, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central e defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alfio Basile máis coñecido como Coco Basile, nado o 1 de novembro de 1943 en Bahía Blanca (Provincia de Buenos Aires) é un futbolista e adestrador arxentino retirado.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coma xogador
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira profesional no modesto Club Bella Vista, da súa cidade natal. En 1964 fichou polo Racing Club, onde permaneceu ata 1970 participando nunha grande época do equipo, que gañou o título de liga en 1966 e a Copa Libertadores e Copa Intercontinental en 1967.
En 1971 fichou polo CA Huracán, equipo que tivo que abandonar en 1975 por problemas no xeonllo.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Unha vez se retirou coma xogador profesional comezou a súa carreira de adestrador de fútbol. Pasou por gran número de equipos arxentinos, coma CA Huracán ou CA Rosario Central. Desta primeira época destaca Racing Club, co que gañou a Supercopa Suramericana e Supercopa Interamericana en 1988.
En 1991 substituíu Carlos Bilardo na dirección da Selección de fútbol da Arxentina de cara ao Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994, equipo no que adestrou a Gabriel Batistuta, Diego Armando Maradona ou Claudio Caniggia. Con este equipo gañou a Copa América en dúas ocasións (1991 e 1993) e a Copa Confederacións da FIFA (1992). A fase de clasificación para o Mundial tivo os seus clarescuros tendo que xogar unha fase de repesca ante o gañador do grupo de Oceanía, Australia, partidos para os que Maradona volveu ao equipo. O Mundial seguiu está tónica, comezou cunha goleada por catro a cero ante Grecia e rematou co equipo eliminado en oitavos de final ante Romanía trala expulsión de Maradona tras dar positivo nun control antidopaxe. Tras esta sorprendente eliminación Basile deixou o equipo, a pesar deste fracaso baixo a súa dirección o equipo marcou a maior racha de encontros sen perder da historia da selección arxentina, 33 encontros.
Nos seguintes anos Basile dirixiu a diversos equipos tanto arxentinos coma estranxeiros, coma o Club América de México, Club Nacional de Football do Uruguai ou Atlético de Madrid español. Porén non obtivo bos resultados con ningún destes equipos.
No ano 2000 recibiu o Premio Konex, coma un dos cinco mellores adestradores arxentinos da década.
En xullo de 2005 fichou polo CA Boca Juniors co que recollería varios títulos, tanto nacionais coma internacionais coa Recopa Suramericana en dúas ocasións, Torneo Apertura, Torneo Clausura e Copa Suramericana. O 15 de setembro foi substituído por Ricardo La Volpe para facerse cargo outra vez da Selección da Arxentina substituíndo a José Pekerman. Permaneceu no posto ata outubro de 2008 cando renunciou ao cargo tras a derrota ante a Selección de fútbol de Chile, o seu posto ocupouno Diego Armando Maradona.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Títulos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Equipo | País | Ano |
---|---|---|---|
Torneo Apertura | CA Boca Juniors | Arxentina | 2005 |
Torneo Clausura | CA Boca Juniors | Arxentina | 2006 |
Títulos internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Equipo | País | Ano |
---|---|---|---|
Supercopa Suramericana | Racing Club | Brasil | 1988 |
Copa Xigantes da Concacaf | Club América | Estados Unidos | 2001 |
Recopa Suramericana | CA Boca Juniors | Colombia | 2005 |
Copa Suramericana | CA Boca Juniors | Arxentina | 2005 |
Recopa Suramericana | CA Boca Juniors | Brasil | 2006 |
Coa selección da Arxentina
[editar | editar a fonte]- Nados en Bahía Blanca
- Nados en 1943
- Futbolistas da Arxentina
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Club Bella Vista
- Xogadores do Racing Club de Avellaneda
- Xogadores do CA Huracán
- Adestradores de fútbol da Arxentina
- Adestradores do CA Chacaritas Junior
- Adestradores do CA Rosario Central
- Adestradores do Racing Club de Avellaneda
- Adestradores do CA Racing de Córdoba
- Adestradores do Instituto ACC
- Adestradores do CA Huracán
- Adestradores do CA Talleres
- Adestradores do CA Vélez Sársfield
- Adestradores do Club Nacional de Football
- Adestradores da selección de fútbol da Arxentina
- Adestradores do Atlético de Madrid
- Adestradores do CA San Lorenzo de Almagro
- Adestradores do Club América
- Adestradores do CA Colón de Santa Fe
- Adestradores do CA Boca Juniors
- Adestradores gañadores da Copa America