Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Gento II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGento II
Biografía
Nacemento24 de abril de 1939 Editar o valor en Wikidata
Guarnizo, El Astillero, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Guarnizo, El Astillero, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor en Wikidata - 1976 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña
  Elche CF

Julio Gento López, máis coñecido como Gento II, nado en Guarnizo (El Astillero, Cantabria) o 24 de abril de 1939 e finado na mesma localidade o 14 de setembro de 2016, foi un futbolista español que xogaba na demarcación de centrocampista. Era irmán dos tamén futbolistas Paco Gento e Gento III.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1961–62 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. Debutou na décima xornada, nun partido en Riazor contra o CD Ourense que rematou con vitoria local por 4–1, anotando Gento o cuarto gol do conxunto branquiazul. Foi un habitual da dianteira coruñesa xunto con Jaime Blanco, Veloso e Amancio. O equipo logrou o ascenso a Primeira División tras lograr o campionato de Segunda, e Gento participou en 17 encontros e logrou 4 goles.

Faleceu o 14 de setembro de 2016, aos 77 anos.[1]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo