Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Zooloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salamántiga galega (Chioglossa lusitanica), anfibio endémico do noroeste da península Ibérica,[1] en perigo de extinción.
Busto de Aristóteles,[2] da época imperial romana, en mármore e alabastro, copia do orixinal, en bronce, obra do escultor grego Lisipo (ca. 330 a.C.)

A zooloxía (dos termos do grego antigo ζῷον zõon, 'animal', e λόγος lógos, 'discurso', 'tratado') é a ciencia que estuda os animais, incluíndo a súa estrutura, embrioloxía, evolución, clasificación, hábitos e distribución de todas as especies.

Reunindo varias disciplinas e utilizando numerosas técnicas, esta ciencia foi lentamente elaborada a través do paso dos tempos, desde a máis remota antigüidade. Historicamente, as primeiras reflexións precientíficas referidas á zooloxía que chegaron até a actualidade son as do filósofo grego Aristóteles, do IV a.C.. As tentativas de clasificación das especeies animais foron numerosas e frecuentemente modificadas desde aquela época.

A controvertida distinción entre zooloxía e botánica

[editar | editar a fonte]
O corais, son animais ou plantas?

A fronteira entre a zooloxía, que estuda os animais, e a botánica, que estuda os vexetais, sempre foi obxecto de controversias, e aínda o é a día de hoxe.

Algúns seres vivos, que tradicionalmente foran considerados vexetais, resultaron seren animais. E mesmo hoxe, nos albores do século XXI, hai organismos que son obxecto de discusións. Para estes seres vivos atípicos, a pertenza a unha ou a outra das ciencias, está hoxe aclarándose grazas aos avances e descubrimentos técnicos e científicos (entre outros, a microscopía electrónica ou a análise do ADN).

Se a maior parte dos metazoos foron sempre indiscutibelmente considerados como animais, certos metazoos inferiores estaban aínda no século XIX situados nunha categoría particular denominada "Zoófitos" (etimoloxicamente animais-plantas).

Este grupo comprendía tradicionalmente os esponxiarios, os cnidarios e os ctenóforos. E Linneo clasificaba nesta categoría a moluscos cefalópodos como a xiba, gasterópodos como as borrachas (Aplysia punctata), e tamén a equinodermos como os ourizos, as estrelas e os cogombros de mar.[3] E non foi até o ano 1744 que Jean André Peyssonnel recoñecera os corais como animais; incluso os eponxiarios non foron recoñecidos como animais até 1825.[4]

O caso dos protozoos é aínda máis problemático. O estudo dos seres unicelulares amosa formas ambiguas nas que a distinción entre animal e vexetal no é clara.

Algúns, como as especies de Euglena ou certos peridíneos (dinoflaxelados), que poden teren nutrición autótrofa ou heterótrofa, hai moito tempo que están situados na fronteira entre ambas as disciplinas. En efecto, hai algúns organismos unicelulares que teñen clorofila (carácter do "estado vexetal"), pero que son móbiles e teñen unha membrana celular flexíbel (carácter do "estado animal").

Na segunda metade do século XIX, Ernst Haeckel, considerando que a coexistencia destes caracteres fora herdada de antepasados comúns aos animais e aos vexetais, creou, en 1866, para os organismes unicelulares o reino dos protistas (Protista). A protistoloxía, estudo científico dos protistas, encóntrase, pois, relacionado á vez coa zooloxía e a botánica. Porén, aínda permanece unha certa dicotomía tradicional: os zoólogos estudan as formas con "afinidade animal", e os botánicos as formas con "afinidade vexetal". As delimitacións e clasificacións dos protistas propostas polos expertos diverxen entón considerabelmente segundo a disciplina de que se trate.

Os investigadores intentaron delimitar os dous reinos, "animal" e "vexetal", que tenden a confundirse no seo dos flaxelados, pola coexistencia entre os zooflaxelados e os fitoflaxelados. Para os biólogos que, como Cavalier-Smith, a finais do século XX, recomendaban non utilizar o termo "animais unicelulares", a zooloxía é o estudo dos animais e dos protozoos.[5]

A comezos do século XXI, os datos da bioloxía molecular permiten apreciar de forma máis fiábel as relacións de parentesco entre as liñaxes dos organismos vivos.

  • Alveolata.[6] Foi posto en evidencia un estreito parentesco entre os cilióforos (ciliados), os esporozoos e os dinoflaxelados. Os dous primeiros grupos estaban anteriormente relacionados cos animais (protozoos) e o terceiro cos vexetais (fitoflaxelados), segundo a ausencioa ou a presenza de clorofila.
  • Euglenozoa.[7] Os tripanosomas incoloros (por exemplo Trypanosoma brucei, o axente patóxeno da enfermidade do sono) están próximos ás euglenas clorofílicas.
  • Heterokonta.[8] Unha mesma liñaxe reúne antigos protozoos, as opalinas (entre outras, parasitas da vexigas das ras), antigos fungos (entre eles Plasmopara viticola, o axente patóxeno do mildio da videira) e algas pardas pluricelulares, como os Fucus e as laminarias.
  • Opisthokonta.[9] O antigo reino animal, privado da maior parte das formas unicelulares que antigamente se relacionaban con el, parece próximo a un grupo que comprende a maioría dos antigos fungos. Entre as formas unicelulares, só o grupo dos coanoflaxelados ou Choanomonada queda como directamente emparentado cos metazoos, dos que constitúe un grupo irmán.

Os modernos métodos da cladística permitiron distinguir a liñaxe verde (que concirne indiscutibelmente á botánica e á ficoloxía), os opistocontos (que concirnen á zooloxía e á micoloxía), a liñaxe parda (ficoloxía), e diversas liñaxes nas que a pertenza a tal ou cal disciplina non está aínda esclarecida.

Artigo principal: Historia da zooloxía.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]

O home iniciou a zooloxía xa na prehistoria: a medida que ía entrando en contacto cos seres vivos (en especial, os animais) foinos coñecendo e utilizando de acordo coas súas necesidades.

A calidade dos coñecementos que tiña acerca da natureza reflíctese nas pinturas rupestres deixadas en cavernas polo home de Cro-Magnon.

Na revolución neolítica, á domesticación dos animais seguiu un coñecemento aínda máis adecuado dos fenómenos da natureza. As prácticas médicas rudimentarias involucraban certa clase de coñecementos sobre a anatomía humana, así como dos animais que se utilizaban na alimentación e para o traballo, que lle deron certos coñecementos superficiais das súas estruturas.

