Anxo Quintana: Diferenzas entre revisións
(Non se amosan 4 revisións do historial feitas polo mesmo usuario) | |||
Liña 4: | Liña 4: | ||
== Traxectoria persoal == |
== Traxectoria persoal == |
||
[[Ficheiro:Quintana.jpg|miniatura|Anxo Quintana nun xantar da súa formación.|esquerda|252x252px]]O seu avó paterno foi alcalde durante o reinado de [[Afonso XIII de España]] e o materno alcalde liberal de Allariz durante a [[Segunda República Española|II República Española]] e un tío-avó materno militante comunista, exiliado após a imposición do [[franquismo]] até [[1976]]<ref name=":2" /><ref name=":3">{{Cita novas|autor=Esther Esteban. Magazine de El Mundo|data=5 de febreiro de 2006|título=Anxo Quintana|url=http://www.elmundo.es/suplementos/magazine/2006/332/1138994255.html|data-acceso=10-03-2016}}</ref> |
[[Ficheiro:Quintana.jpg|miniatura|Anxo Quintana nun xantar da súa formación.|esquerda|252x252px]]O seu avó paterno foi alcalde durante o reinado de [[Afonso XIII de España]] e o materno alcalde liberal de Allariz durante a [[Segunda República Española|II República Española]] e un tío-avó materno militante comunista, exiliado após a imposición do [[franquismo]] até [[1976]].<ref name=":2" /><ref name=":3">{{Cita novas|autor=Esther Esteban. Magazine de El Mundo|data=5 de febreiro de 2006|título=Anxo Quintana|url=http://www.elmundo.es/suplementos/magazine/2006/332/1138994255.html|data-acceso=10-03-2016}}</ref> |
||
Terceiro de cinco irmáns, de cativo trasladouse cos seus pais a [[Vigo]], onde estes montaran unha drogaría tras da cal estaba a vivenda na que habitaría a familia, sen perder en ningún momento o contacto coa vila alaricana<ref name=":3" /> |
Terceiro de cinco irmáns, de cativo trasladouse cos seus pais a [[Vigo]], onde estes montaran unha drogaría tras da cal estaba a vivenda na que habitaría a familia, sen perder en ningún momento o contacto coa vila alaricana.<ref name=":3" /> |
||
Estudou no colexio dos [[Compañía de Xesús|Xesuítas]] de [[Vigo]] ([[provincia de Pontevedra|Pontevedra]]) e posteriormente comezou os estudos de [[medicina]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]], deixándoos en segundo curso para adicarse á política mentres traballaba como comercial ou camareiro<ref name=":3" /> |
Estudou no colexio dos [[Compañía de Xesús|Xesuítas]] de [[Vigo]] ([[provincia de Pontevedra|Pontevedra]]) e posteriormente comezou os estudos de [[medicina]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]], deixándoos en segundo curso para adicarse á política mentres traballaba como comercial ou camareiro.<ref name=":3" /> Finalmente acabou por ser [[Diplomatura|Diplomado]] en [[Enfermaría]] pola [[Universidade de Vigo]].<ref>{{Cita novas|autor=Xabier R. Blanco. El País|data=10 de agosto de 2008|título=Reportaje: Madera de delantero|url=http://elpais.com/diario/2008/08/10/galicia/1218363497_850215.html|data-acceso=04-03-2016}}</ref> |
||
Traballou no Hospital Cristal Piñor de [[Ourense]] e foi nomeado socio de honra da Sociedade de Medicina Xeral pola mellora da atención primaria no medio rural. |
Traballou no Hospital Cristal Piñor de [[Ourense]] e foi nomeado socio de honra da Sociedade de Medicina Xeral pola mellora da atención primaria no medio rural. |
||
