Anxo Quintana: Diferenzas entre revisións
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.5 |
m (via JWB) |
||
Liña 37: | Liña 37: | ||
=== 2005–2009: Vicepresidente da Xunta === |
=== 2005–2009: Vicepresidente da Xunta === |
||
[[Ficheiro:QuinTV.png|miniatura|''QuinTV'' foi o seu [[videoblog]] entre 2008 e 2009.|esquerda]] |
[[Ficheiro:QuinTV.png|miniatura|''QuinTV'' foi o seu [[videoblog]] entre 2008 e 2009.|esquerda]] |
||
Tras as [[eleccións ao Parlamento de Galicia 2005|eleccións ao Parlamento de Galiza]] do [[19 de xuño]] de [[2005]] sae escollido [[Parlamento de Galicia|parlamentario]] como cabeza de lista do BNG pola [[provincia da Coruña]].<ref>{{Cita web |url=http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaResultadoAnteriores/7.PDF |título="VII lexislatura (18-7-05 ao 6-1-09) - Resultados das eleccións ó Parlamento de Galicia" |data-acceso=07 de marzo de 2016 |archivedate=18 de abril de 2021 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20210418001344/https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaResultadoAnteriores/7.pdf |deadurl=s }}</ref> Grazas ao pacto entre BNG e [[PSdeG]] que constituíu o [[bipartito galego]], asumiu a [[Vicepresidencia da Xunta de Galicia|vicepresidencia]] da [[Xunta de Galicia]], con competencias en [[Igualdade social|Igualdade]] e Benestar, o [[2 de agosto]] de [[2005]]. Unha das súas accións de goberno de máis relevancia foi a creación das primeiras [[Galescola]]s<ref>{{Cita novas|autor=Suso Souto. El Correo Gallego|data=18 de marzo de 2007|título=Nacen las primeras Galescolas|url=http://www.elcorreogallego.es/galicia/educacion/ecg/nacen-primeras-galescolas/idNoticia-146399/|data-acceso=04-03-2016|data-arquivo=15 de marzo de 2016|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20160315083516/http://www.elcorreogallego.es/galicia/educacion/ecg/nacen-primeras-galescolas/idNoticia-146399/|url-morta= |
Tras as [[eleccións ao Parlamento de Galicia 2005|eleccións ao Parlamento de Galiza]] do [[19 de xuño]] de [[2005]] sae escollido [[Parlamento de Galicia|parlamentario]] como cabeza de lista do BNG pola [[provincia da Coruña]].<ref>{{Cita web |url=http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaResultadoAnteriores/7.PDF |título="VII lexislatura (18-7-05 ao 6-1-09) - Resultados das eleccións ó Parlamento de Galicia" |data-acceso=07 de marzo de 2016 |archivedate=18 de abril de 2021 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20210418001344/https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaResultadoAnteriores/7.pdf |deadurl=s }}</ref> Grazas ao pacto entre BNG e [[PSdeG]] que constituíu o [[bipartito galego]], asumiu a [[Vicepresidencia da Xunta de Galicia|vicepresidencia]] da [[Xunta de Galicia]], con competencias en [[Igualdade social|Igualdade]] e Benestar, o [[2 de agosto]] de [[2005]]. Unha das súas accións de goberno de máis relevancia foi a creación das primeiras [[Galescola]]s<ref>{{Cita novas|autor=Suso Souto. El Correo Gallego|data=18 de marzo de 2007|título=Nacen las primeras Galescolas|url=http://www.elcorreogallego.es/galicia/educacion/ecg/nacen-primeras-galescolas/idNoticia-146399/|data-acceso=04-03-2016|data-arquivo=15 de marzo de 2016|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20160315083516/http://www.elcorreogallego.es/galicia/educacion/ecg/nacen-primeras-galescolas/idNoticia-146399/|url-morta=si|archivedate=15 de marzo de 2016|archiveurl=https://web.archive.org/web/20160315083516/http://www.elcorreogallego.es/galicia/educacion/ecg/nacen-primeras-galescolas/idNoticia-146399/|deadurl=s}}</ref> e durante a xestión destas tivo que afrontar a dimisión do entón Secretario Xeral de [[Relacións Institucionais]], [[Antón Losada Trabada|Antón Losada]]<ref>{{Cita novas|autor=Europa Press. 20 Minutos|data=6 de setembro de 2007|título=Antón Losada dimite por "motivos personales"|url=http://www.20minutos.es/noticia/272279/0/cese/Losada/|data-acceso=4-3-2016}}</ref>. |