Idade Antiga

[editar | editar a fonte]

Oriente Medio e Extremo Oriente

[editar | editar a fonte]

As escolas de medicina da antigüidade realizaban diseccións de animais con fins de comparación anatómica e adestramento cirúrxico. En Babilonia, os sacerdotes coñecían algo acerca da anatomía animal (particularmente dos que sacrificaban) e de medicina; porén, esta última estaba intimamente ligada coa astroloxía. A medicina do antigo Exipto era máis práctica.

Os exipcios e os asirios realizaron observacións sobre vermes parasitos do home. Os antigos xudeus contribuíron cos seus coñecementos ás concepcións modernas de hixiene.

No Extremo Oriente o coñecemento da natureza e da medicina non estaba tan avanzado como noutros aspectos da cultura.

Antigüidade clásica

[editar | editar a fonte]
Grecia
  • Hipócrates (460377 a.C.) está considerado como unha das figuras máis destacadas da historia da medicina e moitos autores refírense a el como o "pai da medicina moderna",[10][11][12] en recoñecemento ás súas importantes e duradeiras achegas a esta ciencia. A súa escola intelectual revolucionou a medicina da Antiga Grecia, establecéndoa como unha disciplina separada doutros campos cos cales se asociaba tradicionalmente (notabelmente a teoloxía e a filosofía), convertendo o exercicio da medicina nunha auténtica profesión.[13][14]. Tamén é famoso por asociar a ética coa profesión médica (Xuramento hipocrático).
  • Aristóteles (384322 a.C.) está considerado como o pai da zooloxía. Educador de Alexandre o Grande, sabio e filósofo, atribúeselle a clasificación dos animais en dous grupos: animais con sangue (enaima) e animais sen sangue (anaima) (aproximadamente, os vertebrados e invertebrados, respectivamente). No campo da zooloxía as súas obras máis importantes foron Historia dos animais', unha bioloxía xeral dos animais; Sobre as partes dos animais, unha anatomía e fisioloxía comparadas, e Sobre a xeración dos animais, un tratado sobre a bioloxía do desenvolvemento.

A tradición grega continuou, na época romana, ao redor do Museo de Alexandría até ao redor do ano 30 a.C., pero declinou baixoo a dominación do Imperio romano.

Roma

Durante o Imperio romano producíronse só achegas rutineiras que incorporaban novos animais ao esquema aristotélico, existindo un baleiro case absoluto en canto ás posíbeis modificacións do mesmo.

  • Plinio o Vello (23-79) foi un nnaturalista romano que dedicou catro libros (VIII, IX, X e XI) aos animais da súa Naturalis Historia (A historia natural), obra enciclopédica en 37 volumes escritos en lingua latina. Nos catro libros sobre animais estuda, sucesivamente, os animais terrestres, os "peixes" (é dicir, os animais mariños —todos— e os peixes de río), as aves e os insectos.
  • Galeno (130200) foi o primeiro gran filósofo que empregou o método experimental nos seus estudos. Realizou unha clasificación de ósos e articulacións que se perdura até o día de hoxe. Pasou boa parte da súa vida na corte imperial, levando a cabo experimentos e escribindo. Fixo viviseccións de moitos animais co fin de estudar a función dos riles e a medula espiñal. Segundo as súas propias testemuñas, utilizou a 20 amanuenses para que anotaran as súas palabras. No ano 191 un incendio destruíu algunhas das súas obras.

O estudo dos animais na época romana é máis ben descritivo e impreciso, admitindo toda unha serie de seres fabulosos (sereas, grifóss, dragóns, unicornios) etc., que foron a base dos bestiarios medievais. Isto deu lugar a que moitas persoas creran que estes animais existían, o que se agudizou durante os séculos escuros da alta Idade Media, nos que se inventaron aínda máis lendas fabulosas.

Idade Media

[editar | editar a fonte]

A Idade Media non representou ningún avance no coñecemento zoolóxico. Desde a morte de Galeno até o denominado renacemento do século XII, recompiláronse os traballos de gregos e romanos. A maior parte dos autores interesados na vida animal son tributarios de Isidoro de Sevilla (ca. 560-636), que reuniu, a comezos do século VII, nas súas Etimoloxías (ou Origines) gran parte dos coñecementos, pero tamén dos mitos, transmitidos por Plino na súa Historia natural.

No século XII prodúcese o redescubrimento de Aristóteles e dos seus tratados consagrados aos animais, especialmente grazas aos comentarios do filósofo árabe Averroes (1126-1198). Isto sería o punto de partida dun renacemento do interese pol munde animal. Cómpre ter preesente que durante a última parte deste período, os principais centros de cultura estiveron no islam. Os científicos árabes conservaran e interpretaran o máis notábel da antiga ciencia grega, trasmitindo estes coñecementos á Europa cristiá. A obra zoolóxica máis notábel procede da España musulmá, data do século X e débese a Maslama al-Mayriti, o Tratado da xeración dos animais.

No século XIII, a figuras máis importantes no campo da zooloxía foron:

  • Frederico II (1194-1250), emperador do Sacro Imperio, que redacou un manual de cetrería e de ornitoloxía ilustrado, o De arte venandi cum avibus (Sobre a arte de cazar coln aves), no que describe máis de 900 especies de aves, e consigna moi precisas observacións sobre o comportamento das aves moi avanzadas para o seu tempo, non dubidado en criticar a Aristóteles ao que censura polo feito de ter un coñecemento das aves só teórico.
  • Alberte o Magno (ca. 1200-1280), autor dun vasto tratado, De animalibus (Sobre os aniimais), dedicado non só á fauna, senóin tamén á flora e aos minerais. Entre outras cousas, sinalou as diferenzas entre insectos e arácnidos, e contribuíu a eliminar os aspectos fantásticos, mitolóxicos e simbólicos que se introduciran nos séculos anteriores.

Pero, simultaneamente, a partir de finais do século XII, a historia natural dos animais atravesou o que se podería chamar o seu período fabuloso, coa multiplicación de "bestiairios" dedicados á descrición e representación simbólicae e animaao reais e imaxinarios. Os máis ricos bestiairios medievais inspíranse nunha obra oriental anónima, que data probabelmente do século II e redactada sen dúbida en Alexandría, O fisiólogo (en latín, Physiologus; en grego, Φυσιολόγος), bestiairio cristián posteriormente arrequecido por préstamos das Etimoloxías de Isidoro de Sevilla e doutro autors, que foi a fonte principal dos bestiarios medievais. Así, aparecen nestas recompilacións multitude de animais fabulosos ou fantásticos, entre eles unicornios, a ave fénix, os dragóns, o basilisco, a serpe de mar, as sereas, os grifóns e moitos máis.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

Renacemento

[editar | editar a fonte]
Famosa xilografía gravada par Albrecht Dürer (Alberte Durero) en 1515, denominada O rinoceronte de Durero.