De rapaz, Quintana destacou como [[fútbol|futbolista]], sobre todo como dianteiro centro, ata o punto de que o [[Elche Club de Fútbol|Elche CF]], daquela na [[Segunda División Española|Segunda División]] española, ofreceulle un contrato profesional, rexeitándoo para quedar na súa terra<ref name=":2">[https://www.elperiodicodearagon.com/noticias/espana/anxo-quintana-lider-bng-crack-galleguismo_188910.html "Anxo Quintana, líder del BNG: el crack del galleguismo"], ''[[El Periódico de Aragón]]'', 15 de xuño de 2005 {{es}} |
De rapaz, Quintana destacou como [[fútbol|futbolista]], sobre todo como dianteiro centro, ata o punto de que o [[Elche Club de Fútbol|Elche CF]], daquela na [[Segunda División Española|Segunda División]] española, ofreceulle un contrato profesional, rexeitándoo para quedar na súa terra.<ref name=":2">[https://www.elperiodicodearagon.com/noticias/espana/anxo-quintana-lider-bng-crack-galleguismo_188910.html "Anxo Quintana, líder del BNG: el crack del galleguismo"], ''[[El Periódico de Aragón]]'', 15 de xuño de 2005 {{es}}</ref> |
||
É un afeccionado á [[cociña]]<ref name="Anxo Quintana">[http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=430&idSubmenu=435&idNoticiaFicha=145223 "Anxo Quintana"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120212113337/http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=430&idSubmenu=435&idNoticiaFicha=145223 |date=12 de febreiro de 2012 }}, ''[[El Correo Gallego]]'', 18 de marzo de 2007.</ref> e o que máis lle gusta é a [[lamprea]] e os [[viño]]s galegos, "sobre todo dos que fan nas novas adegas na zona de Monterrei"<ref name=":2" /> |
É un afeccionado á [[cociña]]<ref name="Anxo Quintana">[http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=430&idSubmenu=435&idNoticiaFicha=145223 "Anxo Quintana"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120212113337/http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=430&idSubmenu=435&idNoticiaFicha=145223 |date=12 de febreiro de 2012 }}, ''[[El Correo Gallego]]'', 18 de marzo de 2007.</ref> e o que máis lle gusta é a [[lamprea]] e os [[viño]]s galegos, "sobre todo dos que fan nas novas adegas na zona de Monterrei".<ref name=":2" /> |
||
Está divorciado da súa primeira muller Teresa<ref name=":2" /> |
Está divorciado da súa primeira muller Teresa.<ref name=":2" /> Coa súa exparella [[Cristina Cid]], concelleira e tenente de alcalde do BNG en Allariz, tivo dous [[xemelgo]]s, Xabier e Lía nados no ano [[2006]].<ref name="Anxo Quintana"/> |
||
== Traxectoria política == |
== Traxectoria política == |
||
=== 1977-1989: Orixes e concelleiro da oposición en Allariz === |
=== 1977-1989: Orixes e concelleiro da oposición en Allariz === |
||
Desde [[1977]], colaborou na introdución do [[sindicalismo agrario nacionalista]] na [[provincia de Ourense]], realizando a súa primeira intervención política con 18 anos, perante 200 labregos en [[Xunqueira de Ambía]]<ref>{{Cita web|url=http://www.expansion.com/actualidad/gente/anxo-quintana.html|páxina-web=Expansión.com|título=Actualidad >> Gente >> Anxo Quintana|data-acceso=04-03-2016}}</ref> |
Desde [[1977]], colaborou na introdución do [[sindicalismo agrario nacionalista]] na [[provincia de Ourense]], realizando a súa primeira intervención política con 18 anos, perante 200 labregos en [[Xunqueira de Ambía]].<ref>{{Cita web|url=http://www.expansion.com/actualidad/gente/anxo-quintana.html|páxina-web=Expansión.com|título=Actualidad >> Gente >> Anxo Quintana|data-acceso=04-03-2016}}</ref> No [[1982]] participa na fundación do [[BNG|Bloque Nacionalista Galego]]<nowiki/>a (BNG) aínda que a prestación do servizo militar obrigatorio lle impide acudir ao [[Frontón Municipal de Riazor|Frontón de Riazor]],<ref>{{Cita novas|autor=Paola Obelleiro. El País|data=29 de setembro de 2007|título=La travesía política del Bloque|url=http://elpais.com/diario/2007/09/29/galicia/1191061094_850215.html|data-acceso=10-03-2016}}</ref> na [[A Coruña|Coruña]], onde se había celebrar a I Asemblea Nacional fundacional. |