||
En [[2006]] converteuse no primeiro alto cargo da [[Xunta de Galicia]] en pedir o permiso de paternidade.<ref>[http://www.abc.es/hemeroteca/historico-05-02-2006/abc/Nacional/anxo-quintana-primer-alto-cargo-de-la-xunta-que-pedira-permiso-de-paternidad_1314275418496.html "Anxo Quintana, primer alto cargo de la Xunta que pedirá permiso de paternidad"], ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', 5 de febreiro de 2006 {{es}}.</ref>. |
En [[2006]] converteuse no primeiro alto cargo da [[Xunta de Galicia]] en pedir o permiso de paternidade.<ref>[http://www.abc.es/hemeroteca/historico-05-02-2006/abc/Nacional/anxo-quintana-primer-alto-cargo-de-la-xunta-que-pedira-permiso-de-paternidad_1314275418496.html "Anxo Quintana, primer alto cargo de la Xunta que pedirá permiso de paternidad"], ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', 5 de febreiro de 2006 {{es}}.</ref>. |
Revisión como estaba o 2 de xullo de 2024 ás 14:29
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de febreiro de 1959 (65 anos) Allariz, España |
Vicepresidente da Xunta de Galicia | |
2 de agosto de 2005 – 20 de abril de 2009 – Alfonso Rueda → | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
19 de xuño de 2005 – 25 de agosto de 2011 | |
Voceiro nacional do BNG | |
23 de novembro de 2002 – 10 de maio de 2009 ← Xosé Manuel Beiras – Guillerme Vázquez → | |
Senador de España | |
28 de marzo de 2000 – 5 de setembro de 2005 | |
Alcalde de Allariz | |
1989 – 2000 – Francisco García Suárez → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Allariz |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Anxo Manuel Quintana González, nado en Allariz o 25 de febreiro de 1959, é un político galego. Foi o Voceiro Nacional do BNG desde 2003 ata 2009 e vicepresidente da Xunta de Galicia desde 2005 ata 2009.
Traxectoria persoal
O seu avó paterno foi alcalde durante o reinado de Afonso XIII de España e o materno alcalde liberal de Allariz durante a II República Española e un tío-avó materno militante comunista, exiliado após a imposición do franquismo até 1976[1][2].
Terceiro de cinco irmáns, de cativo trasladouse cos seus pais a Vigo, onde estes montaran unha drogaría tras da cal estaba a vivenda na que habitaría a familia, sen perder en ningún momento o contacto coa vila alaricana[2].
Estudou no colexio dos Xesuítas de Vigo (Pontevedra) e posteriormente comezou os estudos de medicina na Universidade de Santiago de Compostela, deixándoos en segundo curso para adicarse á política mentres traballaba como comercial ou camareiro[2]. Finalmente acabou por ser Diplomado en Enfermaría pola Universidade de Vigo[3].
Traballou no Hospital Cristal Piñor de Ourense e foi nomeado socio de honra da Sociedade de Medicina Xeral pola mellora da atención primaria no medio rural.
De rapaz, Quintana destacou como futbolista, sobre todo como dianteiro centro, ata o punto de que o Elche CF, daquela na Segunda División española, ofreceulle un contrato profesional, rexeitándoo para quedar na súa terra[1].
É un afeccionado á cociña[4] e o que máis lle gusta é a lamprea e os viños galegos, "sobre todo dos que fan nas novas adegas na zona de Monterrei"[1].
Está divorciado da súa primeira muller Teresa[1]. Coa súa exparella Cristina Cid, concelleira e tenente de alcalde do BNG en Allariz, tivo dous xemelgos, Xabier e Lía nados no ano 2006[4].
