Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Mallorca

Modelo:Xeografía políticaMallorca
Imaxe

HimnoLa Balanguera Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°37′00″N 2°59′00″L / 39.616666666667, 2.9833333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Baleares Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación914.564 (2022) Editar o valor en Wikidata (252,64 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
DioceseRoman Catholic Diocese of Majorca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie3.620 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPuig Major (1.436 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
sen valor Editar o valor en Wikidata
Santo padrónInmaculada Concepción e Afonso Rodrigues (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoConsello Insular de Mallorca (Escano: 33) Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES532 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconselldemallorca.cat Editar o valor en Wikidata
BNE: XX126086

Mallorca (do latín medieval Maiorica, 'a maior'; en latín clásico insula maior, 'illa maior') é unha illa española, a maior das Illas Baleares, situada no mar Mediterráneo. Do mesmo xeito que Menorca e Eivissa, Mallorca é un destino turístico importante. Ten 3.625'75 km² e 790.763 habitantes (2006) (densidade: 218,09 hab./km²).

A capital da illa, e tamén da comunidade autónoma das Illas Baleares, é Palma, tamén coñecida como Ciutat ('Cidade') polos habitantes da "part forana", a parte da illa que non é a capital. O arquipélago de Cabrera pertence administrativamente ao municipio de Palma.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Campos de Mallorca.

A xeografía física de Mallorca vén configurada pola Serra de Tramuntana que, ao noroeste da illa, dá lugar a impresionantes cantís que contrastan coas praias do resto do seu litoral. Destacan Puig Major (1445 m), Massanella (1364 m), Puig Tomir (1102 m), Puig de l'Ofre (1090 m) e Puig de Galatzó (1027 m). Ao leste atópase a Serra de Llevant, con alturas máis modestas, como Puig de Morell (562 m), Bec de Ferrutx (519 m) e Puig de Sant Salvador (510 m). Fóra das dúas serras indicadas cabe destacar Puig de Randa (543 m) e Puig de Galdent (420 m).

O "Pla" é a fértil chaira central. Ao oeste da chaira central e no centro da baía de Palma, entre Calvià e Llucmajor está situada a capital, Palma. Na zona de Llucmajor, está o Macizo de Randa.

O clima mallorquino é tipicamente mediterráneo, con temperaturas moi altas no verán (superiores aos 30 °C) e moderadamente baixas no inverno (raramente inferiores aos 5 °C). As nevadas son habituais no inverno nas cimas máis altas da Serra de Tramuntana pero excepcionais no chairo e a capital. Ao tratarse dunha illa, o nivel de humidade é moi alto.

Talaiot de Mallorca.

Cara ao 1300 a.C. Mallorca vive cambios cruciais que dan como resultado o xurdimento da cultura talaiótica, unha cultura guerreira que perduraría máis aló de que Quinto Cecilio Metelo (que recibiría máis tarde o sobrenome de Balearicus), conquistase a illa para a república romana no ano 123 a.C..

No ano 425 de nosa era a illa viviu a invasión e o saqueo dos vándalos, pobo xermánico que se asentou na illa ata o ano 534, cando o xeneral bizantino Belisario ordenou conquistar o arquipélago balear.

No 707 tivo lugar o primeiro desembarco musulmán do que se ten constancia. Seguiron dous séculos de decadencia permanente ata que a partir do ano 903 Mallorca quedou en poder da dinastía musulmá dos Omeias. O castelo de Alaró foi, segundo contan as crónicas, o último refuxio da resistencia cristiá. O que veu a continuación foi unha etapa florecente, que tivo a Madina Mayurqa, a Palma actual, como lugar de grande irradiación cultural.

En 1115 unha escuadra pisano-catalá ataca a illa nunha expedición de castigo en represalia polas actividades piratas que se realizaban desde a illa. Saqueada e destruída por primeira vez Medina Mayurqa, e en ausencia de Ramón Berenguer III, a escuadra pisana fuxiu á vista da escuadra almorábide enviada desde África. A illa queda en mans dunha familia almorábide, os Banu Ganiya, que fomentaron a pirataría contra as naves cristiás. Posteriormente, en 1203, os almohades apoderáronse de Mallorca. En 1208, os almohades designan gobernador a Abú Yahya, o cal forma un principado semiindependente, con apenas unha submisión formal ao emir almohade.

A illa foi conquistada definitivamente para os cristiáns por Xaime I o Conquistador o cal conquista Mallorca en 1229. Tras derrotar definitivamente a Abú Yahya na batalla de Portopi (1229) e tomar e pasar a coitelo Medina Mayurka (1230), a resistencia cesa en 1231. Os poboadores musulmáns foxen a África ou son escravizados, en tanto que a illa é repoboada con cataláns do Rosellón.

