Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Antón Losada Trabada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntón Losada Trabada

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Xove, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAdministración pública, ciencia política, política, política mariña, pesca, nacionalismo e federalismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xornalista, escritor, politicólogo, comentarista político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (2001–) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2961881 BNE: XX1007236 BUSC: losada-anton-1966 Editar o valor en Wikidata

Antón Losada Trabada, nado en Xove en 1966, é un escritor e político galego, que estivo vinculado ao BNG.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese sobre o impacto da política de pesca na consolidación institucional da autonomía, é profesor titular de Ciencia Política no departamento de Socioloxía e Ciencia Política desa universidade dende 1998. Ten un máster en xestión pública pola Universidade Autónoma de Barcelona.

A súa posición de relevancia gañouna sobre todo grazas ao seu labor no ámbito dos medios de comunicación, participando en diversos parladoiros radiofónicos da Cadena SER e escribindo artigos no xornal electrónico Xornal.com, en La Opinión e El Periódico de Catalunya. O seu maior cargo de responsabilidade tívoo a mediados dos anos noventa, cando ocupou a dirección de Radiovoz en Madrid. Tamén colaborou en diversos programas de radio e televisión, entre os que destacan os programas humorísticos Unha de romanos e A familia Mudanza na TVG, a serie Composteláns dirixida por Xosé Manuel Pereiro, e foi o presentador do programa Bule Bule, dirixido por Antón Reixa.

Tamén compuxo letras para temas de Siniestro Total e Os Resentidos, así como unha peza de teatro, Qué é das dependentas dos grandes almacéns ó faceren os cincuenta?, para a compañía Pífano.

Carreira política

[editar | editar a fonte]

O seu contacto coa política iniciouse na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi membro dos CAF. Nos primeiros anos noventa foi asesor puntual do conselleiro de Pesca, o popular Henrique López Veiga. Na primeira década do século XXI retomou o nacionalismo e a partir do ascenso de Anxo Quintana como voceiro nacional do BNG, fíxose militante e comezou a traballar ao seu lado en labores de asesoría e comunicación política.

En 2005 foi nomeado secretario xeral de Vicepresidencia e de Relacións Institucionais, colocándose como a man dereita de Anxo Quintana dentro do organigrama da Xunta de Galicia. Nese posto as súas tensións cos medios de comunicación foron frecuentes, e viuse implicado en diversas polémicas. O 6 de setembro de 2007 cesou, e as razóns alegadas foron motivos persoais.[1] Porén, diversos medios alegaron que fora unha destitución,[2] e relacionárona co tratamento de información política na TVG.

  • La política del mar: políticas públicas y autonomía. El caso de la pesca gallega, 2000, Istmo.
  • Piratas de lo público, 2013, Deusto.
  • Código Mariano, 2014.
  • Los ricos vamos ganando, 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]