Traxectoria política
1977-1989: Orixes e concelleiro da oposición en Allariz
Desde 1977, colaborou na introdución do sindicalismo agrario nacionalista na provincia de Ourense, realizando a súa primeira intervención política con 18 anos, perante 200 labregos en Xunqueira de Ambía[5]. No 1982 participa na fundación do Bloque Nacionalista Galegoa (BNG) aínda que a prestación do servizo militar obrigatorio lle impide acudir ao Frontón de Riazor[6], na Coruña, onde se había celebrar a I Asemblea Nacional fundacional.
Após as Eleccións municipais de 1983 converteuse en concelleiro en Allariz e logo das eleccións de 1987 o BNG quedou a só 19 votos de acadar a alcaldía, dobrando o número de concelleiros, feito que foi convertido practicamente nunha vitoria. Pola contra, Alianza Popular mudou tres veces de alcalde en dous anos, o que provocou unha deterioración na política municipal e o rexeitamento dos veciños de vez que se fortalecía a posición do BNG[2].
1989–2000: Alcalde de Allariz
Allariz pasara de ter 10 000 habitantes e ser unha das vilas máis vizosas da Provincia de Ourense a perder case a metade da poboación ante a inacción e inestabilidade dos sucesivos gobernos municipais e o que se consideraba unha conduta ditatorial do entón alcalde Leopoldo Pérez Camba e así, en 1989, coincidindo cunha tempada de seca que deixara o río Arnoia -moi contaminado- e as billas sen auga, as revoltas populares expulsaron o alcalde de Allariz e deron o temón do concello a Quintana tras tres meses de encerros e mobilizacións[2].
Nas municipais de 1991, sae elixido alcalde, cargo que desempeñará ata o 2000, froito desta xestión convertería a vila alaricana nun dos feudos electorais do BNG[7]. Entre 1995 e 2000, ocupou tamén a vicepresidencia da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Durante o mandato de Quintana, Allariz recibiu o premio do Consello Europeo de Urbanismo pola “ordenación e recuperación do conxunto histórico e do seu río” (1994) e foi unha das vilas seleccionadas para representar a España no concurso Hábitat da ONU, que recoñece os concellos que destacan na defensa do desenvolvemento sustentable.[1] O 1 de setembro de 2000 renunciou á alacaldía, sendo elixido alcalde Francisco García Suárez no pleno extraordinario celebrado ese día.[8]
2000–2005: Senador e Portavoz Nacional do BNG
No ano 2000 presentouse como candidato a senador nas eleccións ás Cortes españolas sen chegar a acadar os votos precisos, con todo, pasaría a ocupar dito posto por designación autonómica en abril dese mesmo ano, converténdose así no primeiro e único representante do BNG[9]. Repetiría despois das Eleccións ás Cortes españolas de 2004, desempeñando o cargo ata setembro de 2005, cando volve a Galiza para asumir a vicepresidencia da Xunta, e relevaríao no cargo Francisco Jorquera.
A X Asemblea Nacional do BNG, celebrada no 2002, designou a Anxo Quintana Coordinador da Executiva Nacional, cargo de nova creación que o convertía no número 2 do partido, só por tras de Xosé Manuel Beiras[9]. O 23 de novembro de 2003, tras a XI Asemblea, gañaría as eleccións como candidato de consenso para ser Portavoz Nacional co 70% dos votos fronte o 22,3% de Camilo Nogueira, dándolle relevo así a Beiras[10].
2005–2009: Vicepresidente da Xunta
Tras as eleccións ao Parlamento de Galiza do 19 de xuño de 2005 sae escollido parlamentario como cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña.[11] Grazas ao pacto entre BNG e PSdeG que constituíu o bipartito galego, asumiu a vicepresidencia da Xunta de Galicia, con competencias en Igualdade e Benestar, o 2 de agosto de 2005. Unha das súas accións de goberno de máis relevancia foi a creación das primeiras Galescolas[12] e durante a xestión destas tivo que afrontar a dimisión do entón Secretario Xeral de Relacións Institucionais, Antón Losada[13].
En 2006 converteuse no primeiro alto cargo da Xunta de Galicia en pedir o permiso de paternidade.[14].
Asemade, compatibilizaría o seu cargo institucional co de líder do BNG, a fronte do cal protagonizaría en 2007 o XXV aniversario da formación no Frontón Municipal de Riazor, o mesmo lugar onde se celebrara a I Asemblea fundacional[15][16][17].
