Centro Galego de Montreal
Aparencia
O Centro Galego de Montreal fundouse o 10 de outubro de 1970 para agrupar ós galegos do Québec nunha asociación que promovera actividades sociais, culturais e deportivas. Chegou a contar con 300 socios en 1985 pero na actualidade só conta con 170 socios, publica anualmente a revista Revista Deportiva. Ten recoñecida oficialmente a súa galeguidade por decreto da Xunta de Galicia do 31 de agosto de 1988.