||
Após as [[Eleccións municipais de 1983 en Galicia|Eleccións municipais de 1983]] converteuse en concelleiro en Allariz e logo das [[Eleccións municipais de 1987 en Galicia|eleccións de 1987]] o BNG quedou a só 19 votos de acadar a alcaldía, dobrando o número de concelleiros, feito que foi convertido practicamente nunha vitoria. Pola contra, [[Alianza Popular]] mudou tres veces de alcalde en dous anos, o que provocou unha deterioración na política municipal e o rexeitamento dos veciños de vez que se fortalecía a posición do BNG<ref name=":3" /> |
Após as [[Eleccións municipais de 1983 en Galicia|Eleccións municipais de 1983]] converteuse en concelleiro en Allariz e logo das [[Eleccións municipais de 1987 en Galicia|eleccións de 1987]] o BNG quedou a só 19 votos de acadar a alcaldía, dobrando o número de concelleiros, feito que foi convertido practicamente nunha vitoria. Pola contra, [[Alianza Popular]] mudou tres veces de alcalde en dous anos, o que provocou unha deterioración na política municipal e o rexeitamento dos veciños de vez que se fortalecía a posición do BNG.<ref name=":3" /> |
||
=== 1989–2000: Alcalde de Allariz === |
=== 1989–2000: Alcalde de Allariz === |
||
[[Ficheiro:Mitin Anxo Quintana Compostela2.jpg|180x180px|Mitin de Anxo Quintana en Santiago de Compostela (ano 2008).|miniatura|esquerda]]Allariz pasara de ter 10 000 habitantes e ser unha das vilas máis vizosas da [[Provincia de Ourense]] a perder case a metade da poboación ante a inacción e inestabilidade dos sucesivos gobernos municipais e o que se consideraba unha conduta ditatorial do entón alcalde [[Leopoldo Pérez Camba]] e así, en [[1989]], coincidindo cunha tempada de seca que deixara o [[río Arnoia]] -moi contaminado- e as billas sen auga, as revoltas populares expulsaron o alcalde de Allariz e deron o temón do concello a Quintana tras tres meses de encerros e mobilizacións<ref name=":3" /> |
[[Ficheiro:Mitin Anxo Quintana Compostela2.jpg|180x180px|Mitin de Anxo Quintana en Santiago de Compostela (ano 2008).|miniatura|esquerda]]Allariz pasara de ter 10 000 habitantes e ser unha das vilas máis vizosas da [[Provincia de Ourense]] a perder case a metade da poboación ante a inacción e inestabilidade dos sucesivos gobernos municipais e o que se consideraba unha conduta ditatorial do entón alcalde [[Leopoldo Pérez Camba]] e así, en [[1989]], coincidindo cunha tempada de seca que deixara o [[río Arnoia]] -moi contaminado- e as billas sen auga, as revoltas populares expulsaron o alcalde de Allariz e deron o temón do concello a Quintana tras tres meses de encerros e mobilizacións.<ref name=":3" /> |
||
Nas municipais de [[1991]], sae elixido alcalde, cargo que desempeñará ata o [[2000]], froito desta xestión convertería a vila alaricana nun dos feudos electorais do BNG<ref>{{Cita novas|autor=Cristina Huete. El País|data=5 de agosto de 2009|título=El feudo del BNG pide 20 años más|url=http://elpais.com/diario/2009/08/05/galicia/1249467502_850215.html|data-acceso=04-03-2016}}</ref> |
