Just Dance
"Just Dance" (en galego, "Só baila") é unha canción interpretada pola cantante estadounidense Lady Gaga, escrita por Gaga, Akon e producida por Nadir Khayat e incluída no seu álbum de estudio debut, The Fame.
Durante o mes de abril de 2008, "Just Dance" foi lanzada polo selo Interscope como o sinxelo debut de Gaga a nivel internacional.
A letra de "Just Dance" está centrada nunha temática festeira. A estrutura musical da canción, está creada en base a sintetizadores e ten influencias R&B. "Just Dance" contou cun recibimento positivo por parte dos críticos. Gaga cantou a canción en diversos países, como os Estados Unidos, o Canadá e o Reino Unido principalmente. Tamén promocionou a canción nas súas xiras internacionais, The Fame Ball Tour e The Monster Ball Tour.
O seu vídeo musical foi dirixido por Melina Matsoukas, e ao igual cá canción, baséase nunha temática festeira. A súa liña de historia mostra a Gaga con outras persoas nunha casa, bailando e cantando ao ritmo da canción.
O sinxelo tivo un grande éxito. Chegou ao Nº 1 en países como os Estados Unidos, Australia, o Canadá, Irlanda, os Países Baixos e o Reino Unido. Nos Estados Unidos, "Just Dance" foi un grande éxito, e o sinxelo tardou case cinco meses na lista Billboard Hot 100 antes de chegar ao cumio da táboa, en xaneiro de 2009.
Gaga recibiu un nomeamento aos Grammy no 2009 como Mellor Gravación Dance do Ano, pero perdeu ante Harder, Better, Faster, Stronger do dúo francés Daft Punk.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lil Wayne, Coldplay Lead Grammy Nominations Arquivado 08 de marzo de 2009 en Wayback Machine., 21-05-10. Harris, Chris. MTV, MTV Networks.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lady Gaga : Letra de Just Dance Interscope Records
- Lady Gaga : Vídeo de Just Dance Interscope Records