Guadalupe, Cáceres
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
Provincia | Provincia de Cáceres | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.787 (2023) (26,2 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 68,2 km² | ||||
Altitude | 640 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Rodríguez Muñiz (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 10140 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 10087 | ||||
Sitio web | puebladeguadalupe.net | ||||
Guadalupe é un concello español da provincia de Cáceres, en Estremadura. Pertence á comarca de Las Villuercas e en 2014 tiña 2021 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo a tradición un pastor encontrou unha talla da virxe María no río Guadalupe a finais do século XIII ou principios do XIV. Preto do lugar onde se encontrou a imaxe construíuse unha ermida arredor da cal xurdiu o asentamento actual co nome de Puebla de Santa María de Guadalupe. Dende a construción do primeiro santuario Guadalupe converteuse no centro de peregrinación máis importante da Península Ibérica despois de Santiago de Compostela, condición que mantén na actualidade[Cómpre referencia] a través da peregrinación que chega de toda España polos camiños de Guadalupe. Isto débese ao feito de que se Santiago é o patrón de España, a virxe de Guadalupe é a patroa de todas as terras de fala hispana e ostenta o título de raíña das Españas segundo a tradición católica. O actual real mosteiro de Santa María de Guadalupe considérase como un dos maiores símbolos de Estremadura e a Virxe de Guadalupe é tamén patroa desta rexión. O municipio conta con gran cantidade de monumentos ademais do mosteiro.