Julio Maldonado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1967 (57 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - xornalismo |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Período de actividade | 1990 - |
Pseudónimo literario | Maldini |
Familia | |
Cónxuxe | Maite Zúñiga |
Parentes | Dani Carvajal, curmán segundo |
Julio Maldonado, popularmente coñecido como Maldini, nado en Madrid en 1967, é un xornalista español especializado en fútbol internacional que traballa para os medios do Grupo PRISA. Está casado coa atleta Maite Zúñiga, e ambos os dous residen en Madrid.
Traxectoria
Cursou estudos de Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Empezou en Canal + xa desde a súa creación en 1989, e comezou a colaborar na Cadena SER en 1995.
É Redactor de Sogecable, onde dirixe a área de fútbol internacional. Realiza retransmisións de partidos das ligas inglesa e italiana nas canles de deportes de Canal +, ademais de colaborar co diario deportivo As e Carrusel Deportivo na Cadena SER, entre outros espazos de Prisa. Así mesmo presenta o programa Fiebre Maldini os luns ás 20:00 en Canal +, e realiza prognósticos deportivos para a web especializada Soloapuestas.
O seu labor é tal que, en opinión de moitos afeccionados, é o maior experto en fútbol internacional dos medios de comunicación españois e aínda europeos. A súa rutina diaria inclúe o visionado de varios partidos de fútbol de todo o mundo, cuxas emisións recibe a través das antenas instaladas no seu domicilio. Afirma ser dos primeiros en ver a moitas das estrelas estranxeiras de hoxe en día, e ata debido a isto, equipos españois ou ata o Ajax de Amsterdam contaron cos seus servizos[Cómpre referencia]. En maio do 2006 publicou un libro titulado De la naranja mecánica a la mano de Dios, que tivo un grande éxito de vendas[Cómpre referencia].
Véxase tamén
Bibliografía
- De la naranja mecánica a la mano de Dios. Julio Maldonado, 2006. ISBN 84-08-06708-7