Minnesang
O Minnesang é a tradición de poesía lírica e a canción entre o século XII e finais do século XIV. Estes trobadores xermanos do Minnesang eran coñecidos como Minnesänger. Estaban unidos en comunidades ou irmandades.
Historia
[editar | editar a fonte]Estes cantores tiñan moito en común cos trobadours (trobadores) provenzais (do sur de Francia). Como eles, cantaban xeralmente sobre o amor cortés ('da corte', non popular), do que provén o termo do alto alemán minne (“remembranza”, “amor”).
Moitos dos minnesängers máis coñecidos son notables tamén pola súa poesía épica ou narrativa, como Hartmann von Aue (1170 - 1220?) e Wolfram von Eschenbach (1170-1220), que adaptaban novelas cortesás (roman courtois) francesas, particularmente novelas artúricas de Chrétien de Troyes, o primeiro deles confesando a súa procedencia (Erek, Iwein) e puíndo e ornamentando a narración en forma e contido, o segundo plaxiando sen contemplacións (Perceval). Outras importantes figuras son Godofredo de Estrasburgo, Strassburg ou Straßburg, recopilador das lendas bretoas (e posiblemente provenzais) sobre Tristán na súa Tristán e Iseo, e Walther von der Vogelweide (1170-1228), o poeta máis persoal e orixinal daquela época.
A canción cortesá
[editar | editar a fonte]Moitas melodías da minnelied ('canción cortesá') sobreviviron até a actualidade, aínda que os manuscritos máis antigos son do século XV, o que pode facer que as cancións fosen copiadas de maneira diferente a como eran os seus orixinais. Ademais é difícil descifrar a notación musical que se utilizaba nesa época. Aínda que o contorno da melodía é fácil de interpretar, o ritmo da canción frecuentemente é imposible de adiviñar.
No século XV o minnesang ('canto cortesán') desenvolveuse e formou a tradición dos "Mestres cantores" (meistersinger), cuxa orixe social era burguesa (comerciante) a diferenza dos minnesänger que proviñan da clase aristocrática.
Escribíronse polo menos dúas óperas acerca da tradición minnesänger: Tannhäuser (de Richard Wagner) e Guntram (de Richard Strauss).
Exemplo de Minnelied
[editar | editar a fonte]O seguinte poema de amor, de autor anónimo, escrito no alto alemán medio, atopouse nun códice latino do século XII no mosteiro de Tegernsee.
Orixinal | Alemán moderno | Galego |
---|---|---|
Du bist min ich bin din. |
Du bist mein! Ich bin dein. |
Ti es meu, eu son teu. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Minnesang |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Minnesänger" Enciclopedia Encarta Online. 2008. Microsoft (en castelán).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El Minnesang en la génesis de la lírica occidental, por Héctor A. Piccoli (en castelán).