Giuseppe Meazza
Giuseppe Meazza (nado o 23 de agosto de 1910 en Milán e falecido o 21 de agosto de 1979) foi un futbolista Italiano. Está considerado coma un dos mellores xogadores italianos de tódolos tempos, xunto con lendas coma Valentino Mazzola, Silvio Piola, Giacinto Facchetti , Gianni Rivera, Renzo De Vecchi, Dino Zoff, Luigi Riva, Gaetano Scirea, Paolo Maldini, Franco Baresi e Roberto Baggio. Meazza foi o primeiro futbolista Italiano en ser coñecido internacionalmente.
A San Siro, o principal estadio de Milán chámaselle oficialmente Stadio Giuseppe Meazza na súa honra.
Inter de Milan
Gañou 3 títulos nacionais co Inter de Milán en 1930, 1938 e 1940, a Copa de Italia en 1939; e foi o máximo artilleiro da Serie A en 1930, 1936 e 1938. Tempo despois tamén xogou no A.C. Milan, Juventus e Atalanta Bergamo.
Selección Italiana
Meazza foi campión do mundo en 1934 e 1938 coa selección italiana.
Records
Serie A record
Tempada | Clube | Xogados | Goles |
---|---|---|---|
1927-28 | Inter | 33 | 11 |
1928-29 | Inter | 29 | 38 |
1929-30 | Inter | 33 | 31 |
1930-31 | Inter | 34 | 24 |
1931-32 | Inter | 28 | 21 |
1932-33 | Inter | 32 | 20 |
1933-34 | Inter | 32 | 21 |
1934-35 | Inter | 30 | 19 |
1935-36 | Inter | 29 | 24 |
1936-37 | Inter | 26 | 11 |
1937-38 | Inter | 26 | 20 |
1938-39 | Inter | 16 | 4 |
1939-40 | Inter | 0 | 0 |
1940-41 | Milan | 14 | 6 |
1941-42 | Milan | 23 | 3 |
1942-43 | Juventus | 27 | 10 |
1945-46 | Atalanta | 14 | 2 |
1946-47 | Inter | 17 | 2 |
Total Serie A | 367 | 216 |
Meazza segue a ser o terceiro máximo goleador da Serie A de tódolos tempos.
National team record
Con 33 goles é o segundo máximo goleador da selección italiana, detras de Luigi Riva.