O Renacemento debe o seu nome ao redescubrimento dos traballos dos antigos pensadores gregos e romanos, que marcou a fin da Idade Media e creou alicerces sólidos para o desenvolvemento de novos coñecementos. A ciencia como disciplina do coñecemento adquire así a súa autonomía e os seus primeiros grandes sistemas teóricos, até tal punto que Michel Blay fala da "canteira da ciencia clásica".[15][16] Este período é abundante en descricións, inventos, aplicacións e en representacións do mundo.

Dos científicos desta época destácanse Francis Bacon, Nicolao Copérnico e Galileo Galilei; eles estabeleceron o denominado método científico.

Ademais, no curso dos séculos XV e XVI prodúcense en Europa, iniciadas polos reinos de Castela e Portugal, grandes expedicións marítimas de envergadura mundial, coñecidas co nome de grandes descubrimentos. O impulso renovador da zooloxía vai ligado, por iso, ao descubrimento das faunas exóticas polas grandes exploracións xeográficas. É curioso que o descubrimento destes animais novos fixera volver os ollos cara aos propios.

Bacon, Copérnico e Galileo sentaron as bases do método científico

Entre os autores que describiron a fauna americana destacan Gonzalo Fernández de Oviedo (1478-1557), autor da Historia General y Natural de Indias (1535), Francisco López de Gómara (1511-1566), que escribiu Historia General de Indias (1552) e José de Acosta (15391600) que, na súa obra Historia Natural y Moral de las Indias (1590), sentou as bases para a zooxeografía, ao comparar a fauna europea coa americana.

Século XVI

[editar | editar a fonte]

No século XVI floreceron en Europa os museos zoolóxicos e as obras de recompilación.

  • Leonardo da Vinci (14251519) estudou a anatomía, relacionándoa coa fisioloxía, sendo ademais un grande observador dos seres vivos.
  • Guillaume Rondelet (1507-1566), médico de Montpellier, publicou en 1555Universæ aquatilium historiæ pars altera, obra onde relaciona todos os animais acuáticos (incluídos os míticos) que coñecía.
  • André Vesalio (15141564), profesor de anatomía en Padua (Italia), publicou en 1543 o primeiro tratado científico sobre anatomía humana, fermosamente ilustrado.
  • Pierre Belon (ca. 1517-1564) foi o autor da Histoire naturelle des éstranges poissons marins avec la vraie peinctvre & description du Daulphin & de plusieurs autres de son espèce (Historia natural dos estraños peixes mariños coa verdadeira imaxe e descrición do golfiño e de varios outros da súa especie). Tamén escribiu outra obra titulada Histoire de la nature des oiseaux (Historioa da natureza das aves).
  • Conrad Gessner (1516-1565) publicou a súa Historia animalium (Historia dos animais) en Zürich entre 1551 e 1558. Compilador infatigábel, alcumado o Plinio suízo, recompilou todos os coñecementos sobre os animais que puido recoller. A súa obra, ricamente ilustrada (entre outros, por Albrecht Dürer), sería frecuentemente reeditada durante máis de tres séculos.

Século XVII

[editar | editar a fonte]
  • William Harvey (15781667), médico inglés, publicou a primeira información correcta acerca do movemento do sangue no corpo humano (1628). Nos seus estudos embriolóxicos (1651) deu importancia á orixe tanto das formas vivíparas como ás ovíparas.
  • John Ray (1627-1705) e Francis Willughby (1635-1672), ambos os dous briutánicos, xogaron un papel esencial tanto na botánica cpomo na zooloxía durante este príodo. Coñecéronse en Cambridge e esatableceron axiña unha grande amizade. Xuntos, viaxaron por Europa para observaren os animais nos seus ambientes. En zooloxá, Ray foi o primeiro en propoñer unha clasificación dos animais fundada nos seus caracteres anatómicos; esta clasificación, especialmente a das aves, foi a máis avanzada até a obra de Linneo. A morte prematura de Willughby impediiulle rematar varias obras que Ray arrequeceu (ás veces considerabelmente) e publicou baixo o único nome de Willughby. Foi o caso, por exemplo, de Ornithologia (Londres, 1676) e de De historia piscium (Oxford, 1686). Entre as principais obras de Ray cómpre sinalar Synopsis animalium quadrupedum et serpentini generis (Londres, 1693) e as póstumas Historia insectorum (Londres, 1710) e Synopsis avium et piscium (Londres, 1713).
  • Francesco Redi (1626-1697), médico, naturalista, fisiólogo e escritor toscano demostrou (aínda que sen ter demasiado crédito entre os científicos da época) que os insectos non nacen por xeración espontánea, expoñendo as súas experiencias na obra Osservazioni intorno alla generaziones degli insetti (Observacións sobre a xeración dos insectos), de 1668. Polo seu labor investigador, exposto sobre todo na obra Osservazioni intorno agli animali viventi che si trovano negli animali viventi (Observacións sobre os animais viventes que se atopan nos animais viventes), publicada en 1664, está considerado o fundador da helmintoloxía científica (estudo dos vermes parasitos), describindo preto de 100 especies de parasitos microscópicos ou de moi pequeno tamaño.
  • Marcello Malpighi (1628-1694), biólogo e anaromista italiano, está considerado como o pai da anatomía micróscopica ou histoloxía, e hoxe levan o seu nome ducias de estruturas do corpo humano e dos insectos.
  • Antonio Vallisneri (1661-1730), médico e naturalista italiano, publicou, entre 1696 e 1700, os seus Dialoghi sopra la curiosa Origine di molti Insetti (Diálogos sobre a curiosa orixe de moitos insectos) na Galleria di Minerva; alí expón as súas primeiras expreriencias sobre a reprodución dos insectos que, coas observacións de Redi e Malpighi, contribuíron a desmentir a crenza, moi arraigada, na xeración espontánea.