Nas municipais de [[1991]], sae elixido alcalde, cargo que desempeñará ata o [[2000]], froito desta xestión convertería a vila alaricana nun dos feudos electorais do BNG.<ref>{{Cita novas|autor=Cristina Huete. El País|data=5 de agosto de 2009|título=El feudo del BNG pide 20 años más|url=http://elpais.com/diario/2009/08/05/galicia/1249467502_850215.html|data-acceso=04-03-2016}}</ref> Entre [[1995]] e [[2000]], ocupou tamén a vicepresidencia da [[Federación Galega de Municipios e Provincias]] (Fegamp). Durante o mandato de Quintana, Allariz recibiu o premio do Consello Europeo de Urbanismo pola “ordenación e recuperación do conxunto histórico e do seu río” (1994) e foi unha das vilas seleccionadas para representar a España no concurso Hábitat da [[ONU]], que recoñece os concellos que destacan na defensa do [[desenvolvemento sustentable]].<ref name=":2" /> O 1 de setembro de 2000 renunciou á alacaldía, sendo elixido alcalde [[Francisco García Suárez]] no pleno extraordinario celebrado ese día.<ref>{{Cita web |url=http://www.allariz.com/recursos/PLE000901.pdf |título="Acta da sesión extraordinaria celebrada polo pleno da corporación o día 1 de setembro de 2000" |data-acceso=02 de abril de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20061104200730/http://www.allariz.com/recursos/PLE000901.pdf|dataarquivo=2 de xullo de 2024}}</ref> |
||
=== 2000–2005: Senador e Portavoz Nacional do BNG === |
=== 2000–2005: Senador e Portavoz Nacional do BNG === |
||
No ano [[2000]] presentouse como candidato a [[senador]] nas [[Eleccións ás Cortes Españolas|eleccións ás Cortes españolas]] sen chegar a acadar os votos precisos, con todo, pasaría a ocupar dito posto por designación autonómica en abril dese mesmo ano, converténdose así no primeiro e único representante do BNG<ref name=":1">{{Cita novas|autor=Ana Martín Plaza. RTVE.es|data=12 de febreiro de 2009|título=Anxo Quintana, el nacionalista que pasó por la Xunta|url=http://www.rtve.es/noticias/20090212/anxo-quintana-nacionalista-paso-xunta/228611.shtml|data-acceso=04-03-2016}}</ref> |
No ano [[2000]] presentouse como candidato a [[senador]] nas [[Eleccións ás Cortes Españolas|eleccións ás Cortes españolas]] sen chegar a acadar os votos precisos, con todo, pasaría a ocupar dito posto por designación autonómica en abril dese mesmo ano, converténdose así no primeiro e único representante do BNG.<ref name=":1">{{Cita novas|autor=Ana Martín Plaza. RTVE.es|data=12 de febreiro de 2009|título=Anxo Quintana, el nacionalista que pasó por la Xunta|url=http://www.rtve.es/noticias/20090212/anxo-quintana-nacionalista-paso-xunta/228611.shtml|data-acceso=04-03-2016}}</ref> Repetiría despois das [[Eleccións ás Cortes españolas de 2004]], desempeñando o cargo ata setembro de [[2005]], cando volve a Galiza para asumir a vicepresidencia da Xunta, e relevaríao no cargo [[Francisco Jorquera]]. |
||
A X Asemblea Nacional do BNG, celebrada no [[2002]], designou a Anxo Quintana Coordinador da Executiva Nacional, cargo de nova creación que o convertía no número 2 do partido, só por tras de [[Xosé Manuel Beiras]].<ref name=":1" /> |
A X Asemblea Nacional do BNG, celebrada no [[2002]], designou a Anxo Quintana Coordinador da Executiva Nacional, cargo de nova creación que o convertía no número 2 do partido, só por tras de [[Xosé Manuel Beiras]].<ref name=":1" /> O 23 de novembro de [[2003]], tras a XI Asemblea, gañaría as eleccións como candidato de consenso para ser Portavoz Nacional co 70% dos votos fronte o 22,3% de [[Camilo Nogueira Román|Camilo Nogueira]], dándolle relevo así a Beiras.<ref>{{Cita novas|autor = Xosé Hermida|data = 24 de novembro de 2003|título = Quintana releva a Beiras al frente del BNG con el apoyo del 70%|url = http://elpais.com/diario/2003/11/24/espana/1069628415_850215.html|data-acceso = 03-03-2016}}</ref> |