No seu testamento, Xaime crea o reino de Mallorca, vasalo do rei de Aragón comprendendo non só Mallorca, senón o resto de Illas Baleares Menorca (aínda baixo o poder dun soberano musulmán aínda que tributaria desde 1231), Eivissa e Formentera, os condados do Rosellón e a Cerdaña e os territorios que o Conquistador conservaba en Occitania (o señorío de Montpellier, o vizcondado de Carlades e a baronía de Omelas). Á súa morte (1276), o seu fillo Xaime toma o nome de Xaime II de Mallorca e asume o trono tras a xura da denominada Carta das Franquías. A independencia do reino non foi moi longa. En 1349 foi reincorporado á Coroa de Aragón. A morte do rei Xaime III de Mallorca na batalla de Llucmajor foi o final do Reino de Mallorca. Aínda que ata a súa morte en 1404 a súa filla Isabel, establecida no castelo de Gallargues próximo de Montpellier, que lle foi concedido polo rei de Francia Carlos VI, proclamábase Raíña de Mallorca.

En tempos de Carlos I, en 1521, produciuse unha sublevación similar á das xermanías do reino de Valencia (insurrección dos forans), chegando os sublevados a cercar a localidade de Alcúdia, onde se refuxiou a nobreza da illa. Ao longo do século XV, a illa, como o resto das Baleares e do Levante español, sufriu os ataques e devastacións dos piratas turcos e berberiscos. Durante a Guerra de Sucesión española, a illa decantouse polo Arquiduque Carlos de Austria, en contra de Filipe de Anjou.

Baía da costa de Mallorca.
Localización de Mallorca nas Illas Baleares.
Nova Santa Ponça.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A illa ten unha poboación censada de 790.763 habitantes (2006), da cal algo menos da metade vive na súa capital, Palma (375.048). Os municipios que a seguen en poboación son Calvià (45.824), Manacor (37.165), Inca (27.301), Llucmajor (31.381), Marratxí (29.742), Felanitx (16.948), Pollença (16.398) e Alcúdia (16.176). A área metropolitana, que se estende polos 4 municipios (Palma, Calvià, Marratxí e Llucmajor) situados na baía de Palma, ten máis de 500.000 habitantes. Pola contra, o municipio menos poboado é o de Escorca (307) situado na Serra de Tramuntana.

A illa recibe anualmente, grazas ao turismo como principal actividade da illa, uns 12 millóns de visitantes, polo que no verán, a poboación destas cidades multiplícase. Salienta igualmente un elevadísimo número de estranxeiros residentes.

Administración e política

[editar | editar a fonte]
Mapa dos municipios de Mallorca

Mallorca ten como máxima institución política o Consell Insular de Mallorca. Este consell encárgase das políticas que afectan ao conxunto da illa. A sede do Govern de les Illes Balears, máxima institución das Illas Baleares, atópase en Palma.

As comarcas de Mallorca non teñen recoñecemento administrativo, pero existe un consenso entre os xeógrafos sobre elas. Son seis:

Economía

[editar | editar a fonte]

Os dous principais motores da economía son o turismo e a construción, tendo relegado a un segundo plano á industria (pel, calzado, mobles, cerámica, perlas, xoiaría, bixutería) e ao sector primario (agricultura, gandaría, pesca, minaría), aínda que as administracións locais esfórzanse ultimamente por diversificar a economía mallorquina potenciando outros sectores. Neste sentido as industrias mallorquinas de hostalaría atópanse entre as primeiras de España e, mesmo, do mundo enteiro.

Os viños mallorquinos están tendo boa acollida noutras partes de España e Europa nos últimos anos.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]
Cabo do Piñeiral

O principal medio para chegar a Mallorca é o avión. Desde o Aeroporto de Son Sant Joan hai voos regulares coas capitais das outras illas (Maó e Eivissa), algunhas cidades peninsulares (Barcelona, Valencia, Madrid, Alacant, Bilbao etc) e con moitas cidades europeas, principalmente do Reino Unido e Alemaña. De feito, este aeroporto é o que ten un maior número de pasaxeiros ao ano de toda España despois do de Madrid-Barajas. Debido ao turismo, é fácil atopar voos directos máis económicos coas principais cidades alemás ou británicas que coas peninsulares.