Século XVIII

[editar | editar a fonte]
  • Joseph Guichard Duverney (1648-1730), médico e anatomista francés, presentou perante a Académie des sciences de París, nos primeiros anos do século XVIII, varias importantes memorias sobre os aparellos circulatorios e respiratorios de vertebrados de sangue frío, como as ras, as serpentes etc.[17] En 1720, Michael Bernhard Valentini (1657-1729), médico e coleccionista alemán, publicou (1720) un estudo onde compara a anatomía de diferentes vertebrados, sendo tamén famoso pola publicación, en 1714, de Museum Museorum, primeiro estudo das coleccións de animais de Europa. En 1734, Jacob Theodor Klein (1685-1759) dá á luz Naturalis dispositio Echinodermatum, obra pioneira sobre os equinodermos.
  • Johann Leonhard Frisch (1666-1743), lingüista, naturalista e entomólogo alemán, demostrou que o desenvolvemento dos vexetais podía retardarse pola acción dos seus parasitos.
  • René-Antoine Ferchault de Réaumur (1683-1757) levou a cabo experiencias sobre un gran número de asuntos (os máis coñecidos sobre o termómetro), pero tamén sobre a historia natural dos zoófitos, moluscos, crustáceos, insectos, arácnidos, peixes e aves. Entre 1734 e 1742 apareecen os seis volumes das Mémoires pour servir à l'histoire des insectes.
  • Abraham Trembley (1710-1784), naturalisxa xenovés fixo en 1740 o descubrimento impactante da reprodución por bipartición da hidra der auga doce; publicou as súas observacións en 1744 co título Mémoires pour servir à l'histoire d'un genre de polypes d'eau douce à bras en forme de cornes.
  • Charles de Geer (1720-1778), biólogo e político sueco de orixe valoa elaborou unha monumnental obra sobre os insectos, que continuaba os traballos de Réamur, na que decribiu os costumes e a anatomía de máis de 1 500 especies, baixo o mesmo títulos de Mémoires pour servir à l'histoire des insectes e na mesma forma, en sete volumes in 4°, que apareceron entre 1752 e 1778.
  • Lazzaro Spallanzani (1729-1799), naturalista italiano, foi o precursor da fisioloxía experimental. Polifacético, foi profesor de lóxica, grego, metafísica, física, matemática e historia natural en varias universidades do norte de Italia (e tamén ordenado sacerdote católico). Grazas aos seus traballos, fíxose acredor do alcume de "biólogo de biólogos", porque era foi unha persoa de múltiples intereses científicos que investigou, entre outras cousas, a orixe da vida, a rexeneración, a reprodución, a respiración e outras varias funcións do ser humano. Observador e experimentador de primeira orde, Spallanzani realizou, en 1777, a primeira fecundación artificial, estudando o mecanismo da reprodución nos batracios. Realizou tamén con éxito, en 1779, a primeira inseminación artificial dunha cadela. Continuando os estudos de Francesco Redi, en 1765, que un caldo adecuadamente fervido e pechado hermeticamente nun recipiente, permanecía estéril, sen producir animais, confirmando así que non existía a xeración espontánea da vida. (A pesar diso, a crenza nesta antiga e arraigada teoría non sería totalmente abandonada até un século despois, grazas aos traballos de Louis Pasteur.)
  • Carl von Linné (1707-1778), naturalista sueco (coñecido correntemente como Linneo), sentou as bases do sistema moderno de nomenclatura biolóxica, a nomenclatura binomial. Coñecido como o pai da taxonomía moderna, é a este título polo que é importante para a zooloxía, tendo en conta que era, sobre todo, botánico (e médico). A décima edición do seu Systema Naturae (O sistema da natureza)[18] décima edición deste libro (1758) é considerada o punto de partida da nomenclatura zoolóxica.[19]
  • Buffon (1707-1788) foi un naturalista francés cuxa magna obra, Histoire naturelle, générale et particulière, marcóu o seu tempo; dedicada principalmente aos animais, comprende, entre outras partes, L'Histoire des animaux quadrupèdes (12 volumes, 1753-1767) e L'Histoire des oiseaux (9 volumes, 1770-1783).

No último cuarto do século XVIII, a zooloxía, ciencia que trata de todos os animais da natureza, estaba dividida en diferentes partes, que se poden reducir a seis:[20]

  1. Tetrapodoloxía, historia dos cuadrúpedes cubertos de pelo.
  2. Ornitoloxía, historia das aves.
  3. Anfibioloxía, historia dos animais anfibios como as serpentes, os lagartos, as ras, as tartarugas etc.
  4. Ictioloxía, historia dos peixes.
  5. Entomoloxía, historia dos insectos.
  6. Zoofitooloxía, histoiria dos zoófitos.

Idade Contemporánea

[editar | editar a fonte]

Século XIX

[editar | editar a fonte]
Lámina de Birds of America, de Audobon.

Grandes naturalistas como Lamarck, Cuvier, Geoffroy Saint-Hilaire e Darwin encarnan o espírito do século XIX, marcado en zooloxía polas teorías da evolución das especies animais. O descubrimento, a principios do século, da combustión, a respiración e a formación de osíxeno polas plantas verdes (Lavoisier e Priestley), deu impulso á aplicación á bioloxía de coñecemientos químicos. A doutrina do protoplasma como unha característica universal da vida foi aceptada 30 anos despois. Caracterizaron a última parte deste ciclo os estudos sobre a mitose, o desenvolvento das células xerminais, a fecundación e a embrioloxía.

