Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

María Madalena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Madalena

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) מרים המגדלית
(el) Μαρία ἡ Μαγδαληνή Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Magdala (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morteséculo I Editar o valor en Wikidata
Éfeso, Turquía Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncaregiver (en) Traducir, teólogo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: década de 30 Editar o valor en Wikidata)
ProfesoresXesús de Nazaret Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa22 de xullo
22 de xullo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX879614
María Magdalena de Perugino, c. 1500.

María Madalena[1][2] (ás veces escrito María Magdalena[2][3] e mesmo María Madanela[1]) foi segundo os evanxeos sinópticos, o Evanxeo de Xoán e varios evanxeos apócrifos, entre eles un que leva o seu nome, unha seguidora de Xesús.

Discípula

[editar | editar a fonte]

As fontes afirman que Xesús de Nazaret expulsara dela sete demos (Mc 16,9). Tras a curación, foi unha das discípulas itinerantes que seguiron a Xesús por Galilea e Xudea, na súa predicación da boa nova (evangelion) da chegada do Reino de Deus. De feito, está en todas as relacións de mulleres seguidoras de Xesús. Isto ten chamado a atención dos esexetas e historiadores, que salientan a singularidade para a época dun grupo de mulleres que seguían a un rabí itinerante. Aparece tamén no momento da crucifixión, ao pé da cruz, cando Xesús foi abandonado por todos.

Chama a atención o seu papel destacado na descuberta do sepulcro baleiro e na primeira aparición de Xesús resucitado, dado o nulo valor do testemuño dunha muller na sociedade daquel tempo. De feito os discípulos tomárono inicialmente como un delirio (Lc 24, 11). Isto foi utilizado nos primeiros séculos do cristianismo polos detractores da fe na resurrección. O filósofo platónico Celso (século II) no seu discurso verdadeiro contra os cristiáns descualifica unha fe que se basea no testemuño dunha muller histérica.

Todos estes factores fan que os especialistas entendan que é unha das figuras da primeira tradición cristiá cuxa historicidade semella mellor acreditada (criterio de dificultade e criterio de testemuño múltiple).

Identificación

[editar | editar a fonte]

Non está nada claro que sexa a prostituta dos evanxeos sinópticos que unxe a Xesús ante o escándalo dos fariseos, aínda que o sentir popular así a identificou. Existe tamén unha identificación non probada coa muller adúltera do Evanxeo de Xoán á que Xesús salva de morrer lapidada polos seus acusadores. Non falta quen defenda a plausibilidade destas teses debido á procedencia: Magdala, un lugar próximo ao lago de Xenesaret (Tiberíades) que era unha localidade fabril, destino maioritariamente masculino e, xa que logo, posible foco de prostitución. Ser muller de Magdala non debía ser boa carta de presentación. De feito, unha das acusacións máis frecuentes a Xesús é a súa proximidade aos pecadores públicos (Mt 9,11). Pero isto non deixa de ser unha mera hipótese.

Apócrifos

[editar | editar a fonte]

No evanxeo apócrifo que leva o seu nome aparece discutindo con Pedro. No Evanxeo de Filipe, de contido gnóstico e escrito en lingua copta, dise que Xesús a amaba máis que todos os discípulos e que a miúdo a bicaba na boca, algo que estimulou a fantasía nalgúns autores contemporáneos. Tamén neste evanxeo rivaliza con Pedro.

Consideración

[editar | editar a fonte]

As igrexas católica, ortodoxa, e as orientais siriaca, copta, armenia e etíope tivérona sempre en gran consideración. A piedade popular e a tradición eclesiástica considérana apóstolo dos apóstolos (Apostolorum Apostola), por ser a primeira portadora da noticia central da fe cristiá: a resurrección de Xesús.

Na historia da arte aparece como icona da pecadora arrepentida.

  1. 1,0 1,1 Ferro 1992, p. 343-344.
  2. 2,0 2,1 Feixó 2003, p. 369 e 371.
  3. Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos (1ª ed.). Asociación Cultural Fillos de Gallicia. Setembro de 2012. p. 135. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]