Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Cocoideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Cocoideos
Coccoidea

Rango fósil: Triásico - Actualidade
(130 - 0 Ma)

Cochinilla cerosa nunha póla de limoeiro
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hemiptera
Suborde: Sternorrhyncha
Superfamilia: Coccoidea
Handlirsch, 1903
Familias
Véxase o texto

A dos cocoideos (Coccoidea), coñecidos vulgarmente como cochinillas, ou tamén como insectos con escamas, é unha superfamilia de pequenos insectos da orde dos hemípteros e da suborde dos esternorrincos.[1]

Comprende preto de 8 000 especies, a maioría son parasitos de plantas que se alimentan de seiva, que chupan directamente do sistema vascular do hospedeiro. Porén, algunhas especies aliméntanse de tecido fúnxico.

Taxonomía

Descrición

A superfamilia foi descrita en 1903 polo entomólogo austríaco Anton Handlirsch.[1]

Etimoloxía

O nome científico Coccoidea está formado sobre a base da raíz do seu xénero tipo, Coccus, e o sufixo do latín científico -oidea, propio das superfamilias de animais.

Familias

Segundo o ITIS, a superfamilia comprende as familias seguintes:[1]

Características

Varían moito na súa aparencia, desde organismos moi pequehos (1-2 mm) de cubertas cerosas, até outros brillantes duns 5 mm e criaturas cubertas con cera melosa. As femas adultas son na súa maioría inmóbiles (como as da familia dos pseudocócidos) e están fixadas permanentemente ás plantas que parasitan. Segregan unha cuberta de cera para a súa defensa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.