  • Jean-Baptiste Lamarck (17441829) deu a coñecer a súa teoría sobre a evolución, que formulou baseándose no uso ou non uso dos órganos vitais e na (hipotética) herdanza dos caracteres adquiridos. Expuxo a teoría no tratado Philosophie Zoologique, impecábel desde o punto de vista científico, aínda que máis tarde fixéronse evidentes algúns dos seus erros de concepto.
  • Georges Cuvier (17691832) creou a anatomía comparada e a paleontoloxía dos vertebrados. En 1812 enunciou as leis de subordinación dos órganos e de correlación das formas.
  • Étienne Geoffroy Saint-Hilaire (1772-1844) describiu a unidade dos plans de organización no seo do reino animal. Os seus traballos zoolóxicos tenden a demostrar a unidade de composición orgánica dos animais, nunha perspectiva transformista. Segundo el, existiría daquela, para o reino animal, un plan xeral de organización que sería modificado, co tempo, polo medio. Buscou entón analoxías entre as especies animais e enunciou a lei de conexión, de permanencia e de balance.
  • John James Audubon (1785-1851) percorreu a América do Norte, desde a península do Labrador até a Louisiana, durante 35 anos, acumulando notas, deseños e acuarelas sobre as aves. Os catro volumes sobre as aves de América (Birds of America) apareceron entre 1827 e 1838.
  • Karl Ernst von Baer (1792-1876) estudou a embrioloxía dos mamíferos. O seu descubrimento máis célebre foi o do óvulo (1827), até daquela confundido co folículo ovárico nos mamíferos,[21] que seguiu á posta en evidencia, en 1824, do papel fecundante dos espermatozoides por Prevost (1790-1850) e Dumas (1800-1884). O paso dunha embrioloxía descritiva a unha verdadeira embrioloxía comparada deuno, en 1828, von Baer. O embrión está formado por tres follas a partir das cales se forman ulteriormente os órganes; os primeiors estadios son semellantes en todos os animais.
  • Henri Milne-Edwards (1800-1885) fixo importantes innovacións, ligando a anatomía comparada de Cuvier coa fisioloxía. A súa obra máis importante, as Leçons sur la physiologie et l'anatomie comparée de l'homme et des animaux publicouse entre 1857 e 1881, en 14 volumes in 8º.
  • Richard Owen (1804-1892), que se autodefinía como o herdeiro de Cuvier, fou o autor de numerosas obras sobre anatomía e paleontoloxía dos vertebrados. En 1842 cuñou o nome dinosauros para designar un gran grupo de réptiles fósiles da era secundaria. Introduciu os conceptos de órgano homólogo e órgano análogo.
  • Theodor Schwann (18101882) observou os tecidos animais. Está considerado o pai da teoría celular, conxuntamente co botánico Schleiden.
  • Claude Bernard (1813-1872) foi o gran químico fisiólogo do século. Desaenvolveu a teoría do xerme das enfermidades e o principio do seu control biolóxico.
  • Johannes Peter Müller (18011858), científico con infinidade de coñecementos, aplicou a anatomía comparada, a química e a física na fisioloxía.
  • Carl Ludwig (18161898) tamén realizou estudos de fisioloxía desde o punto de vista da física. Inventou algúns dos aparellos de laboratorio máis útiles que actualmente se usan.
Ilustración de Anthropogenie, de Haeckel (1874), mostrando os estadios "moi temperán", "un pouco más tarde" e "pouco antes de necer" de embrións de peixe (F), salamántiga (A), tartaruga (T), polo de galiña (H), porco (S), vaca (R), coello (K) e humano (M).
  • Louis Agassiz (1807-1873) precisa as nocións de homoloxía e analoxía, na evolución, no seu estudo De l'espèce et la classification en zoologie (1869).[22]
  • Alfred Russel Wallace (18231913), zoólogo británico que, de forma independente a Darwin, chegou ás mesmas conclusións (e un dos que o animou a que publicara A orixe das especies). Foi o promotor da zooxeografía ao comprobar que existían diferenzas fundamentais entre a fauna asiática e a australiana, e estableceu, na súa obra The Geographical Distribution of Animals (A distribución xeográfica dos animais, 1876), unha liña de separación entre ambas as rexións bioxeográficas (coñecida hoxe como liña de Wallace).
  • Ernst Haeckel (1834-1919) foi un dos zoólogos darwinistas máis eminentes de finais do século XIX. Introduciu novidades tanto nas ideas como na terminoloxía. Fixo importantes estudos en embrioloxía comparada. A súa teoría da gastrea (1874) admite que o estado diblástico de esponxas e celentéreos é un grao evolutivo tamén presente nos demais metazoos, nos cales é transitorio, pois o superan para adquiriren o estado triblástico; deste xeito, imaxinou o arquetipo gastrea, antecesor dos metazoos actuais. Propuxo, en 1866, a chamada (e discutida) lei bioxenética fundamental: "a ontoxénese é unha curta recapitulación da filoxénese". Ademais, foi quen cuñou o termo ecoloxía.
  • Thomas Huxley (1825-1895), naturalista convencido pola teoría de Darwin, e un dos seus maiores defensores (alcumábano o bulldog de Darwin) dedicouse a demostrar as afinidades entre o home e os simios antropoides. Pero a obra científica de Huxley é, sobre todo, a dun zoólogo que fixo importantes contribucións á bioloxía dos invertebrados e os vertebrados. Ademais, Huxley deulle ao fenómeno da converxencia un papel esencial no proceso evolutivo.
  • Gregor Mendel (18221914) realizou, en 1860, os experimentos que lle permitiron descubrir as leis da herdanza biolóxica que actualmente se cóñecen como leis de Mendel (aínda que non foron apreciados até 1901).
  • Francis Galton (18221911) aplicou os métodos estatísticos aos estudos da heredanza humana.
  • Karl Wilhelm von Nägeli (18171891) descubriu os cromosomas en 1875.
  • Alfred Brehm (1829-1884) publicou dende 1864 a 1869 unha vasta obra en varios volumes sobre o mundo animal co título Illustrirtes Thierleben (Vida dos animais ilustrada), Brehms Thierleben (Vida dos animais segundo Brehm) nas edicións posteriores, que lle deron ao seu autor moita sona no mundo enteiro.
  • Alphonse Milne-Edwards (1835-1900) ocupouse particularmente da fauna abisal realizando de 1880 a 1883 varias exploracións científicas submarinas nos buques Travailleur e Talisman, desde o golfo de Biscaia até as illas Canarias, do Cabo Verde e as Azores, das que trouxo numerosas mostras de animais (peixes, crustáceos, moluscos, equinodermos, zoófitos) apañados até os 5 000 m de profundidade (algo extraordinario para a época).

Durante o século XIX apareceron os campos disciplinarios especializados segundo o grupo animal estudado. Os principais son:

Século XX

[editar | editar a fonte]

Neste século, caracterizado por unha aplicación máis intensa dos métodos experimentais, producíronse as maiores achegas ás ciencias biolóxicas.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Taxonomía.

Evolución das clasificacións zooloóxicas: primeiros intentos

[editar | editar a fonte]

A primeira clasificación dos animais da que temos noticia foi a xa citada de Aristóteles, que os dividiu en dous grupos: os animais "sen sangue", e os animais "con sangue".

No auténtico xurdimento da zooloxía despois do período lendario da Idade Media cómpre sinalar o labor de Edward Wotton (14921555), médico inglés, nado en Oxford e que exerceu a súa profesión en Londres, e que está considerado como o pioneiro dos estudos modernos da zooloxía, despoxándoa de moitas das adicións fantasiosas e folclóricas que engadiran co tempo ao corpo do coñecemento zoolóxico. As súas investigacións sistemáticas están recollidas De differentiis animalium libri decem, obra publicada en París en 1552.[23] Wotton, ademais, tamén foi parcialmente responsábel de Insectorum, sive, Minimorum animalium theatrum ou Teatro dos insectos, aínda que este non fou publicado (editado por Thomas Muffet) até 1634.[24]

Ray foi o primeiro en propoñer unha clasificación dos animais baseada en criterios anatómicos e non condutuais ou ambientais. A súa clasificación, especialmentre a das aves e os peixes peces, foi a máis avanzada até os traballos de Linneo. Nas súas diferentes obras, John Ray e Francis Willughby melloraron considerabelmente a clasificación dos animais,[25]

John Ray distingue, entre os animais, e como Aristóteles, os desprouvistos de sangue, os exsangües, e os que teñen sangue, os sanguíneos.
A súa clasificación dos animais é,. esquematicamente, a seguinte:

  • Animais exsangües (é dicir, invertebrados)
  • Animais sanguíneos (é dicir, vertebrados)
    • con respiración branquial (é dicir, peixes)
    • con respiración pulmonar
      • co corazón cun ventrículo (é dicir, réptiles)
      • co corazón con dous ventrículos
        • ovíparos e provistos de plumas (é dicir, aves)
        • vivíparos e provistos de pelos (é dicir, mamíferos)

A clasificación linneana

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Carl von Linné.
Táboa do Rein Animal na primeira edición (1735) do Systema Naturae de Linné.
Portada da décima edición do Systema Naturae de Linné (1758).