||
=== 2005–2009: Vicepresidente da Xunta === |
=== 2005–2009: Vicepresidente da Xunta === |
Revisión actual feita o 2 de xullo de 2024 ás 14:54
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de febreiro de 1959 (65 anos) Allariz, España |
Vicepresidente da Xunta de Galicia | |
2 de agosto de 2005 – 20 de abril de 2009 – Alfonso Rueda → | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
19 de xuño de 2005 – 25 de agosto de 2011 | |
Voceiro nacional do BNG | |
23 de novembro de 2002 – 10 de maio de 2009 ← Xosé Manuel Beiras – Guillerme Vázquez → | |
Senador de España | |
28 de marzo de 2000 – 5 de setembro de 2005 | |
Alcalde de Allariz | |
1989 – 2000 – Francisco García Suárez → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Allariz |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Anxo Manuel Quintana González, nado en Allariz o 25 de febreiro de 1959, é un político galego. Foi o Voceiro Nacional do BNG desde 2003 ata 2009 e vicepresidente da Xunta de Galicia desde 2005 ata 2009.
Traxectoria persoal
[editar | editar a fonte]O seu avó paterno foi alcalde durante o reinado de Afonso XIII de España e o materno alcalde liberal de Allariz durante a II República Española e un tío-avó materno militante comunista, exiliado após a imposición do franquismo até 1976.[1][2]
Terceiro de cinco irmáns, de cativo trasladouse cos seus pais a Vigo, onde estes montaran unha drogaría tras da cal estaba a vivenda na que habitaría a familia, sen perder en ningún momento o contacto coa vila alaricana.[2]
Estudou no colexio dos Xesuítas de Vigo (Pontevedra) e posteriormente comezou os estudos de medicina na Universidade de Santiago de Compostela, deixándoos en segundo curso para adicarse á política mentres traballaba como comercial ou camareiro.[2] Finalmente acabou por ser Diplomado en Enfermaría pola Universidade de Vigo.[3]
Traballou no Hospital Cristal Piñor de Ourense e foi nomeado socio de honra da Sociedade de Medicina Xeral pola mellora da atención primaria no medio rural.
De rapaz, Quintana destacou como futbolista, sobre todo como dianteiro centro, ata o punto de que o Elche CF, daquela na Segunda División española, ofreceulle un contrato profesional, rexeitándoo para quedar na súa terra.[1]
É un afeccionado á cociña[4] e o que máis lle gusta é a lamprea e os viños galegos, "sobre todo dos que fan nas novas adegas na zona de Monterrei".[1]
Está divorciado da súa primeira muller Teresa.[1] Coa súa exparella Cristina Cid, concelleira e tenente de alcalde do BNG en Allariz, tivo dous xemelgos, Xabier e Lía nados no ano 2006.[4]
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]1977-1989: Orixes e concelleiro da oposición en Allariz
[editar | editar a fonte]Desde 1977, colaborou na introdución do sindicalismo agrario nacionalista na provincia de Ourense, realizando a súa primeira intervención política con 18 anos, perante 200 labregos en Xunqueira de Ambía.[5] No 1982 participa na fundación do Bloque Nacionalista Galegoa (BNG) aínda que a prestación do servizo militar obrigatorio lle impide acudir ao Frontón de Riazor,[6] na Coruña, onde se había celebrar a I Asemblea Nacional fundacional.