En vésperas das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 saltou a polémica nos medios por unhas imaxes publicadas nas que se poñía en cuestión a súa relación co empresario Jacinto Rey González.[18]
2009–2016: Derrota electoral e pase a segunda liña
O 14 de marzo de 2009 presentou a súa dimisión[19] coma Voceiro Nacional do BNG logo dos resultados nas eleccións ó Parlamento de Galicia, aínda que seguiu en funcións até a seguinte Asemblea Nacional da organización. Relevaríao o 10 de maio dese mesmo ano Guillerme Vázquez. Exerceu o seu posto como deputado no Parlamento até o verán de 2011, cando decide abandonar o seu escano e o seu posto no Consello Nacional do BNG para se dedicar á empresa privada.[20][21] Paralelamente á súa dimisión como portavoz nacional xurdira dentro do Bloque unha importante corrente en torno á figura e á política desenvolvida até entón por Anxo Quintana, con posturas máis centristas cás afíns á UPG ou os beiristas de Encontro Irmandiño, que inicialmente se denominou "quintanismo" e que posteriormente se materializaría en Máis Galiza, xermolo de Compromiso por Galicia[22]. A finais de xaneiro de 2015 volveu acadar un certo protagonismo nos medios ao impulsar a plataforma cívica Somos Nós co fin de reunificar o galeguismo, fortemente dividido tras a ruptura de 2012 en Amio[23].
2016: Abandono do BNG
O 3 de marzo de 2016 anunciouse nos medios de comunicación a tramitación da súa baixa do BNG logo das diferenzas xurdidas coa organización do mesmo após a XV Asemblea Nacional celebrada no PALEXCO da Coruña,[24][25] poucos días despois de que tamén o fixera Carlos Aymerich, converténdose así no segundo exportavoz Nacional, xunto con Xosé Manuel Beiras, en abandonar a fronte.[25]
Unha semana despois reaccionaba aos artigos de La Voz de Galicia en resposta á súa baixa do BNG, cunha carta[26] publicada na propia conta oficial de Anxo Quintana en Facebook[27], nela explicaba como foi ameazado sendo vicepresidente da Xunta de Galicia para que recuara no novo "concurso eólico" que a Consellaría de Industria, en mans do BNG, estaba a promover. No texto, aínda que non de xeito explícito mais si bastante evidente, dábase a entender que o presidente do grupo multimedia Corporación Voz de Galicia S. A., Santiago Rey Fernández-Latorre, foi autor da frase, en presenza do mesmo Quintana: "Un enfermero de Allariz no puede venir a cambiar el marco económico de Galicia".[28]
Nas eleccións municipais de 2019 volveu a participar na lista electoral do BNG para o concello de Allariz, ocupando un posto simbólico.[29]
Predecesor: Leopoldo Pérez Camba |
Alcalde de Allariz 1989 – 2000 |
Sucesor: Francisco García Suárez |
Predecesor: Xosé Manuel Beiras |
Portavoz Nacional do BNG 2003 – 2009 |
Sucesor: Guillerme Vázquez |
Predecesor: Alberto Núñez Feijoo |
Vicepresidente da Xunta de Galicia 2005 - 2009 |
Sucesor: Desaparece o cargo |
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Anxo Quintana, líder del BNG: el crack del galleguismo", El Periódico de Aragón, 15 de xuño de 2005 (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Esther Esteban. Magazine de El Mundo (5 de febreiro de 2006). "Anxo Quintana". Consultado o 10-03-2016.
- ↑ Xabier R. Blanco. El País (10 de agosto de 2008). "Reportaje: Madera de delantero". Consultado o 04-03-2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Anxo Quintana" Arquivado 12 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 18 de marzo de 2007.
- ↑ "Actualidad >> Gente >> Anxo Quintana". Expansión.com. Consultado o 04-03-2016.
- ↑ Paola Obelleiro. El País (29 de setembro de 2007). "La travesía política del Bloque". Consultado o 10-03-2016.
- ↑ Cristina Huete. El País (5 de agosto de 2009). "El feudo del BNG pide 20 años más". Consultado o 04-03-2016.
