Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Fonética: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m "Sen embargo" non existe no galego
Liña 6: Liña 6:
Tanto a [[fonoloxía]] como a fonética teñen como obxecto de estudo os aspectos sonoros do [[signo lingüístico]] e o nome das dúas deriva da palabra grega ''phonos'' ("voz" ou "son"). A fonoloxía estuda os sons desde o punto de vista da [[lingua]], do [[sistema]], da [[forma lingüística|forma]]. Para a fonoloxía o son é unha unidade de lingua virtual, relevante e significativa que posúe un valor determinado. Porén, as unidades da fonoloxía, os [[fonema]]s, son abstractas, son sons inmateriais que son recoñecidos no seo dunha [[comunidade de fala]]. A fonética estuda o son como parte da [[fala]] e define unidades [[actualización|actualizadas]] (isto é, efectivamente realizadas). As unidades da fonética, os sons, pódense definir por medios físicos.
Tanto a [[fonoloxía]] como a fonética teñen como obxecto de estudo os aspectos sonoros do [[signo lingüístico]] e o nome das dúas deriva da palabra grega ''phonos'' ("voz" ou "son"). A fonoloxía estuda os sons desde o punto de vista da [[lingua]], do [[sistema]], da [[forma lingüística|forma]]. Para a fonoloxía o son é unha unidade de lingua virtual, relevante e significativa que posúe un valor determinado. Porén, as unidades da fonoloxía, os [[fonema]]s, son abstractas, son sons inmateriais que son recoñecidos no seo dunha [[comunidade de fala]]. A fonética estuda o son como parte da [[fala]] e define unidades [[actualización|actualizadas]] (isto é, efectivamente realizadas). As unidades da fonética, os sons, pódense definir por medios físicos.


Por exemplo, nas palabras ''vai'' e ''avó'' as [[consoantes]] son distintas do punto de vista [[Articulación fonética|articulatorio]] e das características físicas, pois aínda que as dúas son [[bilabial|bilabiais]] e [[sonoro|sonoras]], a primeira é [[oclusiva]] e a segunda [[fricativa]]. Son foneticamente dous sons diferentes. Sen embargo, desde o punto de vista do sistema do galego esta diferenza non é distintiva e polo tanto ambas as dúas realizacións se corresponden cun único fonema desde o punto de vista da fonoloxía. Noutros idiomas a distinción si podería ser pertinente. Así, por exemplo, a distinción entre e [[aberto]] e e [[pechado]] é estudada pola fonoloxía en galego, pois hai palabras como présa (apuro) e presa (conxunto ou dique) que se diferencian por ese fonema, pero non o é en español, onde só é obxecto de descrición fonética. A fonética manexa procedementos físicos de medición de son.
Por exemplo, nas palabras ''vai'' e ''avó'' as [[consoantes]] son distintas do punto de vista [[Articulación fonética|articulatorio]] e das características físicas, pois aínda que as dúas son [[bilabial|bilabiais]] e [[sonoro|sonoras]], a primeira é [[oclusiva]] e a segunda [[fricativa]]. Son foneticamente dous sons diferentes. Non obstante, desde o punto de vista do sistema do galego esta diferenza non é distintiva e polo tanto ambas as dúas realizacións se corresponden cun único fonema desde o punto de vista da fonoloxía. Noutros idiomas a distinción si podería ser pertinente. Así, por exemplo, a distinción entre e [[aberto]] e e [[pechado]] é estudada pola fonoloxía en galego, pois hai palabras como présa (apuro) e presa (conxunto ou dique) que se diferencian por ese fonema, pero non o é en español, onde só é obxecto de descrición fonética. A fonética manexa procedementos físicos de medición de son.


Porén, ambas as dúas disciplinas están interconectadas, porque sen a fonoloxía non se podería descubrir o verdadeiramente sistemático da lingua e sen a fonética a fonoloxía non se podería desenvolver. A fonética ocúpase de todas as variacións e de todas as posibilidades que ofrece a [[materia]] fónica, mentres que a fonoloxía o fai dos sons que posúen un valor diferenciador de [[significado]]s.
Porén, ambas as dúas disciplinas están interconectadas, porque sen a fonoloxía non se podería descubrir o verdadeiramente sistemático da lingua e sen a fonética a fonoloxía non se lograría desenvolver. A fonética ocúpase de todas as variacións e de todas as posibilidades que ofrece a [[materia]] fónica, mentres que a fonoloxía o fai dos sons que posúen un valor diferenciador de [[significado]]s.


== Historia da fonética ==
== Historia da fonética ==

Revisión como estaba o 15 de outubro de 2015 ás 18:35

A fonética é a disciplina da lingüística que estuda a produción, as calidades físicas e a percepción dos sons dunha lingua, en canto realidades físicas concretas. A fonética persegue o coñecemento do son lingüístico en xeral.

Diferenza entre fonética e fonoloxía

Véxase tamén: Fonoloxía.

Tanto a fonoloxía como a fonética teñen como obxecto de estudo os aspectos sonoros do signo lingüístico e o nome das dúas deriva da palabra grega phonos ("voz" ou "son"). A fonoloxía estuda os sons desde o punto de vista da lingua, do sistema, da forma. Para a fonoloxía o son é unha unidade de lingua virtual, relevante e significativa que posúe un valor determinado. Porén, as unidades da fonoloxía, os fonemas, son abstractas, son sons inmateriais que son recoñecidos no seo dunha comunidade de fala. A fonética estuda o son como parte da fala e define unidades actualizadas (isto é, efectivamente realizadas). As unidades da fonética, os sons, pódense definir por medios físicos.