Após as Eleccións municipais de 1983 converteuse en concelleiro en Allariz e logo das eleccións de 1987 o BNG quedou a só 19 votos de acadar a alcaldía, dobrando o número de concelleiros, feito que foi convertido practicamente nunha vitoria. Pola contra, Alianza Popular mudou tres veces de alcalde en dous anos, o que provocou unha deterioración na política municipal e o rexeitamento dos veciños de vez que se fortalecía a posición do BNG.[2]
1989–2000: Alcalde de Allariz
[editar | editar a fonte]Allariz pasara de ter 10 000 habitantes e ser unha das vilas máis vizosas da Provincia de Ourense a perder case a metade da poboación ante a inacción e inestabilidade dos sucesivos gobernos municipais e o que se consideraba unha conduta ditatorial do entón alcalde Leopoldo Pérez Camba e así, en 1989, coincidindo cunha tempada de seca que deixara o río Arnoia -moi contaminado- e as billas sen auga, as revoltas populares expulsaron o alcalde de Allariz e deron o temón do concello a Quintana tras tres meses de encerros e mobilizacións.[2]
Nas municipais de 1991, sae elixido alcalde, cargo que desempeñará ata o 2000, froito desta xestión convertería a vila alaricana nun dos feudos electorais do BNG.[7] Entre 1995 e 2000, ocupou tamén a vicepresidencia da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Durante o mandato de Quintana, Allariz recibiu o premio do Consello Europeo de Urbanismo pola “ordenación e recuperación do conxunto histórico e do seu río” (1994) e foi unha das vilas seleccionadas para representar a España no concurso Hábitat da ONU, que recoñece os concellos que destacan na defensa do desenvolvemento sustentable.[1] O 1 de setembro de 2000 renunciou á alacaldía, sendo elixido alcalde Francisco García Suárez no pleno extraordinario celebrado ese día.[8]
2000–2005: Senador e Portavoz Nacional do BNG
[editar | editar a fonte]No ano 2000 presentouse como candidato a senador nas eleccións ás Cortes españolas sen chegar a acadar os votos precisos, con todo, pasaría a ocupar dito posto por designación autonómica en abril dese mesmo ano, converténdose así no primeiro e único representante do BNG.[9] Repetiría despois das Eleccións ás Cortes españolas de 2004, desempeñando o cargo ata setembro de 2005, cando volve a Galiza para asumir a vicepresidencia da Xunta, e relevaríao no cargo Francisco Jorquera.
A X Asemblea Nacional do BNG, celebrada no 2002, designou a Anxo Quintana Coordinador da Executiva Nacional, cargo de nova creación que o convertía no número 2 do partido, só por tras de Xosé Manuel Beiras.[9] O 23 de novembro de 2003, tras a XI Asemblea, gañaría as eleccións como candidato de consenso para ser Portavoz Nacional co 70% dos votos fronte o 22,3% de Camilo Nogueira, dándolle relevo así a Beiras.[10]
2005–2009: Vicepresidente da Xunta
[editar | editar a fonte]Tras as eleccións ao Parlamento de Galiza do 19 de xuño de 2005 sae escollido parlamentario como cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña.[11] Grazas ao pacto entre BNG e PSdeG que constituíu o bipartito galego, asumiu a vicepresidencia da Xunta de Galicia, con competencias en Igualdade e Benestar, o 2 de agosto de 2005. Unha das súas accións de goberno de máis relevancia foi a creación das primeiras Galescolas[12] e durante a xestión destas tivo que afrontar a dimisión do entón Secretario Xeral de Relacións Institucionais, Antón Losada.[13]
En 2006 converteuse no primeiro alto cargo da Xunta de Galicia en pedir o permiso de paternidade.[14]
Asemade, compatibilizaría o seu cargo institucional co de líder do BNG, a fronte do cal protagonizaría en 2007 o XXV aniversario da formación no Frontón Municipal de Riazor, o mesmo lugar onde se celebrara a I Asemblea fundacional.[15][16][17]
En vésperas das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 saltou a polémica nos medios por unhas imaxes publicadas nas que se poñía en cuestión a súa relación co empresario Jacinto Rey González.[18]