Ademais do aeroporto internacional, tamén está o pequeno Aeroporto de Son Bonet utilizado para avionetas, pequenos avións particulares e helicópteros. Este aeroporto é a base dos medios aéreos contra-incendios (avións e helicópteros) da illa.

Ademais do avión, tamén é posible viaxar en barco a Valencia ou Dénia desde o Porto marítimo de Palma e a Barcelona, desde o porto de Palma e o de Alcúdia, así como á cidade francesa de Sête, unha vez por semana desde o porto de Sóller. O barco é unha forma económica de viaxar a Mallorca que ademais permite a viaxe con automóbil. Barco e avión son os medios de interconexión entre as illas.

Segundo o Estatuto de Autonomía das Illas Baleares, as dúas linguas oficiais da comunidade autónoma e, polo tanto, da illa de Mallorca son o castelán e o catalán. En Mallorca fálase a modalidade dialéctica do catalán denominada mallorquino, cuxos aspectos máis destacados son o uso da vogal neutra "e" e o artigo salgado.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]
Pa amb oli

Entre os pratos típicos de Mallorca atópanse a ensaimada e diferentes tipos de embutido. O máis coñecido é a sobrasada e outros como os botifarrones, o camaiot, a botifarra, os blanquets etc. Tamén son importantes o Frit mallorqui, as sopas mallorquinas, e diversas formas de preparar o arroz. Son características de Valldemosa as cocas de pataca, de Manacor os sospiros e as espinagadas en Sa Pobla e o pa amb oli.

A ensalada típica, consumida preferentemente no verán é o trampó, que consta de tomate, cebola e pemento verde. As versións máis modernas inclúen o atún.

Na época de Semana Santa é esencial as empanadas, recheas de carne de cordeiro e de cordeiro e ervellas, aínda que tamén se poden facer de peixe. As empanadas poden ser de pasta doce ou salgada, aínda que son máis habituais as de pasta salgada.

tamén son típicos de devandita época os doces denominados crespells e os robiols, recheos tradicionalmente de requeixo ou de cabelo de anxo, aínda que tamén de marmelada.

Tamén é moi habitual a denominada coca de verdura, de trampó ou de pementos vermellos asados. Son típicos os cocarolls. que son unha especie de empanada, de forma triangular rechea de verduras e pasas.

Festividades

[editar | editar a fonte]

O 20 de xaneiro festéxase en Palma ao seu patrón San Sebastián, aínda que sobre todo o seu "revetlla" ou velada, o día antes, pero na maioría de vilas da illa, a festa máis celebrada é Sant Antoni Abat (17 de xaneiro) e a véspera Sant Antoni (16 de xaneiro) festexada en multitude de vilas (Artà, Manacor,...) pero por excelencia en Sa Pobla, onde levan celebrándoa desde o século XIII, ano tras ano, sendo unha das festas máis importantes en toda a illa. Outra das festas multitudinarias na illa é o "Dijous Bo" en Inca, onde se celebra unha feira con todo tipo de produtos mallorquinos, e que é festivo nalgunhas vilas do centro da illa (el Raiguer). E memorando a loita contra os musulmáns existen varios lugares onde hai tradición en escenificación das batallas entre cristiáns e os musulmáns, os lugares onde se vive con máis paixón -chamada "Mouros e Cristiáns"- son Pollença, celebrada o día de "a Patroa" (2 de agosto), e Sóller, o luns seguinte ao segundo domingo de maio.

A festa máis antiga que se celebra en Mallorca (e unha das máis antigas de Europa, posto que vén desenvolvéndose ininterrompidamente desde o ano 1229) é a que cada 31 de decembro conmemora a conquista da Coroa de Aragón da Capital polas tropas do rei Jaume I.

O primeiro sábado de agosto de cada ano celébrase a Marcha des Güell a Lluc a peu que sobe desde Palma ata o Santuario de Lluc (Escorca) camiñando.

Tamén se celebra a, Diada de Mallorca, o 12 de setembro festa recentemente instaurada polo Consell de Mallorca, na que se conmemora o xuramento feito polo Rei de Mallorca Jaume II o ano 1276 da "Carta de franqueses i privilegis do Regne de Mallorca". Tamén este día, pero de 1229, segundo a tradición, as tropas catalás mandadas por Jaume I, desembarcaban en Santa Ponça e iniciaban a Conquista de Mallorca. De todos os xeitos, é unha festa institucional con escasa repercusión popular

En canto ás festividades locais, destaca o patrón da capital Palma (San Sebastián, 20 de xaneiro) en cuxa véspera acender fogueiras polas rúas da cidade e practícanse as "torradas" dos embutidos locais: sobrasada, butifarrón etc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]