Banato Central
Средњебанатски округ Srednjebanatski okrug Banato Central | |||
---|---|---|---|
Siuación | |||
| |||
Administración | |||
Capital | Zrenjanin | ||
Comisionado | s/d | ||
Municipios | 5 | ||
Asentamentos | 55 | ||
- Cidades e vilas | 4 | ||
- Pobos | 51 | ||
Sitio oficial | |||
Estadísticas | |||
Superficie | 3 256 km² | ||
Poboación (censo 2002) | 208 456 | ||
- Densidade de poboación | 64,0 hab./km² | ||
O Banato Central (en serbio Средњебанатски округ, Srednjebanatski okrug), é un distrito do norte de Serbia, na povincia autónoma de Voivodina, na rexión do Banato. A súa poboación en 2011 era de 186 951 habitantes.[1] A capital do distrito é Zrenjanin.
Nomes
[editar | editar a fonte]Ademais do nome serbios citado anteriormente, o distrito coñécese en croata como Srednjebanatski okrug, en húngaro como Közép-bánsági körzet, en eslovaco como Sredobanátsky okres, en romanés como Districtul Banatul Central e en ruteno como Стредобанатски окрух.
Municipios
[editar | editar a fonte]Nome | Superficie (en km²) |
Poboación 2002 | Poboación 2011 [2] | Estatuto |
---|---|---|---|---|
Žitište | 525 | 20.399 | 16.786 | Municipio |
Zrenjanin | 191 | 132.051 | 122.714 | Cidade |
Nova Crnja | 273 | 12.705 | 10.222 | Municipio |
Novi Bečej | 609 | 26.924 | 23.847 | Municipio |
Sečanj | 523 | 16.377 | 13.282 | Municipio |
Total | 3.254 | 208.456 | 186.851 |
Demografía
[editar | editar a fonte]De acordo co censo de 2002, no distrito vivían:
- Serbios = 150 794 (72,33 %)
- húngaros = 27 842 (13,35 %)
- Romanís = 5,682 (2,72 %)
- Romaneses = 5 156 (2,47 %)
- Iugoslavos = 3 759 (1,8 %)
- Eslovacos = 2 495 (1,19 %)
- Outros = s/d
Cultura
[editar | editar a fonte]No distrito hai moitos edificios que destacan pola súa beleza: a igrexa ortodoxa da Asunción, construída en 1746; a igrexa católica de Arač, que data do século XIII, e a catedral católica, de 1868.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía do distrito é diversa: industria, agricultura, forestal, industria da construción e transportes. La rama principal é a industria alimentaria, integrada no complexo industrial "Servo Mihalj" - Combine.
Outras industrias de produtos derivados da agricultura son a cerveceira "ZIP" DD, o DD "Luxol" industria química e do azucre.
Porén, moitas instalacións están en moi malas condicións, excepto a industria petroleira de "Dijamant" e a central leiteira de "Mlekoprodukt".
A cidade de Zrenjanin era o cuarto maior centro industrial da antiga Iugoslavia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Oficina Estatística da República de Serbia (en serbio), (en inglés) Consultada o 12/1/2012.
- ↑ Statistical Office of the Republic of Serbia Arquivado 24 de marzo de 2017 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 12/1/2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Banato Central |