Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Fokker V.1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de abril de 2022 ás 12:48 por Beninho (conversa | contribucións) (engado a Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1916 mediante HotCat)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Fokker V.1
Tipocaza
FabricanteFokker-Flugzeugwerke
Deseñado porReinhold Platz
Primeiro voo1916
Unidades construídas1
VariantesFokker V.2

O Fokker V.1 foi un pequeno sesquiplano experimental de caza alemán, fabricado en 1916 por Fokker-Flugzeugwerke. Foi o primeiro avión de Fokker supostamente deseñado por Reinhold Platz (os respectivos papeis xogados polo propio Fokker, Platz e posiblemente outros no deseño conceptual dos avións da compañía é matería de discusión entre os historiadores), e foi un dos primeiros experimentos de construción dun á en saínte, eliminando os cables de reforzo típicos nos deseños da época. Isto xa o conseguira anteriormente Hugo Junkers usando materiais metálicos no seu Junkers J 1 en 1915.