Por exemplo, nas palabras vai e avó as consoantes son distintas do punto de vista articulatorio e das características físicas, pois aínda que as dúas son bilabiais e sonoras, a primeira é oclusiva e a segunda fricativa. Son foneticamente dous sons diferentes. Non obstante, desde o punto de vista do sistema do galego esta diferenza non é distintiva e polo tanto ambas as dúas realizacións se corresponden cun único fonema desde o punto de vista da fonoloxía. Noutros idiomas a distinción si podería ser pertinente. Así, por exemplo, a distinción entre e aberto e e pechado é estudada pola fonoloxía en galego, pois hai palabras como présa (apuro) e presa (conxunto ou dique) que se diferencian por ese fonema, pero non o é en español, onde só é obxecto de descrición fonética. A fonética manexa procedementos físicos de medición de son.

Porén, ambas as dúas disciplinas están interconectadas, porque sen a fonoloxía non se podería descubrir o verdadeiramente sistemático da lingua e sen a fonética a fonoloxía non se lograría desenvolver. A fonética ocúpase de todas as variacións e de todas as posibilidades que ofrece a materia fónica, mentres que a fonoloxía o fai dos sons que posúen un valor diferenciador de significados.

Historia da fonética

  • Os primeiros estudos de fonética realizáronos hai máis de 2000 anos estudosos do sánscrito como o gramático Pānini (século V a.C.) que se ocupou da articulación fonética para establecer a pronunciación inalterable dos libros sacros nas cerimonias.
  • O matemático inglés John Wallis, mestre de xordomudos, foi o primeiro en clasificar as vogais segundo o seu punto de articulación (1653).
  • O alemán Hellwag inventou o triángulo vocálico en 1781.
  • Hermann Helmholtz, que escribiu Sensacións do ton (1863), inaugurou o estudo da fonética acústica.
  • Jean Pierre Rousselot foi o primeiro investigador da fonética experimental e escribiu os Principes de phonétique experimentale que se publicaron entre os anos 1897 e 1908.
  • No século XIX Jan Baudouin de Courtenay intúe o concepto de fonema, que despois será formulado por Ferdinand de Saussure.

Pólas da fonética

O estudo do medio fónico pódese levar a cabo desde tres puntos de vista:

  • auditivo, que atende o modo en que o oído e o cerebro do oínte perciben e identifican os sons da fala;
  • acústico, que estuda a estrutura física dos sons da fala, isto é, as propiedades das ondas sonoras;
  • articulatorio ou fisiolóxico, que se ocupa do aparello fonador e do modo mediante o que producimos sons. É o punto de vista con maior tradición.

Estas tres focaxes dan lugar ás dúas grandes pólas da fonética: a fonética articulatoria e a fonética acústica.

Fonética articulatoria

Describe as posicións que se adoptan na articulación dos sons para modificar a saída do ar. Non só se describen os sons, senón que se lles asignan trazos segundo o modo e o lugar da articulación. O principal método usado é a auto-observación, pero existen outros coma:

  • a palatografía: créase un padal artificial que, logo de cubrirse cun po de cores que reacciona ao recibir humidade, se introduce na boca do voluntario. Serve fundamentalmente para recoñecer os sons palatais.
  • o linguograma: métese na boca dun padal artificial que colorea a lingua. Permite recoñecer os sons linguais.
  • a plastografía: conxunto de fíos de estaño delgados ligados á dentadura que se curvan coa elevación da lingua e toman a súa forma. Permiten obter o perfil da lingua e, por medio dela, unha imaxe da forma da cavidade bucal diante e detrás da zona de articulación.
  • os raios X. Sácanse fotos do movemento das cordas vocais utilizando cámaras de gran velocidade.

Un dos intereses da fonética articulatoria actual é a determinación da forma e o volume dos resoadores que se forman na cavidade bucal na realización das diferentes articulacións.

Fonética acústica

A fonética acústica estuda os compoñentes das ondas complexas dos sons articulados e busca cales son imprescindíbeis. Usa ou usou algunhas destas técnicas:

  • a quinografía. É un cilindro rotatorio envolto en papel no que incide un estilete movido polas vibracións da voz.
  • o oscilógrafo ou osciloscopio, que converte a onda sonora en onda luminosa por medio de tubos catódicos.
  • o espectógrafo ou sonógrafo, que volve a fala visíbel: os sons aparecen en bandas delimitadas e diferenciadas. Conta cun sistema de filtros situados uns a continuación de outros. Cada un dos filtros só reacciona diante de certo tipo de frecuencia. Permite analizar os sons nos seus compoñentes ou formantes.

Hoxe en día estes aparellos son substituídos ou complementados por computadores e software.

A fonética acústica describe esencialmente o timbre e o ton fundamentais máis os seus harmónicos. Por exemplo, as vocais [a] e [e] poden ter o mesmo ton, mais os seus harmónicos son distintos.

Transcrición fonética

A transcrición fonética é a representación por medio de signos gráficos dos sons efectivamente realizados. O alfabeto máis estendido a nivel mundial é o Alfabeto Fonético Internacional, ou AFI, cuxa primeira versión apareceu en 1888 auspiciada pola International Phonetic Association (Asociación Fonética Internacional ou IPA, siglas que tamén se usan para referirse ao alfabeto mesmo). Para o galego usouse até hai pouco unha adaptación do alfabeto fonético da Revista de Filología Española. Os sons transcríbense entre corchetes.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martínez Celdrán, Eugenio (2002). Editorial Galaxia, ed. Introducción á fonética. O son na comunicación. Vigo. ISBN 978-84-8288-493-6.