Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Chris Penn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChris Penn
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1965 Editar o valor en Wikidata
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xaneiro de 2006 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, Miocardiopatía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Holy Cross Editar o valor en Wikidata
EducaciónSanta Monica High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de televisión, actor de dobraxe Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata - 2006 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisLeo Penn Editar o valor en Wikidata  e Eileen Ryan Editar o valor en Wikidata
IrmánsMichael Penn
Sean Penn Editar o valor en Wikidata
ParentesDylan Penn, sobriña Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0001606 Allocine: 15571 Rottentomatoes: celebrity/chris_penn Allmovie: p55920 TCM: 150002 TV.com: people/chris-penn
BNE: XX1287724 Musicbrainz: d7c3492f-9d3a-463d-b057-cbfb05511b6d Discogs: 632487 WikiTree: Penn-2016 Find a Grave: 13114981 Editar o valor en Wikidata

Christopher Shannon "Chris" Penn, nado nos Ánxeles o 10 de outubro de 1965 e finado en Santa Monica (California) o 24 de xaneiro de 2006, foi un actor estadounidense. Normalmente tiña papeis de personaxes brutos, delincuentes, de clase traballadora ou cómicos. Dúas das súas actuacións máis memorables foron en Reservoir Dogs de Quentin Tarantino, no papel de Nice Guy Eddie, e en True Romance como Nicky Dimes. En 1996 gañou o premio ao mellor actor secundario no Festival Internacional de Cine de Venecia polo filme The Funeral.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o menor dos tres fillos do director de cine Leo Penn e a actriz Eileen Ryan, e irmán do tamén actor Sean Penn e o músico Michael Penn. Foi parella da modelo Steffiana de la Cruz entre 1993 e 1999.

Comezou a actuar aos 11 anos en Loft Studio e fixo o seu debut cinematográfico en 1979 na película Charlie and the Talking Buzzard. En 1983 participou en Rumble Fish, drama dirixido por Francis Ford Coppola, e en All the Right Moves, protagonizada por Tom Cruise, onde interpretaba o seu mellor amigo. Tamén tivo un papel no musical Footloose de 1984, no western dirixido por Clint Eastwood Pale Rider de 1985 e en All the Right Moves (1986), compartía película co seu irmán Sean Penn e súa nai.

En 1993 traballa en Short Cuts de Robert Altman, onde interpretou a un encargado da limpeza dunha piscina preocupado pola súa esposa, traballadora dunha liña erótica que atendía aos clientes desde a súa casa.

Interveu nun episodio da serie de televisión Law & Order: Criminal Intent durante a temporada 2004-2005, púxolle a voz a Eddie Pulaski no videoxogo Grand Theft Auto: San Andreas e participou en The Darwin Awards, película estreada un día despois da súa morte no Festival de Cine de Sundance.

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Chris Penn foi atopado morto na súa casa de Santa Monica o 24 de xaneiro de 2006, con 40 anos. A pesar do seu consumo pasado de drogas, a autopsia realizada pola forense do condado dos Ánxeles revelou que a causa principal da morte fora unha cardiomiopatía non específica, provocada por unha dilatación do corazón e unha serie de medicamentos.[1] O seu irmán Sean Penn ten dito que a morte do seu irmán foi producida principalmente polo seu elevado peso.[2]

Está soterrado do cemiterio de Holy Cross de Culver City (California).

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. La muerte de Chris Penn fue accidental, según señala el informe forense | elmundo.es
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2014. Consultado o 23 de xaneiro de 2011.