Carl Nilsson Linæus, latinizado como Carolus Linnaeus, tamén coñecido logo do seu ennobrecemento como Carl von Linné (1707-1778, científico, médico, botánico e zoólogo sueco, foi quen estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial, considérandoselle o fundador da moderna taxonomía (ademais de recoñecerse como un dos pais da ecoloxía).

Sendo novo, nunha viaxe aos Países Baixos, coñeceu a Jan Frederik Gronovius, a quen mostrou un dos seu manuscritos que levara con el desde Suecia. O manuscrito describía un sistema novo de clasificación das plantas. Cando Gronovius o viu quedou moi impresionado, ofrecéndose a axudarlle a custear a súa impresión. Cunha contribución monetaria adicional do doutor escocés Isaac Lawson, o manuscrito publicouse baixo o nome de Systema Naturae.[26][27]

Linné familiarizouse cun dos médicos e botánicos máis respectado dos Países Baixos, Herman Boerhaave, que intentou convencer a Linné de facer carreira no seu país. Boerhaave ofreceulle unha viaxe a Suráfrica e América, pero Linné escusouse manifestando que non soportaba a calor. Boerhaave suxeriulle visitar o botánico Johannes Burman, o cal Linné fixo. Tras a visita de Carl Linné, Burman quedou impresionado co coñecemento do seu invitado e decidiu que Linné quedaría con el durante o inverno. Durante a súa estancia Linné axudou a Burman coa súa Thesaurus Zeylanicus. Burman tamén axudou a Linné cos libros en que estaba traballando: Fundamenta Botanica e Bibliotheca Botanica.[28]

O seu título completo é Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis[29][30][31], (en galego: "Sistema natural, en tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares"). A décima edición deste libro é considerada o punto de partida da nomenclatura zoolóxica.[19]A parte zoolóxica de Systema Naturae rerpartía aos animais en seis grupos (Cuadrúpedes, Aves, Anfibios, Peixes, Insectos e Vermes), establecidas segundo caracteres anatómicos (dentes, bicos, aletas, ás etc.), e foi obxecto de numerosas emendas por Linné entre a 1ª edición (1735) e a 13ª edición (1770). Así, os seres humanos foron clasificados cos Primates, por primeira vez, en 1758. Na 10ª edición (1758), Linné transferiu os cetáceos dos Peixes aos Mamíferos, e aos morcegos das Aves tamén aos Mamíferos.

Linné atribuía a denominación de animais con sangue branco aos insectos e aos vermes.

En 1777, Pennant distinguiu aos crustáceos dos insectos.

Latreille separou tamén os insectes dos crustáceos, pero así mesmo dos arácnidos e dos miriápodos no seu Précis des caractères génériques des Insectes, disposés dans un ordre naturel, publicado en 1796.

Lamarck propón denominar 'animais sen vértebras' ou invertebrados aos animais que foranm antigamente considerados como desprovistos de sangue (e despois como 'animais de sangue branco') e darlle o nome de vertebrados aos que tiñan vértebras para substituír a denominación de 'animais de sangue vermello'.

En 1809, Lamarck dividiu os invertebrados en dez clases taxonómicas:

  1. Infusorios
  2. Pólipos
  3. Radiados
  4. Vermes
  5. Insectos
  6. Arácnidos
  7. Crustáceos
  8. Anélidos
  9. Cirrípedos
  10. Moluscos.

Canto aos vertebrados, conservou a clasificación de Linné en catro clases:

  1. Peixes
  2. Réptiles
  3. Aves
  4. Mamíferos.[32]

Blainville fixo varias modificacións significativas na clasificación dos animais no seu Prodrome, publicado en 1816. Elevou ao rango de clases independentes os réptiles e os anfibios (ou batracios).[33]

Na súa obra o Reino animal, publicada en 1817, Cuvier admite catro grupos principais que denomina filos ou grandes divisións dos animais: vertabrados, moluscos, articulados e zoófitos (ou radiados):[34]

  • I. Vertebrados: mamíferos, aves, réptiles, peixes.
  • II. Moluscos: cefalópodos, pterópodos, gastéropodos, acéfalos, braquiópodos, cirrípedos.
  • III. Articulados: anélidos, crustáceos, arácnidos, insectos.
  • IV. Zoófitos: equinodermos, intestinais, acalefos, pólipos, infusorios.

Gradualmente, desde os tempos Cuvier, o estudo anatómico foise disociando cada vez máis da morfografía, até que a día de hoxe ninguén considera de valor un estudo animal que non inclúa no seu enfoque a estrutura interna, a histoloxía e a embrioloxía.

Árbore do mundo animal, segundo Haeckel (1874).

En 1874, Ernst Haeckel propón,[35] baixo o nome de "árbore xenealóxico do home", unha filoxénia do reino animal construída segundo os datos da anatomía e da embrioloxía comparadas.

O científico alemán distinguía os protozoarios (Protozoa), os metazoarios ou metazoos invertebrtados (Metazoa evertebrata), os vertebrados (Vertebrata) e situaba aos mamíferos (Mammalia) no cumio da súa árbore filoxenética.

Clasificación actual (subreinos e filos)

[editar | editar a fonte]

(sen clasificar) Radiata (radiados)

(sen clasificar) Bilateria bilaterais)

(sen clasificar) Lophophorata (lofoforados)

(sen clasificar) 'Deuterostomia (deuteróstomos)

Nomenclatura dos animais

[editar | editar a fonte]

A nomenclatura é a disciplina da taxonomía e da sistemáticae que ten por obxecto definir e ditar as regras de atribución e de prioritidade dos nomes científicos dos organismos vivos (ou que viviran), chamados taxons. Foi Linné, como vimos, quen estableceu as regras base da nomenclatura binomial aínda hoxe utilizada.