2009–2016: Derrota electoral e pase a segunda liña
[editar | editar a fonte]O 14 de marzo de 2009 presentou a súa dimisión[19] coma Voceiro Nacional do BNG logo dos resultados nas eleccións ó Parlamento de Galicia, aínda que seguiu en funcións até a seguinte Asemblea Nacional da organización. Relevaríao o 10 de maio dese mesmo ano Guillerme Vázquez. Exerceu o seu posto como deputado no Parlamento até o verán de 2011, cando decide abandonar o seu escano e o seu posto no Consello Nacional do BNG para se dedicar á empresa privada.[20][21] Paralelamente á súa dimisión como portavoz nacional xurdira dentro do Bloque unha importante corrente en torno á figura e á política desenvolvida até entón por Anxo Quintana, con posturas máis centristas cás afíns á UPG ou os beiristas de Encontro Irmandiño, que inicialmente se denominou "quintanismo" e que posteriormente se materializaría en Máis Galiza, xermolo de Compromiso por Galicia.[22] A finais de xaneiro de 2015 volveu acadar un certo protagonismo nos medios ao impulsar a plataforma cívica Somos Nós co fin de reunificar o galeguismo, fortemente dividido tras a ruptura de 2012 en Amio.[23]
2016: Abandono do BNG
[editar | editar a fonte]O 3 de marzo de 2016 anunciouse nos medios de comunicación a tramitación da súa baixa do BNG logo das diferenzas xurdidas coa organización do mesmo após a XV Asemblea Nacional celebrada no PALEXCO da Coruña,[24][25] poucos días despois de que tamén o fixera Carlos Aymerich, converténdose así no segundo exportavoz Nacional, xunto con Xosé Manuel Beiras, en abandonar a fronte.[25]
Unha semana despois reaccionaba aos artigos de La Voz de Galicia en resposta á súa baixa do BNG, cunha carta[26] publicada na propia conta oficial de Anxo Quintana en Facebook,[27] nela explicaba como foi ameazado sendo vicepresidente da Xunta de Galicia para que recuara no novo "concurso eólico" que a Consellaría de Industria, en mans do BNG, estaba a promover. No texto, aínda que non de xeito explícito mais si bastante evidente, dábase a entender que o presidente do grupo multimedia Corporación Voz de Galicia S. A., Santiago Rey Fernández-Latorre, foi autor da frase, en presenza do mesmo Quintana: "Un enfermero de Allariz no puede venir a cambiar el marco económico de Galicia".[28]
Nas eleccións municipais de 2019 volveu a participar na lista electoral do BNG para o concello de Allariz, ocupando un posto simbólico.[29]
Predecesor: Leopoldo Pérez Camba |
Alcalde de Allariz 1989 – 2000 |
Sucesor: Francisco García Suárez |
Predecesor: Xosé Manuel Beiras |
Portavoz Nacional do BNG 2003 – 2009 |
Sucesor: Guillerme Vázquez |
Predecesor: Alberto Núñez Feijoo |
Vicepresidente da Xunta de Galicia 2005 - 2009 |
Sucesor: Desaparece o cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Anxo Quintana, líder del BNG: el crack del galleguismo", El Periódico de Aragón, 15 de xuño de 2005 (en castelán)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Esther Esteban. Magazine de El Mundo (5 de febreiro de 2006). "Anxo Quintana". Consultado o 10-03-2016.
- ↑ Xabier R. Blanco. El País (10 de agosto de 2008). "Reportaje: Madera de delantero". Consultado o 04-03-2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Anxo Quintana" Arquivado 12 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 18 de marzo de 2007.
- ↑ "Actualidad >> Gente >> Anxo Quintana". Expansión.com. Consultado o 04-03-2016.
- ↑ Paola Obelleiro. El País (29 de setembro de 2007). "La travesía política del Bloque". Consultado o 10-03-2016.
- ↑ Cristina Huete. El País (5 de agosto de 2009). "El feudo del BNG pide 20 años más". Consultado o 04-03-2016.
- ↑ ""Acta da sesión extraordinaria celebrada polo pleno da corporación o día 1 de setembro de 2000"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de xullo de 2024. Consultado o 02 de abril de 2016.