- ↑ ""Acta da sesión extraordinaria celebrada polo pleno da corporación o día 1 de setembro de 2000"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2006. Consultado o 02 de abril de 2016.
|archiveurl=
e|urlarquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|dataarquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|urlmorta=
redundantes (Axuda) - ↑ 9,0 9,1 Ana Martín Plaza. RTVE.es (12 de febreiro de 2009). "Anxo Quintana, el nacionalista que pasó por la Xunta". Consultado o 04-03-2016.
- ↑ Xosé Hermida (24 de novembro de 2003). "Quintana releva a Beiras al frente del BNG con el apoyo del 70%". Consultado o 03-03-2016.
- ↑ ""VII lexislatura (18-7-05 ao 6-1-09) - Resultados das eleccións ó Parlamento de Galicia"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 07 de marzo de 2016.
- ↑ Suso Souto. El Correo Gallego (18 de marzo de 2007). "Nacen las primeras Galescolas". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 04-03-2016.
|archiveurl=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|url-morta=
redundantes (Axuda) - ↑ Europa Press. 20 Minutos (6 de setembro de 2007). "Antón Losada dimite por "motivos personales"". Consultado o 4-3-2016.
- ↑ "Anxo Quintana, primer alto cargo de la Xunta que pedirá permiso de paternidad", ABC, 5 de febreiro de 2006 (en castelán).
- ↑ Bloque Nacionalista Galego (1 de outubro de 2007). 25 aniversario do BNG: Intervención de Anxo Quintana 1/2 (YouTube).
- ↑ Bloque Nacionalista Galego (5 de outubro de 2007). 25 aniversario do BNG: Intervención de Anxo Quintana 2/3 (YouTube).
- ↑ Bloque Nacionalista Galego (5 de outubro de 2007). 25 aniversario do BNG: Intervención de Anxo Quintana 3/3 (YouTube).
- ↑ J. C. ORTIZ e M. J. GÜEMES. Público.es (25 de febreiro de 2009). "Los espías entran en campaña". Consultado o 04-03-2016.
- ↑ Quintana anuncia diante do Consello Nacional que deixa o liderado do BNG
- ↑ La Opinión A Coruña (26 de agosto de 2011). "Anxo Quintana abandona o seu escano e o seu posto no Consello Nacional do BNG". Consultado o 03-03-2016.
- ↑ ""VIII lexislatura (1-4-09 ao 27-8-12) - Resultados das eleccións ó Parlamento de Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 07 de marzo de 2016.
- ↑ C. P. La Voz de Galicia (18 de abril de 2009). "Las bases del BNG dan su voto a la UPG, pero un peso notable al quintanismo". Consultado o 03-03-2016.
- ↑ David Lombao. Praza Pública (29 de xaneiro de 2015). "Anxo Quintana impulsa 'Somos nós', un "movemento cívico" para "construír país"". Consultado o 03-03-2016.
- ↑ Galicia Confidencial (3 de marzo de 2016). "O ex-vicepresidente Quintana abandona o BNG, mais non o nacionalismo". Consultado o 03-03-2016.
- ↑ 25,0 25,1 Henrique Varlea. Sermos Galiza (3 de marzo de 2016). "Quintana deixa o BNG porque di non compartir o seu proxecto político de “hoxe”". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 3 de marzo de 2016.
- ↑ "É cousa do animal" (PDF). Dropbox. Consultado o 28-03-2016.
- ↑ "Conta oficial de Anxo Quintana en Facebook". Facebook. Consultado o 28-03-2016.
- ↑ Galicia Confidencial (11 de marzo de 2016). "Quintana desvela por que o bipartito perdeu a Xunta: “Un prócer coruñés quería cambiar o concurso eólico”". Consultado o 28-03-2016.
- ↑ "Simbólico retorno de Anxo Quintana: será el número 22 de Allariz". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-03-26.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anxo Quintana |
A Galicitas posúe citas sobre: Anxo Quintana |
Bibliografía
- Vontade de nación, conversas con Anxo Quintana, de Xosé Luís Barreiro Rivas, 2008, Difusora.
Outros artigos
- Nados en 1959
- Nados en Allariz
- Vicepresidentes da Xunta de Galicia
- Conselleiros da Xunta de Galicia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG
- Alcaldes de Allariz
- Alcaldes de Galicia polo BNG
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Senadores de España polo BNG
- Senadores por designación do Parlamento de Galicia