En particular, a nomenclatura zoolóxica designa o cponxunto das regras que permiten denominar os taxons (como as especies) dos animai. O conxunto destas regras que fixan os nomes dos taxons constitúe o Código internacional de nomenclatura zoolóxica.[36] Esta nomenclatura zoolóxica está definida por un organismo, a Comisión internacional de nomenclatura zoolóxica.[37]

Cladística

[editar | editar a fonte]
Willi Hennig.

A cladística é unha rama da bioloxía que define as relacións evolutivas entre os organismos baseándose en similitudes derivadas. É a máis importante das sistemáticas filoxenéticas, que estudan as relacións evolutivas entre os organismos.

A cladística é un método de análise rigoroso que emprega as "propiedades derivadas compartidas" (sinapomorfias) dos organismos. Foi creado nos anos 1950 polo entomólogo alemán Willi Hennig (1913-1976).[38][39]

A análise cladística forma a base da maior parte dos sistemas modernos de clasificación biolóxica, que buscan xuntar os organismos polas súas relacións evolutivas.

Filoxenia dos animais

[editar | editar a fonte]

No seguinte cladograma Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.</ref> Trátase dunha hipótese filoxenética "clásica" na que se recoñecen os grandes clados admitidos tradicionalmente (pseudocelomados, articulados etc.) e asume a teoría colonial como a explicación sobre a orixe dos metazoos.

Choanoflagellata

Animalia
Parazoa

Porifera

Placozoa

Eumetazoa

Cnidaria

_______

Ctenophora

Bilateria
Protostomia
Acoelomata

Platyhelminthes

Schizocoelomata

Nemertea

Sipuncula

Mollusca

Echiura

Articulata

Annelida

____

Onychophora

____

Tardigrada

Arthropoda

Gnathostomulida

Entoprocta

Cycliophora

Rotifera

Acanthocephala

Pseudocoelomata

Gastrotricha

Nematoda

Nematomorpha

Priapula

Kinorhyncha

Loricifera

Deuterostomia
Lophophorata

Phoronida

Ectoprocta

Brachiopoda

Chaetognatha

Echinodermata

Hemichordata

Chordata
____

Vertebrata

Cephalochordata

Urochordata

Segundo o punto de vista que se acaba de expoñer, os bilaterais subdivídense en catro grandes liñaxes:

As modernas técnicas de secuenciación de bases de ADN, xunto coa metodoloxía da cladística, permitiron reinterpretar as relacións filoxenéticas dos distintos filos animais, o que conduciu a unha revolución na clasificación dos mesmos; aínda non hai un acordo unánime sobre o tema, pero son cada vez máis os zoólogos que admiten a nova clasificación; así, a maioría das bilaterais parecen pertencer a unha destas catro liñaxes:

Os decubrimentos continuos na zooloxía

[editar | editar a fonte]
Ocapi (Okapia johnstoni).

Numerosas especes animais non se coñecen aínda na actualidade, quer por estar en coleccións non estudadas polo de agora, quer porque aínda non foron descubertas.

Algúns descubrimentos recentes foron moi importantes, como, por exemplo:

  • A nivel taxonómico, o filo enteiro dos pogonóforos non foi recoñecido e creado até 1944, e o primeiro individuo do grupo non se descubriu até 1914.
  • A nivel das dimensións do animal, o ocapi, un mamífero africano parente próximo das xirafas, non foi descuberto até 1900, e descrito o ano seguinte, a pesar de que pode medir máis de 2 m de lonxitude (pero que vive oculto na mesta selva congolesa).[40] E o tiburón de fociño grande, que mide máis de 4 m de lonxitude, foi descuberto en 1976 e descrito en 1983.[41]
  • A nivel do coñecemento da evolución das especies, o celacanto non foi coñecido polos científicos máis que en estado fósil até 1938.
  • A nivel cultural, o xénero Architeuthis, ao que pertencen as luras xigantes, que deron lugar a tantas lendas, non foi descrito até 1857 por Japetus Steenstrup e establecido en 1860 por James Edmund Harting.[42]