- ↑ 9,0 9,1 Ana Martín Plaza. RTVE.es (12 de febreiro de 2009). "Anxo Quintana, el nacionalista que pasó por la Xunta". Consultado o 04-03-2016.
- ↑ Xosé Hermida (24 de novembro de 2003). "Quintana releva a Beiras al frente del BNG con el apoyo del 70%". Consultado o 03-03-2016.
- ↑ ""VII lexislatura (18-7-05 ao 6-1-09) - Resultados das eleccións ó Parlamento de Galicia"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 07 de marzo de 2016.
- ↑ Suso Souto. El Correo Gallego (18 de marzo de 2007). "Nacen las primeras Galescolas". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 04-03-2016.
- ↑ Europa Press. 20 Minutos (6 de setembro de 2007). "Antón Losada dimite por "motivos personales"". Consultado o 4-3-2016.
- ↑ "Anxo Quintana, primer alto cargo de la Xunta que pedirá permiso de paternidad", ABC, 5 de febreiro de 2006 (en castelán).
- ↑ Bloque Nacionalista Galego (1 de outubro de 2007). 25 aniversario do BNG: Intervención de Anxo Quintana 1/2 (YouTube).
- ↑ Bloque Nacionalista Galego (5 de outubro de 2007). 25 aniversario do BNG: Intervención de Anxo Quintana 2/3 (YouTube).
- ↑ Bloque Nacionalista Galego (5 de outubro de 2007). 25 aniversario do BNG: Intervención de Anxo Quintana 3/3 (YouTube).
- ↑ J. C. ORTIZ e M. J. GÜEMES. Público.es (25 de febreiro de 2009). "Los espías entran en campaña". Consultado o 04-03-2016.
- ↑ Quintana anuncia diante do Consello Nacional que deixa o liderado do BNG
- ↑ La Opinión A Coruña (26 de agosto de 2011). "Anxo Quintana abandona o seu escano e o seu posto no Consello Nacional do BNG". Consultado o 03-03-2016.
- ↑ ""VIII lexislatura (1-4-09 ao 27-8-12) - Resultados das eleccións ó Parlamento de Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 07 de marzo de 2016.
- ↑ C. P. La Voz de Galicia (18 de abril de 2009). "Las bases del BNG dan su voto a la UPG, pero un peso notable al quintanismo". Consultado o 03-03-2016.
- ↑ David Lombao. Praza Pública (29 de xaneiro de 2015). "Anxo Quintana impulsa 'Somos nós', un "movemento cívico" para "construír país"". Consultado o 03-03-2016.
- ↑ Galicia Confidencial (3 de marzo de 2016). "O ex-vicepresidente Quintana abandona o BNG, mais non o nacionalismo". Consultado o 03-03-2016.
- ↑ 25,0 25,1 Henrique Varlea. Sermos Galiza (3 de marzo de 2016). "Quintana deixa o BNG porque di non compartir o seu proxecto político de “hoxe”". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 3 de marzo de 2016.
- ↑ "É cousa do animal" (PDF). Dropbox. Consultado o 28-03-2016.
- ↑ "Conta oficial de Anxo Quintana en Facebook". Facebook. Consultado o 28-03-2016.
- ↑ Galicia Confidencial (11 de marzo de 2016). "Quintana desvela por que o bipartito perdeu a Xunta: “Un prócer coruñés quería cambiar o concurso eólico”". Consultado o 28-03-2016.
- ↑ "Simbólico retorno de Anxo Quintana: será el número 22 de Allariz". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-03-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anxo Quintana |
A Galicitas posúe citas sobre: Anxo Quintana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vontade de nación, conversas con Anxo Quintana, de Xosé Luís Barreiro Rivas, 2008, Difusora.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Nados en 1959
- Nados en Allariz
- Vicepresidentes da Xunta de Galicia
- Conselleiros da Xunta de Galicia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG
- Alcaldes de Allariz
- Alcaldes de Galicia polo BNG
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Senadores de España polo BNG
- Senadores por designación do Parlamento de Galicia