Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Julio Maldonado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulio Maldonado
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - xornalismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor en Wikidata -
Pseudónimo literarioMaldini Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaite Zúñiga Editar o valor en Wikidata
ParentesDani Carvajal, curmán segundo Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm11382842 Twitter: MundoMaldini BNE: XX1768142 Editar o valor en Wikidata

Julio Maldonado, popularmente coñecido como Maldini, nado en Madrid en 1967, é un xornalista español especializado en fútbol internacional que traballa para os medios do Grupo PRISA. Está casado coa atleta Maite Zúñiga, e ambos os dous residen en Madrid.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Empezou en Canal + xa desde a súa creación en 1989, e comezou a colaborar na Cadena SER en 1995.

É Redactor de Sogecable, onde dirixe a área de fútbol internacional. Realiza retransmisións de partidos das ligas inglesa e italiana nas canles de deportes de Canal +, ademais de colaborar co diario deportivo As e Carrusel Deportivo na Cadena SER, entre outros espazos de Prisa. Así mesmo presenta o programa Fiebre Maldini os luns ás 20:00 en Canal +, e realiza prognósticos deportivos para a web especializada Soloapuestas.

O seu labor é tal que, en opinión de moitos afeccionados, é o maior experto en fútbol internacional dos medios de comunicación españois e aínda europeos. A súa rutina diaria inclúe o visionado de varios partidos de fútbol de todo o mundo, cuxas emisións recibe a través das antenas instaladas no seu domicilio. Afirma ser dos primeiros en ver a moitas das estrelas estranxeiras de hoxe en día, e ata debido a isto, equipos españois ou ata o Ajax de Amsterdam contaron cos seus servizos[Cómpre referencia]. En maio do 2006 publicou un libro titulado De la naranja mecánica a la mano de Dios, que tivo un grande éxito de vendas[Cómpre referencia].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]