Subdisciplinas da zooloxía e ciencias relacionadas

[editar | editar a fonte]
  1. A súa área de distribución está rextrinxida a Galicia, norte de Portugal e a parte más occidental da cornixa cantábrica.
  2. A filosofía de Aristóteles, discípulo de Platón e con influencias de Parménides, Sócrates, Heráclito e Demócrito, tivo unha enorme influencia no pensamento occidental, especialmente despois do seu redescubremento no século XII; grandes pensadores influídos por el son, entre outros, Avicena, Averroes, Maimónides, Alberte o Magno, Tomé de Aquino, Tolomeo , Copérnico e Galileo.
  3. Valmont de Bomare (1775): Dictionnaire raisonné universel d'histoire naturelle, Brunet, Paris, tomo IX, p. 474.
  4. VV. AA. (1974): Grande encyclopédie Alpha des sciences et techniques, Zoologie, tomo I, Grange Batelière, Paris.
  5. Thomas Cavalier-Smith, "A revised six-kingdom system of life", Biological Reviews, Cambridge Philosophical Society, Vol.73, Nº.3, agosto de 1998, p. 234.
  6. "Alvélobiontes", in Hervé Le Guyader e Guillaume Lecointr], Classification phylogénétique du vivant, 3ª ed., Belin, Paris, 2006, p. 111. ISBN 2-7011-4273-3
  7. "Euglénobiontes", in Hervé Le Guyader et Guillaume Lecointre, Classification phylogénétique du vivant, 3ª ed., Belin, Paris, 2006, pp .128-129. ISBN 2-7011-4273-3.
  8. "Straménopiles", in Hervé Le Guyader et Guillaume Lecointre, Classification phylogénétique du vivant, 3ª ed., Belin, Paris, 2006, pp.118-119. ISBN 2-7011-4273-3.
  9. "Opisthocontes", in Hervé Le Guyader et Guillaume Lecointre, Classification phylogénétique du vivant, 3ª ed., Belin, Paris, 2006, p. 135. ISBN 2-7011-4273-3.
  10. Useful known and unknown views of the father of modern medicine, Hippocrates and his teacher Democritus., U.S. National Library of Medicine
  11. Hippocrates Arquivado 29 de outubro de 2009 en Wayback Machine., Microsoft Encarta Online Encyclopedia 2006. Microsoft Corporation.
  12. Strong, W. F. e Cook, John A. (xullo de 2007). "Reviving the Dead Greek Guys". Global Media Journal, Indian Edition. ISSN 1550-7521. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2007. Consultado o 19 de setembro de 2012.  Arquivado 07 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
  13. Garrison, Fielding H. (1966): History of Medicine. Filadelfia: W.B. Saunders Company, pp. 92–93.
  14. Nuland, Sherwin B. (1988): Doctors. Knopf Doubleday Publishing Group. ISBN 0-394-55130-3, p. 5.
  15. Michel Blay, Dictionnaire critique de la science classique, Flammarion, 1988.
  16. Este período foi igualmente recoñecido como o fundador da ciencia clásica e institucional polas Actes du Congrès International d'Histoire des Sciences, que tiveron lugar en Liexa en 1997.
  17. Gascoigne, Robert Mortimer (1987): A chronology of the history of science, 1450-1900. New York: Garland. ISBN 0-8240-9106-X, p. 204.
  18. O seu título completo é Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis ( en galego: "Sistema da natureza, en tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares").
  19. 19,0 19,1 Gribbin, Mary (2008). Flower hunters. Oxford: Oxford University Press. p. 47. ISBN 978-0-19-280718-2. OCLC 183610492. 
  20. "Zoologie", in Denis Diderot (dir.), Encyclopédie ou Dictionnaire raisonné des sciences, des arts et des métiers, tomo 36º, Pellet imprimeur-libraire, Genève, 1779, pp. 474-475. (A famosa Encyclopédie
  21. Karl Ernst von Baer, De Ovi Mammalium et Hominis Generi, Leipzig, 1827.
  22. Louis Agassiz, De l'espèce et de la classification en zoologie, Germer Baillière libraire-éditeur, Paris, 1869.
  23. Pollard, A. F.; Wallis, Patrick (2004). "Wotton, Edward (1492–1555)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. Consultado o 22/09/2012. 
  24. Insectorum, sive, Minimorum animalium theatrum Arquivado 25 de agosto de 2006 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 22/09/2012.
  25. Francis Willughby, "Ornithologia libri tres," publicación póstuma editada por John Ray, 1676.
    Francis Willughby, "De Historia Piscium", publicación póstuma editada por John Ray, 2 volumes, 1686.
    John Ray, "Sinopsis methodica animalium quadrupedum et serpentini genmeris, 1693.
    John Ray, "Historia insectorum", publicación póstuma, 1710.
    John Ray, "Sinopsis methodica avium
    , publicación póstuma.
  26. Blunt, Wilfrid (2004): Linnaeus: the compleat naturalist. Frances Lincoln. ISBN 0-7112-2362-9, pp. 98-100. [1].
  27. Anderson, Margaret J. (1997): Carl Linnaeus: father of classification. Enslow Publishers. ISBN 0-89490-786-7, pp. 62–63.
  28. Blunt, Wilfrid, Op. cit, pp. 100–102.
  29. tomus I (Regnum animale) pars 2 / Caroli a Linné 1767
  30. tomus II (Regnum vegetabile)
  31. tomus III (Regnum lapideum)
  32. Jean-Baptiste de Monet de Lamarck, "Tableau du Règne Animal" in Recherches sur l’organisation des corps vivants, Paris, 1806.
    Jean-Baptiste de Monet de Lamarck, Philosophie zoologique ou Exposition des considérations relatives à l’histoire naturelle des animaux, Paris, 1809.
  33. Henri-Marie Ducrotay de Blainville, Prodrome d'une nouvelle distribution systématique du règne animal, Bulletin de la Société philomatique de Paris, Vol.8, 1816.
  34. Georges Cuvier, Le règne animal distribué d'après son organisation: Pour servir de base à l'histoire naturelle des animaux et d'introduction à l'anatomie comparée (O reino animal distribuído segundo a súa organización: para servir de base á historia natural dos animais e de introdución á anatomía comparada), Déterville libraire, Imprimerie de A. Belin, Paris, 4 tomos, 1817.
    Tomo I, que contén a introdución, os mammíferos e as aves.
    Tomo II, que contén os réptiles, os peixes, os moluscos e os anélidos.
    TomoIII, que contén os crustáceos, os arácnidos e os insectos.
    TomoIV, que contén os zoófitos, as táboas e as láminas.
  35. Ernst Haeckel, Anthropogenie: oder, Entwickelungsgeschichte des Menschen, Engelmann, Leipzig, 1874.
  36. International Commission on Zoological Nomenclature, 1999. International Code of Zoological Nomenclature. International Trust for Zoological Nomenclature. ISBN 0-85301-006-4 (contido online aquí Arquivado 24 de maio de 2009 en Wayback Machine.). (en inglés) Consultada o 22/09/2012.
  37. Páxina oficial (en inglés) Consultada o 22/09/2012.
  38. Willi Hennig, Grundzüge einer Theorie der phylogenetischen Systematik (Fundementos dunha teoría da sistématica filoxenética), Deutscher Zentralverlag, Berlin, 1950.
  39. Schlee, D. (1978): "In Memoriam Willi Hennig 1913-1976. Eine biographische Skizze". Entomologica Germanica (Stuttgart: Fischer) 4: 377–391.
  40. "Okapia johnstoni (P. L. Sclater, 1901); TSN 625037". SIIT (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2018.  ]
  41. "Megachasma pelagios Taylor, Compagno e Struhsaker, 1983; TSN 159983 , 1983". SIIT (en inglés). 159983. }
  42. SIIT Nome científico: Architeuthis Steenstrup, 1857 in Harting, 1860.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cole, Francis Joseph (1944): A History of Comparative Anatomy from Aristotle to the 18th Century. Londres: MacMillan and Co., Ltd.
  • D'Ancona, H. (1970): Tratado de Zoología. 2 vols. Barcelona: Editorial Labor.
  • d’Hondt, Jean-Loup (2007): Histoire de la zoologie. París: Ellipses. ISBN 2-7298-2920-9.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Grassé, P.-P., dir. (1950-1979): Traité de zoologie, anatomie, systématique, biologie. París: Masson.
  • Grassé, P.-P., dir. (1976): Zoología. 4 vols. Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0199-7.
— Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Tomo 1. Invertebrados. ISBN 84-311-0200-4.
— Devillers, Ch. e P. Clairambault (1977); Tomo 2. Vertebrados. Anatomía comparada. ISBN 484-311-0211-X.
— Grassé, P.-P. (1978): Tomo 3. Vertebrados. Reproducción, biología, evolución y sistemática. Agnatos, peces, anfibios y reptiles. ISBN 84-311-0233-0.
— Grassé, P.-P. (1980): Tomo 4. Vertebrados. Reproducción, biología, evolución y sistemática. ISBN 84-311-0270-5.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Nielsen, K. (2001): Animal Evolution: Interrelationships of the Living Phyla 2nd edition. Oxford University Press.
  • Schmidt-Nielsen, K. (1997): Animal Physiology: Adaptation and Environment. 5th edition. Cambridge University Press.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]