Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Christiane Nüsslein-Volhard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de maio de 2024 ás 19:38 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaChristiane Nüsslein-Volhard

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1942 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Magdeburgo (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Tubinga
Universidade de Frankfurt Editar o valor en Wikidata
Director de teseHeinz Schaller (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía, Bioquímica, genetic research (en) Traducir, bioloxía do desenvolvemento e Embrioloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Tubinga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbióloga, psicóloga, profesora universitaria, xenetista, bioquímica, fisiólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tubinga
Biozentrum University of Basel (en) Traducir
Universidade de Freiburg im Breisgau
Instituto Max Planck de Biologia do Desenvolvimento (pt) Traducir
EMBL
Universidade Duisburg-Essen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesada enXenética Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoRuth Lehmann Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesBenjamin List, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteWomen In Science (en) Traducir, (p.98-99) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Volhard-9

Christiane Nüsslein-Volhard, nada en Magdeburg o 20 de outubro de 1942,[1] é unha bióloga alemá, xunto con Eric Wieschaus, conduciu un espectacular e exitoso proxecto de mutaxénese a grande escala que iluminou o programa de desenvolvemento embriónico da mosca da froita (Drosophila melanogaster).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A bioloxía molecular é tradicionalmente feudo de pequenos laboratorios e experimentos que amosan principios ou exemplos de posible significación xeral. A norma son experimentos que mostran a actividade dun xene ou a acción dunha proteína. Por outra parte, a vixilancia de complexos biolóxicos son relativamente raros. Pero xenetistas como Nüsslein-Volhard foron máis ambiciosos, desenvolvendo coleccións de organismos mutantes que serven para fundamentar a investigación de procesos completos e ás veces, o traballo de moitos investigadores.

As moscas da froita foron longo tempo o cabalo de batalla da xenética polo seu pequeno tamaño, pequeno tempo de crecemento e complexidade vital. O rico conxunto de ferramentas e coñecemento preexistente continúa a fertilizar traballos posteriores. O que Nüsslein-Volhard e Wieschaus fixeron foi xerar mutacións aleatorias en xenes individuais e coller os representativos con descendentes amosando efectos letais durante o desenvolvemento embriónico (por exemplo, defectos de nacemento en moscas).

Desenvolveron unha vasta colección mutantes malformados, moitos con nomes descritivos como ourizo, aleixado e cogombro. O estudo deses mutantes e as súas interaccións levou a importantes novas percepcións do desenvolvemento temperá da Drosophila, de xeito especial os mecanismos que subxacen ós segmentos corporais, o que influenciou directamente estudos sobre segmentación en mamíferos, o que (de xeito menos obvio) é central no noso desenvolvemento e é aínda evidente na nosa columna vertebral.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1995 recibiu o Nobel de Fisioloxía ou Medicina xunto a Edward B. Lewis e Eric Wieschaus.[2]

En 2022, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.[3]

  1. "Christiane Nüsslein-Volhard, bióloga". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-10-20. Consultado o 2022-05-15. 
  2. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1995". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2022-05-15. 
  3. "Christiane Nüsslein-Volhard, Premi Nobel en Fisiologia o Medicina, investida doctora honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 12 de xullo de 2022. Consultado o 7 de novembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]